Amosando publicacións coa etiqueta Sagas/Series. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sagas/Series. Amosar todas as publicacións

17 de out. de 2015

Reseña: Navidades Trágicas (Detective Hercules Poirot)




Despois de bastante tempo sen ler e (publicar unha reseña) dun libro do detective creado por Agatha Christie, Hercule Poirot (para ver as reseñas anteriores e próximas da serie clica aquí).

Esta vez, cóntase como todos os membros da familia Lee se reunen con motivo das festas de Nadal, despois de anos separados por diversas pelexas, problemas de herencias e demais, polo que non se trata exactamente dun reencontro agradable para a maioría dos irmáns Lee e as súas mulleres. Ademais, o señor Lee (o pai) está moi enfermo, case inválido, polo que a súa única diversión é crear pelexas e poñer en evidencia ás persoas do seu redor, polo que se complica aínda máis a xa tensa reunión familiar. Cando un dos Lee aparece brutalmente asasinado, Poirot deberá descubrir a identidade do autor do crime.

O primeiro que me agradou e sorprendeu positivamente (e que realmente é o mellor da novela, sen dúbida) é a forma tan diferente de ser narrada con respecto ao resto das obras de Christie: en lugar de contar o que ocorre dende o punto de vista de Poirot ou dalgúns dos protagonistas, a autora limítase a describir diferentes escenas entre cada un dos matrimonios protagonistas durante a primeira metade da novela, sempre e cando teñan relación co argumento desta; unha conversación ou escea en cada capítulo. Desta maneira, o lector está enterado do que ocorre incluso antes que o detective belga e os demais sospeitosos, e pode sacar conclusións e movementos estraños que chamen a súa atención.

A partir da metade do libro, isto xa cambia (tristemente, aínda que tamén está ben esta maneira, a "convencional" ou máis típica da escritora de misterio) e vemos a investigación do asasinato e a súa resolución dende o punto de vista de Poirot, con tan só algunha escea intercalada entre outros protagonistas semellantes ás da primeira metade.

En canto ao misterio en si, POR FIN atopo esa esencia de Agatha Christie que nas últimas novelas lidas súas apenas se deixaba entrever. É un asasinato intrigante polas circunstancias de odio similar nas que se produce e pola forma peculiar (unha vez máis) de narrarse. Mestura un roubo cun asasinato (non digo nada máis, xúroo) e a autora introduce pouco a pouco diversas conversas e misteriosos diálogos que fan que nunca esteas seguro da identidade do culpable, pois parece que aumentan as sospeitas sobre alguén ata a seguinte páxina, na que parece que o asasino é outra persoa totalmente oposta. Marabillosa a maneira de soster o misterio en cada momento, aínda que decae un pouco en certas partes.

En canto a esa resolución do misterio, ese final que tanto caracteriza a autora por sorprender a todos e cada uns dos seus lectores, fíxome quedar bastante satisfeita. E se digo "bastante" e non "completamente", é porque (si, non podía deixar unha reseña sen decilo) quizais hai un aspecto que relaciona ao culpable coa razón pola que levou a cabo o asasinato que está un pouco collida por pinzas e non é demasiado lóxica. A pesar disto, considero que é o mellor final que podia dárselle á novela e era mposible que fose máis sorprendente, pois xamais se me pasara pola cabeza esa posibilidade. Un crime planeado con lóxica e intelixencia e cunha gran razón de ser de fondo.

En conclusión, unha boa novela da autora e xénero, bastante arriba no ranking das miñas novelas de Agatha Christie preferidas, pero tampouco é nada fóra do común, na liña da autora.


8 de set. de 2015

Reseña: Pequeñas Mentirosas #5 e #6

 Despois do final tan impresionante e revelador do cuarto libro da saga de Pequeñas Mentirosas ou Pretty Little Liars (podes ler sobre el e os anteriores libros da saga facendo clic aquí), estaba desexando saber como pretendía continuar a historia a autora, xa que no cuarto libro pechara por completo o argumento de toda a saga, resolvendo incógnitas sen razón aparente e sen deixar case cabos soltos que puideran servirlle para saír adiante coas restantes novelas que forman esta serie de 16 libros (e dous complementarios que non pretendo ler). 

