22 de xan. de 2015

Reseña: El templete de Nasse House

 Unha vez máis, entráronme ganas de ler unha novela de misterio de Agatha Christie e, tras moito pensar, decidinme por "El templete de Nasse House". Conta, tamén esta vez, a investigación dun asasinato por parte do detective Hercules Poirot pero, nesta ocasión, é un crime moi orixinal, pois ocorre nunha festa na que un dos xogos nos que as persoas podían participar era, precisamente, a investigación dun asasinato, e a asasinada é a muller que facía de morta no xogo.

Lin bastantes libros desta autora, pero este é un dos que máis me gustou, pola orixinalidade da súa trama, ao haber un asasinato nun xogo de misterio e ser precisamente a vítima do xogo quen morre, e polo aparición de turistas durante toda a obra que a fan máis rara e con máis posibilidades á hora de atopar ao culpable. Ademais, na edición que eu lin hai unha lista de personaxes ao principio, que facilita moito a vida, pois Agatha Christie é moi dada a crear innumerables sospeitosos e ao cabo duns capítulos nos que non aparece determinada persoa non recordas cal deles é. En canto ao ritmo da trama, está xenial porque non aburre e intriga polo que non queres parar de ler.

Aínda así, hai unha pega que poño deste libro: o final, aínda que inesperado e bo, coma sempre, é pouco creíble en certo modo e non me acaba de convencer, algo raro nos finais de Agatha Christie. En conclusión, non é das mellores da saga pero tampouco, sen dúbida, das peores.

16 de xan. de 2015

Reseña de El Corredor Del Laberinto: El Destello



Encantoume. El Destello, de James Dashner, é unha precuela da saga El Corredor del Laberinto na que se conta como o mundo acabou sendo tan horrible como o coñecemos na triloxía anterior e como a enfermidade da que trata se extendeu e espandeu polos supervivintes da catástrofe que ocurriu no planeta.
Gustoume moitísimo que os protagonistas da novela non sexan os mesmos da triloxía e que todo vaia paso por paso, de maneira que entendas á perfección como avanza a desgraza polo planeta. Unha grande pega que lle vexo, é o feito de que non hai capítulos neste libro, senón que a historia se conta "dun tirón", sen pausas nin saltos no tempo: por exemplo, en lugar de saltar do fin dun día ao comezo do seguinte, conta o que ocorre mentras durmen, o que soñan... Non é algo que nun principio sexa molesto, pero eu acostumo a parar de ler ao final do capítulo e desta maneira tiña que parar no medio das diferentes tramas, polo que acabou por non gustarme.

En canto ao final, non me gustou demasiado porque non e nada elaborado, é decir, despois de tantas voltas que da a novela, esperaba un final moi pensado e, en cambio, termina de repente, sen máis, e deixoume algo indiferente.

A pesar disto, encatoume a trama porque encaixaba á perfeccion coa triloxía da que é precuela pero sen repetir nada e facerse pesado  e aburrido. As tramas son bastante variadas dentro do libro e entreteñen moito, facendoche pasar un momento formidable.

En conclusión, sen dúbida o lería si tivera que volver a facelo e recomendo a súa lectura, eso si, sempre despois da triloxía de "El Corredor del Laberinto" porque senón no hai forma de enterarse de nada e ademais estrope as sorpresas desta.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...