23 de xuño de 2016

Reseña: Éramos Mentirosos de E. Lockhart.



“We are liars. We are beautiful and privileged. We are cracked and broken.” 

"Somos mentireiros. Somos fermosos e privilexiados. Estamos agrietados e rotos"




O ano pasado esta novela de E.Lockhart foi número 1 na lista de best-sellers do New York Times e existiu unha campaña de marketing incríble ao redor dela, na que se caracterizaba ao libro de "impresionante", "cheo de segredos e mentiras", "misterioso" e, incluso, "obra mestra da literatura que ía marcar un antes e un despois, atrapando a adultos e xóvenes por igual". Falábase desta novela como unha atrapante historia de segredos e intrigas familiares, cuxa base eran problemas internos provocados pola riqueza e herdanzas dunha familia de clase alta, nunha illa privada na que ocorrera algo, un feito que a protagonista esqueceu e que o lector non sabe ata o final, e que nos deixaría a todos os lectores en shock.
Pero, xa volo digo de entrada, non vos deixedes levar por isto, como eu fixen, porque terminaredes cunha decepción enorme e rirédesvos da campaña de marketing que xira sobre "Éramos Mentirosos", xa que o libro non se parece, nin de lonxe, ao que esta prometía e ao que eu buscaba e desexaba ler.

É como se de "Harry Potter" dicimos que é unha asombrosa historia de amor. NON. Ten (moi poucas) pinceladas amorosas pero non é unha historia que trate principalmente sobre iso. Pois con "Éramos Mentirosos" pasa o mesmo a menor escala: non prometas unha gran historia de intriga con segredos e tramas familiares sorprendentes, se logo vai ser unha novela cunha única trama misteriosa que nin sequera o é tanto, dado que non se presenta dunha forma que impresione e enganche ao lector. Ademais, para poder dicir que existen misterioS e segredoS, debería haber máis de un, por iso de que falamos en plural, pero só existe unha unica liña argumental sen xiros, descubrimentos nin tramas que se enredan e desenredan, só un misterio que se resolve ao final dunha maneira que non logrou convencerme nin estaba á altura do prometido. A novela empeza ben, pero cando te decatas, xa a remataches, como se nunca acabase a introdución, pois non hai desenvolvemento do argumento e cando se presenta o desenlace todo se resolve de maneira precipitada...

En teoría, a protagonista deste libro sabe o mesmo que nós ao comezo dela, pois, tras o "accidente", sofre amnesia selectiva, e isto, xunto coas dúbidas e estraños recordos soltos que vai recuperando, debería lograr que nos puxéramos nerviosos, que quixésemos saber que foi iso tan horrible que pasou, pero xúrovos que nunca antes sentira unha indiferencia tan grande cara un misterio e trama principal dunha novela. Eu non odiei esta lectura, resultoume entretida e, como digo, unha máis do montón, sen nada a destacar, e se isto foi así, se non cheguei a rexeitala por completo, foi grazas, unicamente, á maneira de escribir da autora e a forma de vida, a rutina veraniega, dos xóvenes primos protagonista, que, simplemente pola súa orixinalidade, polo diferentes a todo o que vira antes, me pareceron interesantes e provocaron que quixese seguir lendo, que me fose amena a lectura, pero sen máis.

Outro punto que me puxo MOI NERVIOSA, pero moito, foi a maneira na que a autora parecía tratar da mesma forma aos protagonistas cando tiñan 13, 15 e 17 anos, é dicir, non se notaba no carácter dos rapaces ningún tipo de cambio ao longo dos veráns. Daba igual os anos que pasaran, que seguían a pensar, expresarse e comportarse coma nenos pequenos. De feito, aínda que sei (porque se nos repite) que os catro primos que protagonizan o libro teñen 17 anos na maior parte del (excepto nas analepses e flashbacks), eu era e son incapaz de imaxinalos con esa idade pois eu, cos meus 16 anos, non teño esa mentalidade tan infantil, nin a tiña con 15. Quizais, poidamos asociar os seus carácteres e comportamentos con nenos de 13 ou 14 anos, perouns rapaces caprichosos e consentidos de 13 ou 14 anos. E si, dásenos unha posible explicación (que é un enooooorme spoiler, o único que podería facer pois, como digo, non é que haxa demaisados misterios en "Éramos Mentirosos") que podería xustificar isto, pero eu estou nun 95% convencida que a autora non o fixo de maneira consciente, é dicir, que ela de verdade pensaba que as persoas de 17 anos se comportaban desa maneira e que foi un enorme erro do que non se decatou. Na miña mente, os personaxes desta novela teñen 14 anos, e nin así e xustificable a cantidade de tonterías das que son protagonistas. En fin...

Por último, esta novela é máis un relato ou unha historia corta inacabada, e non só pola curta extensión á que sumamos as moitísimas páxinas en branco da edición do libro (adiós Amazonas), senón polo pouco desenvolvemento de todo: trama, personaxes, misterio, segredos... e, sobre todo, do (co centos de aspas) "magnífico" final que pecha a trama. É un desenlace sacado da manga pola autora, que non ten ningún sentido porque: 

  1. Que se levara a cabo ese acto, é absurdo. Uns rapaces de esa idade por moito alcol que consumiran dudo que fixeran semellante cousa e, ademais, desa forma tan, digamos, desorganizada.
  2. Dásenos unha explicación, en teoría, convincente, para que se fixese ese "acto", a cal entendo e ten certo sentido, pero que non acaba de explicalo. Uns nenos desa idade non chegarían a semellante conclusión e, dubido que quixesen facer "iso" se significaba perder o nivel de vida que levaban ata entón, alto e cheo de comodidades.
  3. Cóstame crer que o "acto" provocase a pérdida de memoria da protagonista.
  4. Ese feito inexplicable e "sobrenatural" ligado ao "acto" non ten ningún tipo de sentido nin pega co tipo de novela. Se fose provocado pola mente da protagonista, unha especie de secuela do "acto" ligada á perda de memoria e problemas mentais, pois aínda, pero presentándosenos ese elemento tan pouquíiiisimo creíble de repente...  
E podería seguir, pero penso que xa entendéchedes o que quería dicir e porque non me agradou o final. Non comprendo porque tanto hype con isto... 

En resume, unha novela entretida pero sen máis, cun 2´5 de 5 en Goodreads e sobra. Unha lectura para facer en duas horiñas como moito, como quen le unha revista na praia, pero sen ansias de ser a lectura da túa vida, aínda que haxa quen a adora... Un libro que esquecerei en pouco tempo.



14 de xuño de 2016

Reseña: El hijo dorado (The Golden Son) de Pierce Brown.


"Que vida tan cruel se a visión da miña esposa morta significa esperanza"


Por fin, despois de moito tempo, traio unha nova reseña ao blog. Estaba desexando con ansias poder volver a facer este tipo de publicación (a miña preferida) pero entre o ocupada que estiven e o tempo que me levou rematar a lectura desta segunda parte da triloxía de Amanecer Rojo de Pierce Brown, non daba abasto. Como sabedes, Amanecer Rojo foi unha das miñas Mellores lecturas do ano 2015, ademais de tratarse dunha das miñas triloxías preferidas (tras dúas novelas lidas das tres que a conforman creo que podo afirmalo con seguridade) polo que desexaba ler a súa continuación, a pesar do meu bloqueo lector (que por desgraza aínda persiste...) e das máis de 550 páxinas que posúe, dúas realidades totalmente incompatibles, por certo. 

Esta segunda parte da triloxía continúa uns anos máis tarde do fin do libro anterior, nun futuro distópico e de ficción, nunha situación moi diferente pero á vez dentro da mesma trama que o primeiro tomo, xa que Darrow continúa na súa persistente tentativa de alcanzar ese obxectivo para os seus iguais vencendo á clase dominante, pero esta vez infiltrado no bando enimigo, baixo as ordes daquel a quen máis odio: Augusto. 