Tiña moito medo, ademais, pola simple razón de que Sara Shepard tiña que facelo moi moi ben se quería (como ao final fixo) reabrir todo o xa pechado e resolto polas catro protagonistas no libro anterior e non provocar que todo quedara moi collido por pinzas e para nada creíble, un camiño que ata ese momento PLL non tomara (e agora tampouco, polo menos non de todo, pois hai algo ahí que se salva polos pelos de entrar nesta categoría).

Comecei Malicia, como dicía, con moitas ganas e sen saber que esperar exactamente, pero xa vin dende o inicio que ese ía a ser un libro meramente introductorio dese "novo ciclo" de libros cunha trama distinta e que se trataba dun libro de transición entre o cuarto e o sexto.

Gustoume que, realmente, tivera sentido que o acusado do asasinato de Ali non fose o culpable realmente (ou eso parece de momento), que houbera razóns nas que basarse para negalo e que non fora, simplemente, que alguén recordara algo de súpeto e sen ningunha explicación (como de feito foi a proba incriminatoria para ese acusado). En canto ao rexurdir inesperado e gratuito dun novo "A", xa non me fixo tanta gracia, pois parece que os acosadores saen de debaixo das pedras, quero dicir, xa é difícil que alguén fixera o que "A" levou a cabo nos catro primeiros libros da saga como para que outro repita exactamente o mesmo nos catro seguintes: ou hai un Equipo A no que todos en Rosewood (ou uns poucos) están compinchados ou me enfado coa autora e saga, pero teño esperanzas.

Sobre o quinto libro non teño moito máis que dicir, a verdade, porque é como digo un libro de transición, aparte de que me encanta a nova trama de Hannah e que Aria está facendo unhas cousas moi raras e sen vir ao caso, debido, ou eso parece, a que a autora non sabe moi ben en que problema ou dificultade metela: non deixa de coñecer a rapaces (ou non tan rapaces) cos que ten romances ocasionais e curtos que se acaban convertindo en posibles asasinos de Ali. 

En resume, que non saquei unha opinión en claro do quinto porque realmente non ocorre nada novo (aínda que me gustou) así que paso directamente coa sexta novela da saga: Confidencias.

Este libro enganchoume moitísimo dende o primeiro momento, pois as tramas individuais de cada unha das catro amigas protagonistas deron varios xiros e puxéronse realmente interesantes, pasando ao punto máis negativo e preocupante destas. A trama de Hannah, como dixen, e a de Spencer son as que máis me están gustando e interesando e vexo moitísimas posibilidades en xogo (aínda que non estea moi dacordo coa "nova condición" de Spencer, non sei como dicilo para non spoilear, porque unha vez máis está un pouquiño collida por pinzas.) En canto á investigación e ás persoas nas que se centran as sospeitas, estou realmente contenta, pois a autora deu un xiro e buscou unha historia novedosa, diferente, creíble e cun móbil para asasinar a Ali que ademais pasa por unha trama perigosa, con emoción, e que che deixa en vilo. Moi ben. 

Ademais, podemos ver en A unhas diferenzas claras con anterior A e como o mobil polo que actúa e o perfil segundo o cal o fai, son bastante diferentes aos anteriores, polo que quedei contenta, ao ver que a autora non se limitara a copiar o traballo anteriormente xa feito. 

O que non me acaba de gustar é o feito de que certos descubrimentos que as protagonistas fan, ocorren por casualidade ou porque A lles da unha pista de a onde deben ir e xusto algo pasa nese intre exacto. Un pouco casual de máis... Pero bueno, que esto é xa un aspecto a resaltar poñéndome extra-crítica e que en realidade non me molestou demasiado.

