18/07/2017

Reseña: A tres metros sobre el cielo (Federico Moccia)


"Cando deixes de ter medo, comezarás a disfrutar"
 Coñecín a historia da triloxía A Tres Metros Sobre el Cielo do italiano Federico Moccia uns anos atrás, cando visualicei a película española (protagonizada por Mario Casas e María Valverde) basada na
primeira das novelas da saga. O certo é que non me gustou en exceso, pois identifiquei numerosas actitudes machistas tomadas por normais, actos violentos que se xustificaban e traumas infantiles que explicaban actitudes futuras na relación de amor principal da obra. Pero, a pesar de todo isto, non odiei a película, non reneguei dela para sempre nin deixei de ver a súa continuación, pois esta, ao igual que puiden comprobar de novo coa lectura da súa novela, ten un ritmo, uns escenarios, unha esencia cálida da Italia mediterránea, unhas esceas que representan a liberdade e a xuventude... un nonseiqué, que che atrapa e che agrada, a pesar de que odies a trama, a relación ou ao personaxe masculino principal, así como os clichés da novela, como é o meu caso. Por suposto, as actitudes machistas seguen ahí, e dende logo hai que saber identificalas, rexeitalas e fuxir delas na vida real, non poden xustificarse nin normalizalas, pero igualmente disfrutei en alto grado a lectura de "A tres metros sobre el cielo" e considero que é unha lectura agradable e entretida para o verán e cuxa segunda e terceira parte lerei pronto.

De novo repito, non é a novela do século, non é o novo Quixote, pero tampouco pretende selo. Trátase dunha novela modesta, divertida, lixeira, que engancha e conmove. Colléselle enseguida un cariño e unha cercanía aos personaxes que fai da súa lectura unha experiencia moi cómoda, moi cercana e agradable, sobre todo iso: A tres metros sobre el cielo é unha novela moi agradable e cálida. O feito de que os personaxes sexan un grupo reducido pero con protagonismo repartido entre todos eles, que coñezas a cada un de forma individual e sepas o seu desenvolvemento ao longo do tempo, fai que te sumerxas completamente na trama e leas cen páxinas de golpe sen apenas decatarte, devorándoo. Esta é a motivación de iniciar a súa lectura, o que vas a atopar, nin máis nin menos.

Agora ben, tería funcionado moitísimo mellor e tería falado milagres, oupolo menos teríao eloxiado moito máis, de non haber actitudes machistas e/ou retrógradas e clichés a cada rato. Step é un personaxe inestable e demente. Síntoo. Eu non quero, quixen nin quererei un Step na miña vida xamais. Un xoven que resolve todo con violencia, non acepta un non por resposta e ten un grave problema de inseguridade é a un mesmo tempo narcisismo. Non respeta a nada nin a ninguén e detrás das súas actitudes cabalerescas e románticas atópase un machista absoluto que non permite á súa parella resolver os seus problemas por si mesma, trata ao seu sogro e irmán como peleles, ameaza a unha profesora para obter o que desexa de forma violenta poruqe non acepta perder e non ten valores nin límites. Si, ten un trauma infantil, pero iso non lle resta absolutamente nada de culpa ou gravedade as sás actitudes e personalidade, por non dicir, ademais, que o que túa nai teña un amante non é un asunto tan traumático, basándose a súa reacción, de novo, en pilares machistas (se súa nai ten relacións con outro, sen ser o seu marido, está fatal e é unha muller horrible, oh deus, pero de ser o pai como se dá en centos de casos, si está mal pero non causa tanto rexeitamento nin traumas para o resto da vida, en fin).

Babi, pola súa parte, si me gustou. Vale, é tonta e ilusa, pero é verosímile real. Tal e como foi criada, clase alta, todo feito, é normal a súa inocencia no novo mundo de ilegalidade e violencia no que se adentra. Step é o seu mundo, déiaxo avanzar ata límites excesivos, si, pero iso pódenos pasar a todas ou algunhas en calquera momento da nosa vida, porque non é "ser tonta", é ser boa, confiada, inocente, doce. Ademais, debeos destacar que sabe poñer un punto e final. Cando repara no carácter e na violencia de Step, cando sabe que non vai cambiar, que seguirá así, que non está ben, corta a relación de raíz e foxe. Como debe facer. Como todas debemos facer. Por iso puntueia A tres metros sobre el cielo con 3 estrelas sobre 5, porque foi unha novela que me gustou, entretida, alegre e dramática, bonita e, sobre todo, con moralexa. O machismo exite, a violencia tamén, e hai que saber identificalo e paralo como Babi. Sen máis.

En conclusión, unha novela entretida, agradble, veraniega, situada nunha Italia decoñecida para min no ámbito literario. Ten unh parte escura e cuestionable, pero creo que non trata de todo mal o tema, non defende as relacións abusivas e se pode disfrutar igualmente dunha trama emocionante, que atrapa e gusta, bonita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...