Nesta novela, a trama e sucesos son, si é que isto é posible, incluso máis intrigantes, apasionantes, enrevesados, pragados de acción e trepidantes que na anterior, pois  o protagonista está cada vez máis cerca de vencer aos dourados e lograr acabar co sistema clasista e estamental que existe na sociedade chegando ao máis alto entre os dourados.

En El hijo dorado, o lector non ten un momento de pausa durante a lectura, porque non deixan de sucederse novos descubrementos acerca desa misteriosa organización presidida por Ares, a identidade deste e os cambios que se produciron na franxa temporal entre os libros no grupo rebelde e que farán que a novela non deixe de pegar bruscos xiros e cambios de dirección inesperados en poucas liñas, deixándote coa boca aberta e sen asimilar o lido. Isto non é unha gran novidade, pois xa dicía algo semellante na reseña da primeira parte, pero si se trata dunha característica que multiplica a súa presenza neste segundo libro. 

Relacionado con isto, debo destacar un dos rasgos diferenciadores deste libro con respecto ás demais triloxías distópicas existentes na literatura actual e que, personalmente, me encanta e considero un punto forte: as intrigas políticas, traicións, bandos, cambios de aliados e todo tipo de cuestións relativas ao goberno e sistema político da novela, porque se trata dunha temática que me gusta de por si e que, ademais, Brown sabe presentarnos á perfección (el é un licenciado en Ciencias Políticas que participou nas campañas de diversos líderes estadounidenses, polo que imaxinaredes o ben que plasma todo isto na triloxía).

O outro pilar básico de El hijo dorado (xiros argumentais + intrigas políticas e traicións + guerras e pura acción bélica) é quizais o que menos me agrda e convence nesta triloxía, pois non son unha gran amante das batallas, a verdade, e chega a cansarme a presenza contínua (e sen pausa) de enfrontamentos entre bandos e descripcións minuciosas ds táticas e golpes empregados por cada combatente. Si que penso que son necesarias estas guerras, ovbio, pero non en tanta cantidade, porque agota. Aínda que quizais se trata dunha percepción persoal e, realmente, si que está proporcionado co resto da trama.

Unha vez máis, a crudeza, violencia e realidade sen censura (pero sen resultar excesiva e repugnante) das descripcións e batallas é marabillosa, dando credibilidade aos sucesos e interés á novela, xunto coa liberdade do autor para asasinar ou ferir a personaxes principais que provoca que non poidas encariñarte con ninguén e que abandones a clásica idea de que o protagonista sairá sano e salvo de determinada situación peliaguda polo simple feito de que faltan aínda capítulos para rematar o libro ou partes da saga por publicarse. Sublime.

Os personaxes desta triloxía son terriblemente profundos, nada planos nin perfectos, cos seus defectos e partes escuras, de forma que algúns non acaban de agradarche, non hai malos malísimos ni  bos boísimos e non sabes de quen debes fiarte e de quen desconfiar, o que tamén reforza as intrigas e políticas das que falaba con anterioridade.

E como último punto a tratar, as contínuas referencias á cultura latina que podemos ver durante toda a obra, en forma de citas, nomes, uso do latín, referencias a costumes determinadas... que para unha amante (e coñecedora) da cultura clásica son un deleite e un gran punto a ter en conta.

E canto ao final, coma sempre con este autor, apasionante e intrigante, deixándote con ganas de máis...

El hijo dorado, como o seu predecesor na triloxía, trátse dun libro completo, bo, sen puntos débiles ou falta de algún elemento e con gran calidade literaria. Atrapa pero sen deixar a un lado a boa redacción e pluma do autor, trata temas bélicos e traicións sen perder a coherencia ou saírse da trama principal e ten espazo para a reflexión e sentimentos sen deixar a un lado a acción e os nuerosísimos xiros na trama ou simples sucesos. Un exemplo dunha novela equilibrada e perfecta, sen fallos. Auguro un bo futuro a Pierce Brown como escrtor. Un 5/5 en Goodreads (e ben merecido).

12 de maio de 2016

Reseña: Farenheit 451 de Ray Bradbury


“There must be something in books, something we can’t imagine, to make a woman stay in a burning house; there must be something there. You don’t stay for nothing.” 
"Debe haber algo nos libros, algo que non podemos imaxinra, para facer que unha muller permaneza nunha casa en chamas; debe haber algo ahí. Ti non te quedas por nada"


Non sei si recordaredes que comentei, haberá uns 6 meses, que desexaba ler as tres novelas distópicas clásicas, nais dos actuais libros do xénero, que son Farenheit 451, Un Mundo Feliz e 1984. Este último era o que de verdade me chamaba a atención, pero como tamén era (en apariencia polo menos) o máis complexo, decanteime por Farenheit 451 para comezar con eles.

Tal e como esperaba, pois era perfectamente consciente de que quizais podía ocorrer, esta novela non me gustou en exceso, é dicir, si me pareceu moi ineteresante e moi intelixente con respecto as ideas que se sosteñen e as reflexións do autor por medio do protagonista, pero o que é o libro en si, a narración, historia e trama, non me apasionaron e parecéronme normaliños, mediocres, non porque estiveran mal pensados ou executados senón porque non me sorprenderon en absoluto e non creo que se trate dos aspectos que deban destacarse da novela e polos cales esta é célebre: o importante, o intelixente e o distinto de Farenheit 451 son as ideas e reflexións, a crítica á sociedade e ás novas décadas que estaban por chegar e cuxos cambios se estaban prevendo e que, en moitos casos, efectivamente se cumplen.
A novela conta a historia dunha sociedade futura na que os libros están prohibidos, para evitar que as persoas pensen e razonen e traten de poñer pegas ou dubidar acerca de algo que o Estado e o goberno impoñen ou din. Ademais, as persoas non están interesadas en ler, porque iso é algo lento, que leva tempo, entre os sucesos das súas rápidas e caóticas vidas, nas que o único que se busca é ser feliz, mediante a ignorancia e aceptando todo o que se lle da xa feito. Para evitar a lectura que poida alterar o ambiente e á poboación, créase un grupo de bombeiros que se encargan de prender lume ás casascon libros, os propios libros e, en ocasións, á xente que os posúe.

O certo é que o libro non me acabou de convencer, pareceume un libro de 3 estrelas sobre 5 e sen máis, porque aínda que, como xa digo, está ben pensado e ten unha gran reflexión e razonemento detrás (e isto é indudable) isto non é suficiente para acabar de apasionarme, e fáltame algo de acción, algún suceso, e que se expliquen máis profundamente as cousas que leva a cabo o protagonista, porque, en moitas ocasións, carecen de sentido ou ocorren tan rápido que nin tempo a asimilalo che da. É un libro cortiño, no cal pasan mil cousas sen que queden moi claras as razóns polas cales ocorren, no que o ritmo é demasido rápido pero sen que pase nada en especial e que non engancha.

Todo isto é un pouco contradictorio, pero é a miña opinión: é un libro curto no que ocorren demasiados feitos pero á vez non pasa nada interesante. Non sei, o único que me atrapou foron as reflexións do autor e penso que é, realmente, o único que merece a pena.

De feito, a parte que máis me gustou foi a final, cando aparecen en escena uns homes que non seguen a mesma liña que os vistos ata o momento, e cuxa mensaxe e labor me pareceron esperanzadoras e moi bonitas. O final da novela tamén é bo polos últimos razonamentos que aparecen, que recollen os de toda a novela pero dunha forma máis positiva e buscando mellores posibilidades.

En canto a personaxes, máis que o do protagonista, que é complexo e ben construído, gustoume e convenceume moitísimo máis o seu xefe, quen, a pesar de non ler, polo seu traballo e experiencias pasadas, coñece centos de citas literarias de distintos autores e sabe empregalas como armas verbais contra os seus enimigos. É un moi bo personaxe e é imprescindible para a trama e para a novela en sí.