En canto ao inesperadísimo final do sexto libro da saga, estou impaciente para ler a seguinte parte da historia e ver como continúa e se realmente ocorre o que eu creo que ocorre. Espero que si, porque, a verdade, sería un sopro de aire fresco na trama e gustaríame ver como se acaba solucionando...

En resume, que ambas novelas me gustaron moito, sobre todo a sexta, que abre novas posibilidades e camiños na trama, dado que o quinto libro da saga é, máis que nada, un libro de tránsito entre o cuarto e o sexto, aínda que me gustou igualmente. Sigo adiante coa saga, moi contenta, ilusionada e con esperanzas de triunfo.

6 de set. de 2015

Top 5 novelas de Agatha Christie


Como seguro que saberedes se sodes lectores habituais do meu blog literario, Agatha Christie é unha das miñas autoras preferidas, cuxas novelas de misterio e asasinatos disfruto moito ao tratarse dun dos meus xéneros preferidos, sobre todo se contan co detective Hercules Poirot como protagonista (Miss Marple, a outra protagonista das súas novelas nunca acabou de convencerme), polo que hoxe vos traio a lista dos 5 libros de Agatha Christie que máis me gustaron ata o día de hoxe para que saibades por onde comezar se nunca lestes nada da autora ou por onde continuar se si que o fixestes. Quero decir, por último, que dudei moito para elixir só cinco libros desta escritora, e quero facerlle unha mención especial a dous deles que non aparecen no Top e que tamén me encantaron, Cartas sobre la mesa e Cianuro espumoso, sobre todo o primeiro. 

Coma sempre, a orde na que se presentan os títulos é completamente aleatoria.

  • O Asasinato de Roger Ackroyd.




Esta foi a primeira novela da autora que lin, coa idade de 11 ou 12 anos, no maior apoxeo do xénero detectivesco entre as miñas lecturas. O meu exemplar está en galego e é da editorial Galaxia, pero non puiden atopar a portada en Internet por ningunha parte. Recordo que me impresionou tantísimo o final e a identidade do asasino (que sigo recordando a día de hoxe e que segue sendo o final máis impresionante da autora que xamais lin e un dos máis impresionantes de calquera das miñas lecturas en xeral) que non puiden deixar de falar do libro en semanas. Foi unha novela que me mantivo en vilo durante todo o tempo que durou a súa lectura e que se atopa entre os meus libros favoritos de Christie sendo, case con seguridade, o meu preferido da autora.

Sinopse: Na ficticia cidade de King´s Abott, a señora Ferrars suicídase tras anos sendo víctima de chantaxe tras asasinar ao seu marido, deixando unha carta na que figura o nome do extorsionador ao home que ela amaba, Roger Ackroyd. Pero antes de que este poida chegar a descubrir o nome do suxeito, é asasinado. Hercules Poirot e o seu bo amigo Hastings investigarán o sucedido e descubrirán dunha vez por todas quen é o chantaxista e asasino que permanece no anonimato, todo isto narrado por un habitante do pobo, o doctor Sheppard.



  • Asasinato no Orient Express.






Tras o éxito da anterior novela entre as miñas lecturas, rapidamente me dispuxen a comezar a lectura de Asasinato no Oriente Express (tamén en galego e cun exemplar da editorial Galaxia que tampouco puiden atopar por ningures). Este é sen dúbida o libro da autora con máis fama e recoñecemento e, se ben a min non chegou a gustarme tanto como a novela anterior, tamén me intrigou unha barbaridade e me sorprendeu co seu final, aínda que tampouco chegou ao nivel da sorpresa acadada coa identidade do asasino de Roger Ackroyd, xa que descubrín o final unha páxina antes de sernos resolto o asasinato. Aínda así, outro libro moi moi recomendable da autora e que tamén me encanta.

Sinopse: No tren no que viaxa o detective Hercules Poirot, atópase o cadaver dunha persoa asasinada con doce puñaladas mentres dormía, uns compartimentos máis alá de onde o facía, á súa vez, Poirot. Este, comeza a investigar para, unha vez máis, resolver un misteriosísimo crime.



