12 de set. de 2015

Book Tag #5: Personalidades.



1. O falador: libro do que todo o mundo fala.




Ese libro é Un final para Rachel ou Me and Earl and the dying Rachel (o título orixinal) que está por todas partes ultimamente e que tiña moitísimas moitísimas ganas de ler, pois, aínda que houbo xente que o odiou, tamén atopei lectores aos que lles encantou por ser diferente e eu son unha persoa que soe adorar as novelas distintas e especiais (como seguro que xa notariades se me seguides) ademais de ter un argumento que me recorda un pouco aos libros de John Green, os meus favoritos, e ser da editorial Nube de Tinta, cuxas novelas soen encantarme. Por sorte, non tiven que esprerar moito para lelo, pois fixen un pedido a Amazon con esta e outras dúas novelas máis en versión orixinal (en inglés) e xa estou mans á obra coa súa lectura, polo que poderedes ver a miña opinión de todas estas novelas proximamente nas súas respectivas reseñas.


2. O tímido: Un libro que non coñece casi ninguén.






Sin memoria de Teri Terry (reseña aquí!!!) é o primeiro libro da triloxía Reiniciados, a cal non é para nada coñecida polos bloggers de literatura, nin sequera os de literatura xuvenil, algo que me da moita pena, pois, polo menos a primeira parte, encantoume e sorprendeume un montón positivamente, sendo unha das miñas triloxías distópicas preferidas (para ver que outras distopías están la lista das miñas favoritas fai clic aquí). Tampouco axuda á súa popularidade o feito de que haxa outra triloxía distópica co mesmo nome, aínda que cunha autora e temática totalmente diferentes.


3. O que che cae mal: Un libro que non che gustou nada.





Mystic City, El último corazón é a segunda parte da triloxía distópica do mesmo nome, cuxo primeiro libro me apasionou e encantou, como podes ler na súa reseña, mentres que esta segunda novela me horrorizou e decepcionou tanto que non teño palabras para describilo, aínda que si que o expliquei na súa reseña, clicando aquí.  En resume, este é un dos libros que menos me gustou e máis odiei da miña vida.



4. O que che cae ben: Un libro que che encanta.




Como xa dixen en moitas ocasións, Las ventajas de ser un marginado é unha das miñas novelas preferidas, que xa me encantou cando o lera, en Xuño, incrementándose aínda máis este sentimento tras ver a súa adaptación cinematográfica (clica aquí para ler sobre esta película e aquí para ler a reseña da novela). Considero este libro moi moi especial e realmente marabilloso.




5. O serio: Un libro moi aburrido.




Crime en Compostela (reseña) de Carlos G Reigosa é un libro galego de misterio e intriga sobre o que tiña bastantes expectativas que, para nada, se cumpliron, xa que me pareceu non só aburrido, senón que directamente soporífero. Aínda que o misterio está ben e creo recordar que contaba con bastante intriga que incluso aumentaba na segunda metade da novela, o autor esplallábase con datos (sobre todo históricos) sobre a cidade de Santiago e outros temas que non tiñan nada que ver co argumento e facían o ritmo lento e pesado.


6. O divertido: Un libro que che fixo rir moito.




Dudei moito entre elixir Ciudades de Papel ou El teorema Katherine de John Green, porque en ambos podemos atopar un personaxe moi simpático e gracioso, que sempre está bromeando, no caso do último é Hassan, pero, ademais, en El teorema de Katherine hai outros sucesos que fan asomar un sorriso de vez en cando e, ademais, o ton da novela en xeral e moi optmista e positivo. 


7. O mellor amigo: Un libro que estará sempre ao teu lado.




Non entendo moi ben esta pregunta, pero se se refire a un libro que me gustou moito e que sempre recordarei e terei cerca, teño varios candidatos, pero creo que un dos máis adecuados para esta pregunta é Las hermanas Penderwich. Este foi un libro que lin con uns 10 anos, creo recorda, e gustoume moitísimo, encantoume, polo que o lin varias veces. Conta como catro irmáns de diferentes idades (entre os 4 e os 14, proximadamente) van pasar un verán con seu pai a unha enorme casa nun lugar precioso, rodeado de xardíns, no que vivirán aventuras marabillosas. Unha das cousas boas desta novela, é que, ao ir reléndoo ao longo dos anos, funme identificando con cada unha das irmás, ao ir medrando e aproximándome as súas idades. É un libro marabilloso que ten un significado moi especial para min.



8. O intelixente: Libro que ensina algo.




Dudei moitísimo nesta pregunta, pois tiña varias opcións, pero decanteime por El capitán Alatriste,  (reseña) primeira novela dunha serie do mesmo nome, pois creo que ensina moito a nivel histórico e, sobre todo, literario, pois trata bastante o tema dos escritores e obras do Barroco da literatura española e a representación teatrais do momento, ademais de aparecer na historia tanto Quevedo como Lope de Vega como personaxes. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...