En conclusión, pola súa trama e polas poucas páxinas que posúe non acabou de convencerme, pero si me alegro de telo lido polas reflexións e as ideas políticas e da sociedade tan interesantes, que en parte predixeron o futuro, aínda que me faltasen sucesos, xiros e algo máis que non sei identificar. un simple 3/5 en Goodreads.


28 de abr. de 2016

Adaptacións cinematográficas #4: Mi espectacular ahora. (CON SPOILERS!!)



Cando, hai un par de meses, escribín a reseña de Mi espectacular ahora, creo que deixei perfectamente claras dúas cousas: 

1. O libro deixoume pensando. Non me foi para nada indiferente senón que me descolocou pro completo, facendo que non estivese segura de nada (da puntuación en Goodreads, da miña opinión, de se me gustara ou non, de que clase de novela cababa de rematar...).

2. O final deixárame perplexa e terriblemente descontenta, porque semellaba que todo o que o protagonista aprende e todo aquilo que cambia na súa mentalidade e consegue ao medrar como persoa (que é supostamente do que trata o libro, ou o que eu entendín polo menos...) non valera para nada, pois comete unha acción propia do rapaz de comezos de novela e non se corresponde co que debera ser... Por isto, dicía que quería ver a adaptación cinematográfica porque lera que o final cambiaba e que era moito mellor e se correspondía co que debería (na miña opinión persoal) ser.

Pois ao fin vin a película e debo decir: Que me encantou!!!! A ver, non é a película da vida, non se trata dunha obra maestra do cine do século XXI, pero como película adolescente, película entretida e adaptación do libro está moi ben por varias razóns: É terriblemente fiel á novela, capta a idea desta (o que se busca transmitir acerca da maduración e desenvolvemento do protagonista, como cambia para mellor o seu carácter, mellora a súa personalidade, tira abaixo os complexos, consegue gañar seguridade e sae adiante tras os problemas que arrastraba e que, dalgunha ou outra maneira, o afectaran.) e remata dunha forma lóxica e adecuada con esta análise rápida que acabo de facer.

Empezo polo básico: Escenario e vestimenta, decorados e caracterización de personaxes. A verdade e que todo era totalmente como o imaxinaba, sobre todo a tenda na que traballa o protagonista, é moi moi fiel á novela e sobre todo a historia. Era imprescindible esa clase de barrio, esas persoas tan tan típicas de Estados Unidos (non é que estivera, pero polo que teño visto esa clase de persoas existe realmente e ten moita presencia alá...) e da clase de familia e de problemas familiares (refírome a mulleres maltratadas, pais alcohólicos, pais que desaparecen... ) que ten bastante protagonismo no libro e afecta ás vidas e mentalidades dos rapaces. Un bo exemplo, o pai do protagonista, que aparece moi moi ben retratado para o papel que, no psicolóxico, ten no libro.

Tamén me encantou o referente a Aimee, tal cal como a imaxinaba, quizais máis parecida a min en certas cousas do que polo libro semellaba (aínda que, grazas a deus, tamén nos diferenciamos noutras...)

En realidade, todo está moi ben plantexado e cada unha destas pequenas pezas que forman a película encaixa xenial: que sexa Sutter o que narra todo dende un futuro, que se vexa claramente a evolución psicolóxica e os problemas, que se note porque el se achega a Aimee... Son cousas que no libro, pola narración superficial que existe, non acaban de chegar ao lector, das que eu non estaba segura de como interpretar e de que quería dicir o escritor con elas e que aparecen mellor tratadas na adaptación.

Como digo, hai un cento de pequenos detalles que funcionan mellor na peli, pero en rasgos xerais direi que se entende mellor ese tema principal que se difuminaba no libro: análise, desenvolvemento e tratamento da mentalidade de Sutter e como afectou seu pai (ou a súa falta) a isto. É algo moito máis visual na adaptación que se difumina demasiado no libro deixando paso a tramas secundarias ata desaparecer.

Entendín porque Sutter fai o que fai, entendín a Aimee, entendín a súa historia de amor e entendín a novela grazas a película. Iso ten mérito. Increíble.

E agora paso xa ao final para intentar non facer coma sempre e escribir unha inmensa review. AVISO! VAI HABER SPOILERS DO FINAL:

O final é perfecto, Sutter fastídiaa (algo necesario para que todo teña sentido e encaixe) pero reparara no erro e comprende (grazas a evolución que sofre na obra) que se trata diso, dun erro, e vai remedialo indo a buscar a Aimee tras deixala dee mala maneira. Si, era preciso que a deixara tirada, porque polo que el sufrira non quería atarse a ninguén, non quería confiar en ningunha persoa e non pensaba que el valera nada e sostiña que só era un lastre para a súa amada. Pero tamén era necesario que se dera conta de que isto non era sí e tratara de recuperar o que rompera. Ademais, encántame ese final aberto que che deixa sen saber que opina Aimee e se vai a perdoalo. Gustaríame mentir e dicir que oxalá, pero tampouco estou tan segura de que ela deba facer iso e perdoar e xustificar a Sutter que (aínda con xustificación) lle fixo mil e unha cousas...

En resume, contenta e feliz coa Adaptación. Das mellores comentadas nesta sección. Ben.

25 de abr. de 2016

Reseña: Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez.

Por fin por fin por fin, tras 15 días de pausa, traio unha reseña, pero non unha reseña normal e convencional senón a reseña dun dos meus clásicos preferidos, un dos libros que máis me gustou deste 2016 e dun libro que se converteu nun dos meus preferidos da vida: Crónica de una muerte anunciada de Gabriel García Márquez.

É unha historia que tiña moitas moitas ganas de ler dende había certo tempo porque a súa trama e a maneira na que se desenvolve me chamaban a atención: básase nunha correlación de saltos temporais e diferentes puntos de vista arredor duns mesmos sucesos e uns mesmos personaxes, profundizando en diferentes aspectos de cada vez ata mostrarnos un estudo pormenorizado do asasinato e as súas causas (así como dunha serie de casualidades e curiosidades que representan o Realismo Máxico da novela) ao redor do cal xira a trama.

A novela comeza describíndonos como foi o despertar e a mañá do asasinado no día no que se ía producir a morte (coa famosa frase: <<El día que lo iban a matar, Santiago Nasar se levantó a las 5 y media de la mañana...>>) de maneira que se da a primeira toma de contacto coa historia. O autor narra dun tirón toda a mañá ata que se produce o crime dende o punto de vista do protagonista, narrándose a modo de crónica (de ahí o título) todos os sucesos que ocorren. Pero logo, con posterioridade, volve a comezar a mañá, regrésase ao pasado, pero dicíndonos como fora a noite e despertar dos asasinos e así sucesivamente.

Desta maneira, facémonos unha idea completa e clara do ocorrido, sen lugar a dúbidas, porque en si a novela é un estudo real dunha morte e un caso que se deu realmente no pobo natal de Gabriel García Márquez, quen só cambia o final da historia de Ángela, pero prantexado todo dunha maneira terriblemente etretida, atrapante e de altísima calidade literaria. É tal o detalle co que se narra todo, a forma na que se intercalan testemuñas dos veciños do pobo coa narración do ocorrido e a perfección coa que se presentan os saltos temporais, que te ves envolto na historia dunha maneira asombrosa e marabillosa, sentíndote parte dela.

Non existen cabos soltos, é imposible atopar un aspecto sen aclarar e, sobre todo, ata o máis mínimo detalle inflúe nos acontecementos e provocará unha consecuencia. Vese tamén moi claramente polo cambio de visión, de personaxe que o vive, e é, de novo, un puntazo.