  • O misterio da guía de ferrocarrís.




 


Esta vez si que puiden mostrarvos a edición na que levei a cabo a súa lectura, esta colección xa antiga con todas as obras da autora e en cuxos exemplares lin a maioría dos títulos. Esta novela de Agatha Christie é un pouco diferente ás demais, xa que, en lugar do asasinato dunha persoa nun recinto pechado e cun número reducido de posibles sospeitosos, preséntasenos un asasino en serie que mata seguindo unha orde alfabética e (polo menos en principio, non o recordo) ao azar. Foi unha novela que tamén me enganchou e da que non esperaba o final para nada, aínda que non estou segura a día de hoxe da identidade do culpable, pois pasaron uns cuantos anos dende que lin o libro, Outra gran recomendación da autora.

Sinopse: Poirot recibe unha carta firmada por un tal ABC na que lle conta que vai levar a cabo unha serie de asasinatos seguindo unha orde alfabética, Todo comeza coa morte de Alice Asher en Andover, continúa con Betty Beshnar en Bexill-in-sea e comeza a complicarse con Carmichael Clarke en Churston. Todos estes corpos aparecen acompañados por unha guía de ferrocarrís ABC. Poirot investigará este misterioso caso coa axuda do seu (adorado por min) amigo o doutor Hastings. 


  • Dez negriños. 



Este é un libro de Agatha Christie que tamén conta con gran sona entre as súas novelas pero que, a verdade, tardei bastante tempo en ler, antepoñendo moitos títulos da autora a este. A verdade é que me gustou moito, cun final tamén sorprendente (coma sempre), aínda que o que máis intrigante e misterioso me pareceu foi a ambientación, o lugar e circunstancias onde se desenvolve todo. Tamén me pareceu moi moi interesante que a novela estea basada nunha canción infantil moi coñecida en Inglaterra e a forma na que ocorren as mortes e as razóns polas que pasan. Ademais, é unha novela bastante novedosa entre as de Christie polo feito de que non hai un detective investigando o caso.

Sinopse: Oito persoas reciben unha invitación para pasar as vacacións nunha illa situada na costa inglesa. Nesa invitación, detállaselles a cada un as circunstancias nas que o anfitrión di que os coñeceu, situacións que para todos son familiares pero non recordan con exactitude. Todos chegan á illa, na que non se atopan os anfitrións como eles pensaban, pero si uns criados para servilos a todos. 
Tras a cea, escoitan unha grabación na que todos son acusados de provocar unha morte a alguén, algo que todos negan, e díselles que comezarán a ser asasinados como castigo. Dende entón, todos comezan a morrer un a un en estrañas circunstancias.



  • Cita coa morte.


Cita coa morte é un libro de Agatha Christie moi peculiar, debido a que, por unha vez, non se trata dun asasinato sorprendente ou sen posibles sospeitosos, sen ningún personaxe que quixese matar ña vítima, senón que todas as persoas nomeadas na novela odian e desexan a morte da asasinada. Ademais, todo ocorre nunha viaxe turística, lonxe da "civilización" e en circunstancias estrañas. 

Sinopse: Nunha viaxe por Oriente Medio, Poirot conincidirá coa familia Boynton, formada pola señora Boyton e os seus fillos, nos que exerce unha inmensa e desproporcionada influencia a pesar de ser estes maiores de idade e ter formado xa, en varios casos, unha familia propia. Cando a señora Boynton aparece morta, todos serán sospeitosos de asasinato e Poirot deberá interrogar a cada un deles.

22 de ago. de 2015

Reseña: Perfección (Saga Traición 02)



Este mes de Agosto decidín rematar as sagas e triloxías que comezara no mes de Xullo, para evitar a acumulación de lecturas e o esquecemento de tramas, un sistema que me está gustando bastante e que creo que seguirei levando a cabo nos seguintes meses tras unha implantación exitosa. O primeiro libro que supón unha continuación de sagas iniciadas, é Perfección de Scott Westerfield, cuxa primeira parte, Traición, reseñei o mes pasado (clica aquí). 

