15 de set. de 2015

Reseña: Información clasificada (Mazze Runner)





IMPORTANTE! Non leas esta reseña se non leches a triloxía El corredor del laberinto con anterioridade e pretendes facelo.

Cando xa pensaba que terminara por completo a triloxía de El corredor del laberinto (reseña da triloxía aquí!!!) e que xa non se ían sacar máis precuelas (para ver a miña opinión sobre a precuela El Destello clica aquí!!!), aparece Información Clasificada (ou Expedientes Secretos, que creo que é a edición latinoamericana) e debo ler outra precuela ou libro explicativo complementario, non sei moi ben como clasificalo. 

En calquera caso, tiña ganas de lelo, sobre todo por que se trata dun libriño moi moi curto, 80 páxinas ao sumo, que ademais está formado por emails e expedientes que se mandan uns a outros os empregados e científicos de CRUEL. Ademais, conta con bastantes ilustracións de persoas que sufrían o Destello e céntrase un pouco máis na razón pola que esta apareceu e foi creada.

O libro prometía respostas a todas as preguntas que El Destello non soubera contestar (que no meu caso non foran moitas, a verdade) pero isto foi algo que non soubo cumprir. Eu terminei esta lectura en menos de dúas horas, sen notar ningún cambio: salín sabendo exactamente o mesmo que xa se me contara nos outros libros con anterioridade, nen sequera aprendera ou descubrira un pequeno detalle, non, NADA. Simplemente se che contan as mesmas experiencias e sucesos que xa coñecías en forma de correo electrónico, sen ningún tipo de aclaración. 

Quizais o único que "descubrín" (entre comillas porque en verdade xa case o sabía por completo, pero bueno...) foi a razón pola que se lles imprantou a Teresa e Thomas a capacidade de comunicarse telepáticamente, pero nin eso cho terminan de contar, só pasan un pouco polo tema por encima.

En conclusión:  Fatal, horrible e innecesario. Nin sequera o recomendo para persoas con morriña da triloxía nin entre lecturas. Mal e nada recomendado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...