En canto ao débil e apenas notable realismo máxico presente no libro, si creo que se pode percibir en moitos puntos da trama e se pode sinalar con claridade, pero sen chegar a ser algo protagonista na trama ou un punto básico no estilo narrativo do autor, algo positivo para min, que non simpatizo en exceso con esta característica. Si que me gusta, realmente, pero en obras como Como agua para chocolate no que todos e cada un dos sucesos veñen dados por un elemento inexplicable e sen sentido, estrésome porque preciso dun razoamento realista que estea detrás, e non sempre existe. Por iso, considero que Crónica de una muerte anunciada conta coa dose exacta e perfecta para min de realismo máxico, e penso que é moi necesario e que sen el a novela non sería a mesma, non tería tanto encanto e non me tería apasionado ata este extremo.

Só pode definirse como un libro atrapante e máxico, porque conta cunha esencia especial e faiche embeberte na historia.

Trátase dunha crónica dunha morte, dun estudo e unha narración pausada e detallada da mesma, polo que é unha novela diferente, curiosa e espectacular que consegue aclarar ata o detalle máis pequeno, falarche da curiosidade menos importante e facer que esta teña un papel clave na historia grazas ao realismo máxico presente na obra e, a pesar de narrarse o mesmo continuamente e de saber dende o principo como vai a acabar todo, veste intrigado e con ganas de seguir lendo en todo momento. O ritmo é áxil, trátase dunha novela curta, narrándose infinidade de sucesos, dándose datos e nomeándose personaxes sen aburrir ou abrumar ao lector.

En conclusión, un libro marabilloso, especial e un clásico realmente realmente recomendable, que conseguiu atraparme e conquistarme rapidamente e que se converteu nunha das miñas lecturas favoritas do ano e en xeral. 5/5 estrelas en Goodreads.


11 de abr. de 2016

Reseña: Un beso en París (Anna and the French kiss 01) de Stephanie Perkins.


Ultimamente (e como puidechedes notar se seguides o meu blog) apetéceme ler libros de xénero contemporáneo, un tras outro, así que non podía retrasar por moito máis tempo a lectura da triloxía de Stephanie Perkins, Un beso en París, unha das máis populares autoras do xénero. En realidade, non se trata dunha verdadeira triloxía, do que entendemos ao escoitar este termo, senón que son tres novelas "compañeiras", que non comparten personaxes nin trama pero si temática e cuxos protagonistas aparecen no final do terceiro libro, Un final feliz.

Esta novela cóntanos a historia de Anna, unha rapaza estadounidense que é obrigada por seu pai, un escritor de éxito que recentemente se volveu rico, a estudar no Instituto Americano de París, un internado para fillos de personaxes importantes ou adiñeirados de nacionalidade estadounidense. Nun principio, non está demasiado contenta co país, o idioma e as clases pero cando coñece aos seus novos amigos e, en concreto, a St Clair, descubrirá que quizais si lle gusta a vida en Europa...

Sinceramente, tiña expectativas bastante altas con respecto a ese libro, xa que tiña unha nota moi alta en Goodreads e vira un montón de reseñas positivas de booktubers e bloggueiros cos que adoito estar de acordo, e, sin embargo, non se cumpliron de todo. É dicir, si que me entretivo e me gustou bastante a novela, pero non me pareceu de 10 (o de 5/5 en realidade) senón que conseguiu un 3´5 e floxiño...

Si que me parece unha novela contemporánea boa, que esta ben prantexada, é novedosa, e non está tan apegada aos tópicos como soe ocorrer, algo que me agrada, pero tampouco me parece que se saia do convencional e non conseguiu sorprenderme.

O personaxe de Anna pareceume un pouco... cargante e estresante porque, aínda que en moitos aspectos si que podería atopar semellanzas entre ela e eu mesmas, tiña certos comportamentos e actitudes que me estresaban e que facían que puxese os ollos en branco. Aínda así, consegue que te embebas na historia cos seus pensamentos e as súas reflexións son necesarias para o desenvolvemento da trama.

Gustoume a historia de amor entre os protagonistas: doce pero non empalagosa e sen consistir no 100% da historia (aínda que botei en falta máis escenas ao redor de Anna e as súas amigas ou coa subtrama do ocorrido en EEUU) e, algo positivo que non podo dicir de todos os libros con temáticas parecidas, o rapaz, St Clair, pareceume interesante e para nada insoportable ou arrogante. Aínda así, non todo podía ser positivo, e debo criticar sen ningún tipo de pena que tanta volta sobre a relación, esas maneiras de rizar o rizo acerca do triángulo amoroso e esa incapacidade dos dous de tomar a iniciativa e facer algo para lograr aquelo que AMBOS DESEXAN. 

E que é terriblemente estresante que se pasen unhas 50 páxinas falando de que os dous queren estar xuntos pero non poden, pero si, pero no, agora enfádome contigo, agora sintoo porque non era culpa tua... Despois, tamén houbo outras actitudes das amigas de Anna que non entendín, e da propia Anna acerca de tramas relacionadas con elas. Refírome a, por exemplo, o sentimento de culpa que invade á protagonista da historia por se certo feito pode desgustar a Meredith, cando é algo que non considero que fose culpa súa, nin de St Clair, pois non era nada malo ou perxudicial e tratábase dunha acción inevitable e pouco relacionada coa súa compañeira...

Aínda así, a novela déixase ler con facilidade, engancha, e bonita, como a maior parte das pertencentes ao xénero, e encantoume que estivese situada en París, así como as descripcións da cidade, non só fisicamente senón tamén da parte sensorial ou espiritual da cidade, os sentimentos que embargan á protagonistas ao visitar os cines e certos lugares da capital francesa.

Tamén me encantou a parte (medio telenovelesca) dos desenganos amoros e o drama que envolve a novela en si, aínda que en certos momentos rozase a liña que separaba unha relación amorosa bonita e doce dunha relación insoportable tipo Jace e Clary de Cazadores de Sombras.

O único que non logrei ver por ningunha parte, é esa pluma tan alabada da autora, esa prosa que provoca suspiros nos lectores, pois eu atopeime cunha narración bastante sinxela e común. Pode que isto sexa culpa da traducción, non o nego, e pode que isto causase unha peor valoración, pero o caso é que non me convenceu de todo.

Aínda que poida parecer que resalto moitos aspectos negativos, é tan só porque son unha persoa moi crítica cos libros e porque me fixo ata no máis mínimo aspecto, pois o certo é que me sinto moi satisfeita con esta lectura e recoméndoa bastante, aínda que non é unhas das miñas lecturas preferidas nin de lonxe.
En conclusión, unha novela contemporánea boa, interesante e que me gustou, pero sen chegar a encantarme nin superar as expectativas con respecto á novela ou autora que traía de antes. Non merece un 3/5 porque está mellor que iso, pero tampouco chega ao 4, polo que o puntuei cun 3´5/5 en Goodreads. Desexando ler a súa continuación.

2 de abr. de 2016

Book Tag #10: Ed sheeran.

Ed Sheeran é un dos meus cantantes preferidos e o seu último disco, X, é unha xoia, así que cando souben da existencia deste Book Tag non puiden evitar facelo... Espero que vos guste e descubrades a este marabilloso cantante se aínda non érades fans del.
  • One. Libro único para ti.



                                               


Hai moitos libros que son especiais para min e que me encantan, pero por non repetirme e ser unha pesada, vou elexir o máis recente: Since you´ve been gone (Desde que te fuiste). É un libro moi especial para min e que conseguiu facerme feliz durante a súa lectura, porque é pura positividade.


  • Take it back. Libro que che gustaría olvidar para ler como se fose a primeira vez.



Creo que elexiría un libro que fose impactante ou sorprendente, para así olvidar o xiro ou plot twist e o gran final e poder disfrutalo, sorprendéndome de novo. Por iso, creo que me decantaría por dous dos meus libros de intriga preferidos, El asesinato de Roger Acroyd (cun final suuper impredecible que me gustaría ler sen ter idea de como é) e Diario del búnker, cuxo final tamén me sorprendeu moito.