Resumindo as miñas impresións desa primeira novela, non estaba demasiado contenta nin decepcionada, simplemente me deixara indiferente e cunha sensación de desconcerto ao non percibir por ningures esa orixinalidade da que se falaba polos blogs e canais de youtube literarios. A pesar de que o libro non me apasionara, era entretido e acabara dunha forma moi moi intrigante, polo que xa tiña decidido ler a segunda parte e, cal foi a miña sorpresa, ao notar un brusco cambio na historia e acontecementos desta, sendo moito máis orixinal (onde vas a parar) e mellor que Traición, a pesar de tratarse realmente dunha novela de transición entre a primeira e terceira parte da triloxía.

O libro comeza onde terminara o anterior, dunha forma que non podo contar, pero simplemente direi que o escenario, o lugar onde ocorre todo, non é o mesmo que na primeira parte para nada, trátase un lugar que os lectores nunca chegamos a ver de todo, de forma que é moi novedoso e positivo para a novela. Aproveitando isto e as circunstancias nas que comeza Perfección, podemos saber moito máis, xa non sobre o funcionamento do sistema, senón sobre a forma de vida dos perfectos e os cidadáns en xeral ademais da tecnoloxía coa que contan e as relacións entre os habitantes neste mundo distópico. Coñecemos, ademais, novos personaxes e amigos de Tally e Shay, algo bastante positivo e necesario para a segunda novela, que ademais me deixaron bastante satisfeita, se ben non é nada do outro mundo.

A forma na que remata a primeira parte é moi intrigante e inesperada, polo que devorei o principio deste segundo libro con ansia para descubrir o ocorrido e foi, a verdade, moi sorprendente (positivamente) e conseguiu que quixese seguir lendo para descubrir o desenlace.

Na novela nárrasenos unha viaxe, un traxecto no cal coñecemos un pobo que vive como os preoxidados (os homes prehistóricos, máis concretamente do neolítico) que resulta ser algo diferente ao que nun principio pensamos e abre unha trama, que supoño que continuará no seguinte libro, con moitas probabilidades de éxito no que a min respecta.

O único que podería quizais criticar de Perfección, é o seu final, que é o que provoca maioritariamente que poidamos tildar esta novela como de transición, pois da a impresión ao lector de que non se avanzou nada, que sempre volvemos atrás e que todo o vivido non serviu, realmente, para ningún fin. Ademais, ocorre de forma moi precipitada, demasiado precipitada, aínda que tamén deixa o final, ao igual que na primeira novela, aberto e con posibilidades.

Conclusión: Con ganas de continuar coa seguinte parte da triloxía, grazas á melloría da segunda novela respecto á primeira e o chute de enerxía e ganas de descubrir o esperado desenlace que me provocou.

21 de ago. de 2015

Reseña: Amsterdam Solitaire



Fernando Lalana creou unha serie de libros de misterio xuvenís protagonizados polo detective Fermín Escartín, que conta actualmente con catro títulos. Eu non recordo se só lin La tuneladora ou tamén realicei a lectura de El caso Galindo (si, é moi raro e moi triste) pero si que me lembro do moitísimo que me gustara o primeiro deles. Encantárame, a verdade, hai uns dous ou tres anos, cando levei a cabo a súa lectura, polo que cando atopei Amsterdam Solitaire, decidinme a lelo de inmediato.

Nesta novela, trátase o tema das estilográficas e o seu valor monetario e profundízase no mundo dos grandes coleccionistas, debido ao roubo da estilográfica máis especial, cara e única do mundo pese ás medidas de seguridade coas que contaba. Fermín Escartín deberá investigar o ocorrido.

A verdade, a novela decepcionoume bastante. O recordo que gardaba de La tuneladora era moi positivo. Parecérame un libro intrigante, misterioso e moi entretido e rápido de ler, que contaba ademais cunha trama interesante e ben levada, sen cousas collidas por pinzas. 