  • Drunk. Libro que che axude a desconectar do mundo.



Mmm... Unha fácil cuestión, pois o libro no que me vin máis envolta e desconectei máis do mundo dende que teño memoria, é El Cuento Número Trece, de Dianne Setterfield, que fixo que parase de estudiar, durante unha semana de exames, continuamente ata finalizar a novela.

  • Thinking out loud. Libro cun amor moi forte.



A ver, tendo en conta que a min me gustan os libros onde, ademais do romance, existe outra trama ou ben nos que o amor non é terriblemente pasteloso e ñoño, é algo complicado elexir. Así que vou dicir un libro que simplemente teña un romance, como Fangirl, cunha historia preciosa de amor pero sen que sexa a única trama. É unha das miñas novelas preferidas e consigueu conquistarme por completo.

  • Don´t. Libro que pensaches que non che ía gustar e che encantou.



El Club de los Corazones Solitarios é unha novela moi sencilliña e nada especial, pero que me gustou bastante no seu momento e que me sorprendeu dado que non me esperaba nada positivo dela. Comparto a opinión da protagonista sobre as relacións e a verdade e que se trata dunha lectura bastante fresca.

  • Photograph. Libro do que sempre gardarás recordo e que sempre levarás contigo.



Este libro é en realidade unha saga, a saga que sempre digo nesta clase de cuestións e a miña preferida: Harry Potter. É algo que sempre estará unido a min e que me apasiona, polo que smpre gardarei bos recordos dela.

  • The city. Libro no que os personaxes teñan un viaxe que desencadene nunha aventura.



Vou dicir un de John Green, porque é un dos meus autores preferidos e é puro amor, aínda que esta novela en concreto non sexa das miñas preferidas. Trátase de El teorema de Katherine, que se basa nunha viaxe ao longo de Estados Unidos realmente divertida duns personaxes cun gran sentido do humor.

  • Cold coffe. Libro que deixaches sen terminar.



La Reina Roja de Victoria Aveyard. Sin comentarios...

  • Run away. Libro cun amor prohibido.



Non se me ocorre outro exemplo mellor, así que digo aos dous protagonistas da saga de Mystic City, cuxo primeiro libro me encantou e o segundo foi o peor libro que lin xamais, e creo que nada o superara nunca...

29 de mar. de 2016

Adaptacións Cinematográficas #3: Yo, él y Raquel (Me and Earl and the diying girl)


Despois de cinco millóns de anos (6 longos meses) dende a última review dunha adaptación cinematográfica (clica aquí para ler acerca da película de "Ciudades de Papel"), tráiovos por fin a miña valoración acerca da adaptación da novela Me and Earl and the diying girl (cuxa reseña podedes ler aquí) que foi unha lectura extraña da que no seu momento (e aínda agora) non teño unha opinión fixa pois, aínda que me decepcionou e me deixou un sabor de boca algo agre, tampouco podo dicir que me horrorizase, nin estivo incluído na lista das peores lecturas do 2015. 

Simplemente, é unha novela moi rara, políticamente incorrecta e moi moi inusual. Trátase dun libro sen apenas argumento nin centrado en nada en concreto; é unha verdadeira experiencia levar a cabo a súa lectura.

Tras esta pequena introdución, pasarei a valorar dunha vez por todas a película, que decidín ver porque, como ben dicía na reseña, pensei que funcionaría mellor como película, en lugar de en forma de publicación, unha trama coma esa, como efectivamente foi.

Esta película consegue plasmar a esencia da novela, é dicir, é como se os actores, guionistas, director etc do filme collese a maneira de narrar do autor e de expresarse do protagonista (así como o punto de vista deste sobre os temas tratados na novela e as sensacións que desperta no lector) e os convertese en película. Realmente, e igual que pasaba coa novela, é unha auténtica experiencia o ver a adaptación , porque para nada se trata dunha forma de interpretar unha historia cun argumento e un fin, senón dunha sucesión de escenas sin sentido e sen un argumento forte. Simplemente, déixate levar pola película e disfruta, porque ao final é do que se trata. En realidade, Yo, él y Raquel básase no desconcerto, consiste en visualizar a película e deixarse ir.

Para min, o mellor do filme son os fondos, a luz e esas animacións que son engadidas cando se fala acerca das películas rodadas polos protagonistas, porque aporta un plus de orixinalidade que tamén me fai recordar a novela e que pega moito coas ideas e coas sensacións que esta transmite. Todos estes puntos son os que contribuen á sensación xeral de caos que me embargou mentres os vía.

En canto á "historia", mantense bastante ben conservada, se ben se eliminan partes e o personaxe de Earl perde (moito) protagonismo na trama principal e aparece pouco. Ademais, a razón pola que o protagonista e Rachel comezan a ser amigos así como a maneira de levar a cabo esa relación é un pouco diferente, máis idealizada e propia dunha película ou libro convencional e cunha menor semellanza á historia rara e diferente (de maneira intencionada e, para min, interesante e boa) que o autor pensou nun principio.

Tamén sentín que durante a adaptación cinematográfica os sucesos ocorren dunha forma máis pausada e xustificada que no libro, non sei si polo feito de que o espectador ve como todo vai pasando dunha forma máis cercana, de maneira que o desconcerto é menor aínda que exista e é máis sinxelo seguir a trama. Tamén contribúe o intento do protagonista de dar as súas razóns que o ai máis humano e comprensible.

Tamén foi modificado algo, para min, esencial do libro e que vai moi á par co que se quere transmitir e con esa idea do políticamente incorrecto e de tratar de diferenciarse de ñoños libros e películas que ten Greg, que é esa declaración dende o rpimeiro momento de que Raquel vai a morre, que esta é unha historia distinta e que debes aceptalo, pois díseche que sobrevive ata o final, cando si morre como na novela, e quedas un pouco a cuadros. Opino que deberia terse mantido esta declaración igual que se fixo con outras semellantes que indicaban que non era a típica peli de amor e que non se ían a namorar os dous protagonistas. Non sei...

O final, si que me gustou como se prnatexa, fíxome sentir un pouco máis que coa novela e empezar a comprender algo da visión do protagonista/autor, aínda que non de todo e sen que eu a comparta, e incluso me embargou unha sensación de tristeza e brotou de min algunha que outra lágrima...

Estoume enrollando como unha persiana para intentar explicar a sensación que transmite a peli (como me ocorreu coa reseña da novela) así que en conclusión: é unha boa adaptación (dado que o seu autor escribeu o guión, non me esperaba menos) realmente estraña, rara, diferente e desvergonzada como a novela que recomendo se queres levar a cabo unha esperiencia do máis extraño pero que non logrou que entendese a mensaxe que quere transmitir, como tamén me pasou co libro, pois non a comparto en absoluto, ao igual que a visión pesimista de Greg sobre a vida. Aínda así, creo que podes pasar un bo rato ou, cando menos, tratar de entender e descubrir porque me trastorna tanto Yo, él y Raquel véndoa, así que, quizais que deberías darlle unha oportunidade.


21 de mar. de 2016

Reseña: Heridas Abiertas de Gillian Flynn.




Heridas Abiertas é un libro de Gillian Flynn, autora coñecida pola súa novela Perdida, que, ao igual que esta, é un thriller e un libro de misterio e intriga terriblemente escuro. 

Nesta novela, cóntase como unha xornalista regresa ao seu pobo natal despois de case unha década para cubrir a noticia da morte de dúas rapazas pequenas, ás que o asasino arrincara os dentes tras acabar coa súa vida. Pero o máis duro da situación non é precisamente o caso, senón ter que enfrontarse aos seus problemas psicolóxicos que non terminaron de curar e aos habitantes dese pobo do interior de Estados Unidos tan terriblemente cerrados e conservadores.

O certo é que esta novela só se pode definir coa seguinte palabra: intelixente. É un libro cunha trama completa, traballada, complexa e pragada de xiros. Ademais, a autora é moi profunda á hora de crear aos seus personaxes, pois trata de facelos complexos e fabrícalles unha personalidade, historia e problemas moi realistas e creíbles.

A historia comeza sendo relativamente convencional, sen nada especial aínda que pinte ben, pero pouco a pouco vaise enredando e complicando nunha rede de mentiras, revelacións e descubrimentos escuros que fan que xa non teñas nada en claro e que sospeites de todos, ademais de, polo menos no meu caso, conseguir que te sintas dentro da novela e teñas unha especie de intranquilidade e sospeita.

A prosa de Flynn é tan negra e estraña como a trama, polo que se consegue un efecto completo de dureza e escuridade. 

En canto aos sucesos, é impresionante como se consegue crear semellante historia con tantos personaxes sendo todos completos e ben definidos e cunha trama como esa. Méteste de cheo na historia e non podes parar de ler pois, aínda que tampouco se sucedan centos de escenas pragadas de acción durante toda a novela, si que se describen certas escenas nun principio sen importancia que se volven terriblemente relevantes.

Os problemas psicolóxicos da protagonista foi algo que nunca levei moi ben, en todo o tempo que levou a lectura, pois son unha persoa terriblemente sensible ante agullas, coitelas, cortes... e o problema está terriblemente relacionado con isto polo que sufrín intensamente, déboo admitir. Houbo certos momentos nos que cheguei a ter que apagar o ebook e tomarme un tempo de descanso e serenidade. 

A verdade é que a novela é PERFECTA. E que non podes atopar unha soa lagoa nas súas páxinas, todo está calculado e pensado con antelación para crear esa mestura perfecta. Cada vez que pensas que xa sabes por onde vai a trama, hai un xiro.

De feito, ao rematar o libro, cando se che presenta unha solución (que eu adiviñara previamente) e cres que xa está todo, cambia toda a trama, o libro da un xiro bastante amplio e sorpréndeste ao descubrir a verdade.

Encantoume o final e o descubrimento do asasino e da verdade, porque é terriblemente (unha vez máis) intelixente e trata o tema, digamos, dos traumas e enfermidades mentais (non podo dicir moito máis...)

Outro tema con importancia en Heridas Abiertas, é ese carácter e pensamentos dos habitantes dun pequeno pobo americano, os prexuízos que sofren esas persoas, e como xulgan á protagonista por ter marchado dalí para non regresar. Ademais de ser terriblemente atrasados e contar con numerosos prexuízos perxudiciais, siguen a vivir como moito tempo atrás e é realmente curioso como afecta á resolución do caso e ao artigo o feito de tratarse de cidadáns dun lugar determinado.

En conclusión, un bo libro, ben construído, cuxa autora é capaz de tratar diversos temas complexos ao mesmo tempo de maneira intelixente e adecuada. Con xiros inesperados, puntos sorprendentes e unha capacidade especial para que te vexas envolto na novela. Un 4/5 en Goodreads.


20 de mar. de 2016

Reseña: A de Amor de David Levithan.


 Propúxenme ler unha novela de David Levithan para intentar reconciliarme con este autor tan popular que non consegue gañar o meu corazón por moitos libros da súa creación que me propoña ler. A verdade é que unha vez máis rematei cunha decepción enorme así que declaro nesta entrada que non volverei a ler nada do autor, a menos que se trate dunha novela concreta que me chame e que crea que me vai a apasionar por algunha razón.

A de Amor é unha novela distinta, que non se asemella en ningún aspecto ao que coñecemos como unha novela ou libro de relatos, pois está formado por entradas de dicionario, é dicir, defínense determinadas palabras relacionadas cunha relación romántica pero sen tratarse de definicións convencionais, senón de pequenos relatos, escenas ou reflexións do protagonista acerca do seu amor cara unha muller.

Así de primeiras pinta ben, seino, pero á hora da verdade non acaba de funcionar. O autor intenta crear esceas que representen á perfección o ambiente da súa relación, pero con tantos saltos temporais entre entradas e eses cambios de temas segundo a palabra concreta a tratar, o único que ocorre é que o lector se forma un lío mental no que xa non sabe en que momento da "historia" (si é que a hai) se atopa o libro ou cales son os sentimentos entre os namorados ou se realmente o están e uufff... Realmente non creo que se poida considerar a A de Amor como unha historia, realmente non o é, so se trata dunhas definicións en forma poética. 

En realidade, si que me agradaron, incluso tiven a tentación de marcar algunha das frases ou descripcións dos termos (aínda que o lin en dixital, polo que era imposible) pois a sensibilidade poética do autor e a súa capacidade de escribir desa maneira sinxela pero bonita son asombrosas en certos momentos, déboo admitir, e incluso chegan a causar unha fonda emoción no lector, pero de ahí a construír unha boa historia hai un cacho, e decepcionoume de novo.

Non teño moito máis que dicir acerca de A de Amor, que puntuei cun 2/5 en Goodreads porque non me convenceu en absoluto, e non o recomendo especialmente.

14 de mar. de 2016

Reseña: Mi espectacular ahora de Tim Tharp



 Estaba pasando por un Bloqueo Lector dende o fin do verán, debido ao gran número de lecturas que levara a cabo durante todas as vacacións, que empeorou despois de rematar Fangirl, pois gustoume tantísimo e deixoume tan ilusionada ao finalizala, que ningunha lectura me atraia e acababa abandonándoas todas. Pero, finalmente, con este libro, conseguín solucionar (polo menos parcial e temporalmente) co problema.

Isto non quere dicir que me encantase nin que sexa unha increíble novela, senón que se deixa ler con facilidade e non require moitísima concentración.

A verdade é que tiven, teño e terei sentimentos encontrados con Mi espectacular ahora pois, aparentemente, non me acabou de convencer ao non atopar orixinalidade nin ningún punto que me resultase apasionante. Nin sequera me enganchou excesivamente: foi un libro que pasou por min sen pena nin gloria. Ou iso pensaba, pois co paso do tempo dende que finalicei a novela, máis a recordo e cun sentimento máis positivo. Realmente, si que me agradou este libro, pero non excesivamente, e, á vez, si que deixou pegada en min... Non sei, estou confusa.

A historia nárraa Sutter, un rapaz bastante rebelde pero con ideas propias e gusto por reflexionar sobre elas, que vive unha vida de festa e sen preocupacións (polo menos aparentemente, pois en realidade si que ten certos problemas) ata que se cruza no seu camiño Aimee, unha rapaza completamente oposta a el, que se converte nunha especie de "proxecto" ao intentar convertela en sociable e transformala na súa idea de persoa normal para esa idade.

O personaxe principal é moi moi semellante a Holden, o protagonista de El guardián entre el centeno (ambos reflexionan durante a narración sobre ideas que teñen sobre a vida que os demais non comparten, ambos rexeitan aos adultos e a súa forma de comportarse e ambos están máis preocupados das súas reflexións e maneiras de vivir que dos estudos...) polo que simpaticei moi rapidamente con el (por algo esa novela foi a miña quinta preferida do 2015) e foi algo que me gañou dende un comezo. A pesar do parecido, deixo constancia de que certos puntos do carácter de Sutter e determinadas ideas que comparte co lector, non me pareceron moi aceptables, como esa idea de normalizar a Aimee ou esa manía con alonxarse dela para protexela da que falarei máis adiante.

Gustoume moito a maneira de tratar a dura realidade das vidas de todos os personaxes que aparecen na historia, como se non fose para tanto, e que o autor se centrase noutros aspectos. Tamén me encantou a parte na que a vida e a maneira de vela de Sutter cambia de forma radiacal en moi pouco tempo e polo simple feito de atoparse con Aimee, como isto fai que non lle importen os comentarios dos demais, aínda que non está demasiado ben construído, pois recorda esa necesidade de valorar a opinión do resto de maneira intermitente e sin vir ao caso. 