En cambio, Amsterdam Solitaire é un desastre. En primeiro lugar, o nó da historia comeza máis adiante da metade do libro, polo que practicamente o 75% da novela son o plantexamento e a introducción. Ademais, o misterio non ten ningunha intriga e é moi simple, sabéndose ademais, facilmente, a identidade do/s culpable/s.

Na súa defensa, debo dicir que toda a historia da creación da pluma estilográfica e os datos sobre ese mundo que se nos dan ao comezo da novela son moi interesantes e entretidos, pero esa parte do libro non é proporcional ao resto, sendo a lonxitude da novela demasiado curta ou esa introdución demasiado longa.

Hai ademais actitudes por parte dos personaxes e acontecementos algo forzados e que mais ben poderían pertencer a un libro de literatura infantil e que non me recordan para nada ao outro libro que lera (debo advertir que pode ser producido polo tempo que pasou dende a súa lectura e/ou a idade que tiña cando o fixen) e que me decepcionaron un montón. Igual pode ser interesante para lectores entre os 11 e os 13 anos, aínda que non son moi partidaria de recomendar libros por idades, pois creo que depende máis ben da persoa que vaia a realizar a lectura.

Conclusión: Non teño moito máis que dicir, pois é un libro moi curtiño e rápido de ler, simplemente os puntos que comentei con anterioridade que fixeron que non me apasionara esta lectura, moi pouco traballada e moi sinxela para min, que non me conseguiu convencer para nada.

8 de xul. de 2015

Reseña de Pretty Little Liars 4: Unbelievable



Este mes de Xullo decidín retomar a saga de Sara Shepard "Pretty Little Liars" ou "Pequeñas mentirosas" de cuxos tres primeiros libros xa fixera reseñas (facendo clic aquí, aquí e aquí) polo que lin o cuarto libro da saga, Unveliable, e esta vez fíxeno en inglés. Debo dicir que non é para nada difícil a comprensión dos libros de Pequeñas mentirosas neste idioma, e que é unha boa opción coa que comezar facelo.

Neste cuarto libro da saga, continúa o argumento onde quedara na terceira parte, dunha forma, por certo, superintrigante e moi moi misteriosa. Se xa nas anteriores entregas da saga podíamos atopar misterio, nesta vai a saírnos polas orellas, pois as diferentes historias que se narran e desenrolan a saga ademais da principal (unha por cada protagonista) están no seu punto máis difícil para Aria, Hannah, Emily e Spencer, cada unha por separado. Non podo contar moito porque faría moitísimos spoilers pero simplemente direi que todo lles vai moi mal a todas ata un límite ao que nunca chegaran (e iso que sufriran xa bastante antes deste cuarto libro da saga) e logo a situación mellora.

Un dos personaxes (non vou dicir cal) sufre un accidente e perde parte dos seus recordos, olvidando algo moi moi importante (non vou dicir que) para a trama do libro. Pareceume un pouco collido por pinzas, non vou mentir, ao igual que ese "algo" do que xa falei na reseña do terceiro libro que tamén olvidara Spencer. Non sei que lle pasa a Sara Shepard que sempre recurre a estes fallos de memoria, algo que, na miña opinión, hai que saber tratar moi ben se non queremos que pareza pouco creíble, 
e, aínda que non vou dicir que este fora o caso, tampouco quedei de todo satisfeita: si, non foi unha fantasmada e foi creíble, pero preferiría que non tivese usado ese recurso.

En Unveliable, descóbrese a identidade de "A" por fin (non esperaba de todo que se tratara desa persoa, pero tampouco me pillou por sorpresa, debo dicir) e o presunto asasino de Ali. Non me gustou que se tratase desa persoa, pero creo que non é o verdadeiro culpable, basicamente porque son máis de dez libros os que conforman a saga de Pequeñas Mentirosas e a autora non tería sobre que escribir, polo que me dou por satisfeita sempre e cando isto ocorra e Sara Shepard atope un culpable mellor.