O punto principal da trama é a relación entre ambos personaxes, que me gustou moito por romper certos prexuízos e tópicos da literatura xuvenil, pero que me deu mil e un dores de cabeza pola indecisión de Sutter. Ao final, non teño claro se algunha vez chegou a querela e se alonxaba dela e tiña esas reaccións extrañas porque pensaba que así facía o mellor para ela ou se simplemente foi todo unha especie de proxecto como el sostiña durante todas as páxinas. Eu sempre pensei que era unha excusa que sostiña como unha especie de salvavidas ao que agarrarse para non enfrontarse á realidade, pero a verdade e que rematei  libro cunha enorme confusión. 

O ritmo da narración e lixeiro e fácil de seguir, e a maneira na que se centra nuns puntos e deixa outros nunha descripción superficial, gustoume, pero sobre todo foron eses puntos divertidos que tamén existían en El guardián entre el centeno, aínda que en menor medida, os que máis me agradaron. Un exemplo, o que máis destaca para min, son esas relacións entre ex-noivas de Sutter e el, coas personalidades tan diferentes de todas elas entre si, e sobre todo as conversas con acento italiano del e unha delas (Angelina?, Angela?...) finxindo pertencer a unha mafia. Un puntazo.

O final, foi terriblemente aberto, e non me gustou en absoluto porque revela, unha vez máis, ese sentimento de... buscar o mellor para os demais? facer unha obra social?... de Sutter que non comparto e me parece innecesario e repelente.

Púxenlle 3/5 en Goodreads, unha puntuación que me parece alta para un libro que tampouco me encantou á hora de pensar noutros que valorei da mesma forma e baixa ao pensar noutros coa mesma calificación. En resume, foi un libe que me gustou e que me marcou bastante sen darme conta, facendo que o recorde con cariño, a pesar de non causarme no momento impacto. Unha sensación diferente para unha novela diferente... Cavilarei acerca dela a ver se chego a unha conclusión, supoño que positiva...

Existe, por certo, unha adaptación cinematográfica da novela que verei pronto (porque morro coas ganas) cuxo final é distinto ao do libro, según vin por internet, e que gustou máis aos lectores. Pronto review e a miña opinión máis sincera.



5 de mar. de 2016

Book Tag #9: Libros Desexados.


1. Libro publicado que desexo.

Podería decir cen mil millóns de libros nesta categoría porque sempre é moito maior a miña lista de libros por ler que a de libros lidos, pero voume decantar por Yo antes de ti de Jojo Moyes porque se trata dunha novela da que aínda non falei no blog e cuxa adaptación cinematográfica se estreará proximamente e da que, por suposto, farei review :) .



2. Libro non publicado que desexes.

Vale, hai algunha dúbida a estas alturas? Se sodes fans de Harry Potter coma min, saberedes que se publicará este verán unha secuela da saga, situada no Mundo dos Magos nove anos máis tarde do fin de Harry Potter y las Reliquias de la Muerte. Non podo esperar!!!


3. Libro que desexo que traduzan.

Tamén nesta pregunta tiven dúbidas porque hai varias novelas que non traducen ao español e que saíron hai tempo que desexo ler, pero vou dicir The Wraht and the down, un retelling de Las mil y una noches que me chama moitísimo a atención e que estou segurísima de que me encantará. Oxalá o traian pronto a España...



4. Un libro que desexo pola súa portada.

Ainda que intentemos negalo, este é un factor determinante á hora de desexar ler un libro ou compralo, polo que moitas veces me decanto por unha lectura pola primeira impresión que me provoca. A primeira impresion desta novela foi moi boa, e desexo iniciala algún día (porque xa está nas miñas mans!!) xa que a sinopse e críticas tamén prometen, e moito.



5. Un libro que desexo pola súa sinopse.
 Dios mío! Sei que vou a amar tanto este libro e que me vai a intrigar tan terriblemente que ata me asusta comezalo polas ganas repentinas de continuar a saga que me van a entrar, pero á vez quero facelo canto antes para disfrutar desta novela de misterio e intriga pragado de sucesos estraños...



6. Libro que desexo polas súas críticas.

Outro factor que me condiciona moito á hora de elixir unha lectura. Tamén conto con milleiros de libros pendentes segundo este criterio, un deles é este, que tamén me chama pola sinopse e que lerei moi próximamente (e en tandem!!).


7. Libro que desexes polo seu autor.

Xa pasou bastante tempo (demasiado) dende que non teño nas miñas mans un libro de Lauren Oliver, autora que sabedes que me encanta (polo menos polo xeral) como puidechedes ver lendo as reseñas publicadas das súas novelas anteriores, e que este mesmo ano publicou en España Dara y Nick, que ademais é un thriller, xénero que me gusta bastante e do cal a autora non ten ningunha outra obra (polo menos que chegase a España e que eu sepa).





8. Libro que desexes por todo.

Podería dicir calquera de Rainbow Rowell, porque dende que rematei Fangirl ningún libro me atrapa e só quero comezar algún desta marabillosa autora que xa é das miñas preferidas. Vou dicir o seu último libro porque, de feito, acaba de saír recentemente en España, este mesmo mes se non me equivoco (cunha portada terriblemente fea, engado), pois del atráeme tanto a historia en sí como o feito de saber que detrás das súas liñas está a marabillosa Rowell :)).



27 de feb. de 2016

Reseña: Fangirl de Rainbow Rowell


Quería ler este libro dende moitísimo tempo atrás, porque a trama me chamaba moito, tiña certa relación con Harry Potter (xa veredes porqué) e porque me autoobrigaba a ler algo máis da autora antes de Segundas Oportunidades, que era o único dela que teño en físico e que comprara máis recentemente. 

Este libro conta a historia de Cath, unha rapaza tímida e non moi social cunha xemelga totalmente oposta a ela que comeza a universidade.Isto, para Cath é un inferno, mentres que Wren, a sú irmá, deséxao con toda a súa alma, e decide, ademais, tomar distancia con ela para ser independiente por fin. Isto causará un gran sufrimento para a protagonista da novela, que se sentirá totalmente soa. Pero Cath non é só unha universitaria, tamén é unha famosísima e moi célebre autora de fanfics de Simon Snow, unha especie de Harry Potter, pero gay, no que trata o seu romance con Baz.

Nun primeiro momento, debo admitir que non me chamaba moito a trama porque non coñecía a pluma da autora nin lera nada del con anterioridade, polo que me sentín un pouco rara ao comezar a novela, porque non se asemellaba en nada a algo que lese antes. Ademais, a miña traducción era terriblemente mala: non só era unha versión en castelán americano (que xa é algo que me desconcentra e me saca da lectura) senón que non era a oficial, polo que estaba traducida ao pé da letra da versión inglesa, nunhas estructuras sintácticas non existentes na nosa lingua. En resume, que non había quen lera aquelo.

Cheguei ao 20 algo por cento da novela sen que me gustase nada en absoluto: non me atraía aburríame, non conseguía enganchrame e incluso pensei en abandonala pero (por sorte!!) seguín adiante e descubrín unha das mellores lecturas que farei neste 2016. A trama apasionoume ata uns extremos tales que non era capaz de parar de ler, sentinme identificada coa protagonista en multitude de ocasións (aínda que en moitas outras non...), disfrutei de cada palabra e só quería máis e máis.

Ata os fragmentos do fanfic de Cath, que nun primeiro momento non me atraían, me intrigaban bastante, e da historia amorosa nin che falo, porque me pareceu absolutamente perfecta.

É algo terriblemente coñecido que Rainbow é unha autora de personaxes, non de historias, pois céntrase en crear uns protagonistas moi profundos e complexos, nunha trama sinxela e convencional.

Encantáronme eses xiros no argumento da novela, como o dos pais das xemelgas, o que ocorre con Wren ou o relacionado con Nick, e como vai desenrolándose a narración.

Simplemente, non podo destacar nada malo do libro, todo é positivo, e non lle atopo pegas aparte da traducción, e iso nen sequera é culpa súa. O punto forte da novela para min, é a parella de Cath e X (non quero spoilear) que é terriblemente doce, bonita e amena, e nada pastelosa, e a súa relación relativa co fanfic.

Esta novela conseguiu que me apasionsase cada frase, que me mantivera en vilo, e que lese os acontecementos que se sucedían sen esperarme nada. É unha historia diferente, nada convencional, que se deixa ler con facilidade. Tanto me gustou, que provocou en min un bloqueo lector (si, outra vez) xa que non conseguín engancharme a ningunha lectura dende entón, ao parecerme todas floxas e aburridas en comparación.

Conclusión: Non podo falar máis de Fangirl sen spoilear, pero recomendo a súa lectura miles, e estou convencida de que estará na lista das mellores lecturas do ano. 4/5 estrelas en Goodreads, unha menos do que merece polo que tardei en engancharme.

19 de feb. de 2016

Reseña: Noches Blancas.




Cando vin que se ía publicar outro libro de John Green en España (aínda que fose unha recopilación de relatos de varios autores) alegreime de maneira excesiva e desexei con toda a miña alma lelo. Ademais, trataba a temática navideña, a miña época preferida do ano.

Cando por Reis recibín un exemplar como regalo non collía no corpo do gozo, porque desexaba, con ansia, volver a disfrutar a John Green pero, ironías do destino, o seu foi o relato que menos me gustou dos tres, o menos navideño, o máis simple e o que conseguiu deixarme indiferente.

Este libro recopila, como dixen, tres relatos de tres autores xuvenís, protagonizados por diferentes personaxes cada un deles, aínda que os principais de cada historia son secundarios na seguinte e así sucesivamente. Son tres historias de amor, pero distintas, nada pastelosas, cun espíritu navideño que me encantou (aínda que o lese un mes máis tarde de ter acabado o Nadal). Con el cumprín a condición de "Ler un libro dun autor que che gusta" que sacara da Book Jar.

O primeiro relato prantexa o comezo da trama que máis tarde seguirán os tres, ensínansenos o lugar do que parte a historia: un tren que queda parado debido a unha tormenta de neve. Unha rapaza que viaxa nel, compartirá compartimento cun mozo da súa idade e ambos comezarán a coñecerse. 

Este relato, o de Maureen Johnson, foi o meu segundo preferido, porque si conseguiu que disfrutase pero tampouco me pareceu nada especial. Ademais, a protagonista, Jubilee, pareceume terriblemente insufrible e insoportable. Había momentos nos que simpatizaba con ela en certa maneira, pero na seguinte páxina ela soltaba algún comentario ou chegaba a algunha conclusión que me provocaba ganas de gritarlle ao libro. A pesar disto, esta historia pareceume bastante boa, normaliña, e non me desgustou.

A seguinte segundo a orde do libro, é a de John Green, aquel relato polo que eu mercara a novela, e que me decepcionou dunha maneira increíble. Gustoume a maneira na que se integraba aos personaxes da historia de Maureen Johnson como secundarios e descubrir cales das persoas das que esta nos falaba de maneira pasaxeira se volverían protagonistas, pero nada máis, E isto nin sequera era de todo mérito do autor.

O seu relato pareceume igual que os que soe escribir, na súa liña, pero peor. É dicir, normalmente encántanme as súas novelas pero neste caso pareceume que Green escribiu un relato sen esforzarse o máis mínimo, resaltando os puntos que menos me gustan da súa prosa e das personalidades que máis adoita utilizar e que xa coñecía, explotando aspectos que non me atraen.

De feito, algo moi curioso certamente, os personaxes principais do seu relato gustáronme moito máis no seguinte, da man de Lauren Myracle, e coa súa forma de tratalos consegueu mellorar o inmellorable.

Este último relato do libro encantoume, e desexei que se centrase nel toda a novela. De feito, conseguiu subir media estrela ou incluso máis a miña calificación en Goodreads. A trama era moito máis orixinal, a protagonista divertida, contaba cunha trama interesante e completa e a maneira de integrar as historias anteriores foi algo que Myracle soubo controlar e facer con naturalidade. 

Pareceume un relato divertido e á vez positivo, adorable, o que realmente esperaba dun libro navideño. Consegueu transmitir as ideas básicas dunha película de Nadal.

O mellor, mellor, mellor de Noches Blancas, foi o final. Ese encontro das tres parellas formadas nos relatos, a relación entre eles, como tres historias opostas e independentes se integran nunha. O libro mellora cara o final sen dúbida.

En conclusión, Lauren Myracle salva todo o libro, (aínda que Maureen Johnson non o fixese tan mal) tras a absoluta sinxeleza e sosez de meu amado John Green. Un libro para amantes do Nadal, que tampouco conseguiu conquistarme, aínda que con el esbocei algún que outro sorriso. Un sinxeliño 3/5 en Goodreads.


13 de feb. de 2016

Reseña: El fantasma de Canterville.



Non vou a enganarvos, elixín a lectura deste cortísimo conto de Oscar Wilde como libro optativo para o instituto pola gran aglomeración de traballos e exames que tiña nese momento (e que sigo a ter) sen fixarme moito na súa temática. Direi na miña defensa que si sabía que era un clásico, unha obra dun autor importante e valoradísimo, pero isto, dado que nunca lera ningunha outra novela ou conto do autor, non foi un elemento imprescindible á hora de elixir.

A verdade é que me sorprendín moito con El fantasma de Canterville, pois tiña a idea preconcevida de que non ía ser gran cousa. Pensei que me ía a gustar relativemente, que ía a obter un 2,5 ou 3 sobre 5 nas miñas calificacións de Goodreads como moito e se trataría dunha lectura sen máis, pero o certo é que me gustou, sobre todo a primeira metade da historia.

Esta conta como unha familia adiñeirada e importante na política estadounidense se muda a Inglaterra, a unha casa na que vive un fantasma dende moitos séculos atrás, razón pola cal leva desocupada longo tempo. Lonxe de preocuparse, a nova familia dona da mansión de Canterville, dedícase a molestar ao fantasma por pura diversión, algo que enfada terriblemente a este.

O primeiro que me sorprendeu do autor é o tremendo e xenial tono satírico co que narra a historia. Non se trata da típica e trillada historia de fantasmas que esperaba, senón, precisamente, é unha crítica ou parodia deste tipo de novelas tan populares na época. Esa maneira de contar como a familia persegue ao fantasma e lle fai numerosas falcatruadas, en lugar de ser ao revés, é tremendamente irónica e divertida, e incluso o é máis a reacción do propio ente ao verse como obxectivo desas bromas.

Nunca esperei divertirme ou incluso sorrír cunha obra destas características, pero a verdade é que o tono humorístico de Wilde é moi bo.

Tamén esa loita, de transfondo na novela pero deixándose ver claramente e a propósito, entre a Inglaterra do momento e Estados Unidos, esa esaxeración dos costumes e forma de ser dos cidadáns de ambos países, é realmente divertida. Wilde consegue plasmar esceas absurdas e ridículas dunha maneira sinxela e maxistral.

(Unha mención especial ao feito de que a mancha de sangue cambia de color porque o fantasma o colorea con pintura cada mañá, simplemente delirante e marabilloso...)

O problema veu coa segunda parte da historia. Todos estes elemntos desaparecen e cóntase un extraño desenlace (que non me quedou moi claro) no que perdemos de vista aos dous protagonistas principais, polo que non sabemos que ocorreu realmente. Acaba moi rápido, de súpeto e sen avisar, e para min iso estropea o demais, porque parece que o relato estaba inconcluso.

Conclusión: Unha historia divertida e irónica cun final que o chafa todo. Unha historia cortiña sen demasiada importancia pero ben construída. 3/5 en Goodreads.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...