Ao final, dise que, aínda que agora xa se sabe a identidade de "A", apareceu outro novo "A", alguén que tomou o relevo no acoso ás amigas que protagonizan esta saga. Esto si que podo dicir que me decepcionou pois, aínda que non quería máis libros sen "A", tampouco quería esta mala saída do paso da autora, sacando un as da manga. Se queres que "A" siga aparecendo na novela, non o fagas desaparecer!!! (non vou dicir como, tampouco)

Conclusión: Pouco máis que dicir, excepto que me segue gustando como se vai desenrolando a saga e que espero que Sara Shepard non estropee a saga cun ese "cambio de A" que levou a cabo. Expectativas bastante altas.

16 de maio de 2015

Reseña de Pequeñas mentirosas 3: Venganza


Como xa facía tempo (relativamente) que lera as dúas primeiras partes da saga (reseñas clicando aquí e aquí) decidín ler xa a terceira parte de Pequeñas mentirosas, por que si tardaba algo máis, olvidaríame de onde acabara a trama.

A terceira parte da saga "Pequeñas mentirosas", continúa coa historia e personaxes que coñecíamos das dúas primeiras partes, cunha intriga, se cabe, maior, xa que se lle descubren ao lector novos segredos, novas mentiras e hai tramas que se abren e outras que se cerran. 

Mentres que o segundo libro é máis unha continuación do primeiro, con Venganza a autora introduce novas intrigas, pistas e indicios, de maneira que as catro amigas protagonistas están máis cerca de coñecer a identidade de "A" (o de máis cerca é en apariencia, xa que forman a saga 16 libros, polo que hai misterio para rato...) e pecha algunhas das dúas primeiras partes como a relación Sean-Hannah ou o relacionado con Jeena e o seu accidente. Prodúcese un avance importante na trama e "A" pasa a levar a cabo as ameazas ás que sometera a Aria, Hannah, Emily e Spencer polo que vemos como todo o que estas temeran que ocorrera nos libros anteriores pasa; é un libro máis práctico e menos teórico que os anteriores.

Tamen se relacionan sucesos coa desaparición e morte de Ali que sempre estiveron aí e nos que ninguén se fixara e as cousas comezan a encaixar (a propia autora, Sara Shepard, di nos agradecementos que este libro foi máis complexo á hora de escribilo que os anteriores pois tiña que facer que todas as pezas encaixasen).

Aínda que se pecha unha parte da trama, ábrense varias, polo que o final é moi moi moi imtrigante e desexo ler xa o cuarto libro de Pequeñas mentirosas: Rumores.

O único punto negativo que quizais vexo en Venganza é que unha das protagonitas comeza a recordar cousas que a súa mente olvidara por ser malos recordos. Considero que a autora non sabía por onde saír e como seguir e se lle ocorreu iso, porque non é demasiado realista e está collido un pouco por pinzas. Por sorte desenrolouno ben, porque podería ter sido peor. Outra cousa que non me gustou foi a relación Aria-Ezra, porque comeza a aburrir un pouco e a recordarme a Jace e Clary de Cazadores de Sombras coa súa pesada e aburridísima relación. Non me decepciones, Sara Shepard!!!

Conclusión: Coma sempre, moi ben. Sigo adiante coa saga.


14 de maio de 2015

Reseña: El capitán Alatriste



"El capitán Alatriste" non é precisamente un libro cuxo tema sexa común entre as miñas lecturas, pero tiña que lelo para o instituto, polo que aínda que non quixese tería que facelo igualmente. De todas maneiras, si ben non o estaba desexando, tampouco o comecei con idea de que non me ía gustar nin sen ganas, simplemente non tiña expectativas de ningún tipo. 

El capitán Alatriste é o primeiro libro da saga do mesmo nome e conta a primeira aventura de Diego Alatriste, na que deberá cumplir un misterioso encargo entre conspiracións, emboscadas etc.

A sensación xeral ao ter acabado o libro é boa. Gustoume bastante, non me aburríu e hai na obra varios aspectos moi positivos baixo o meu punto de vista. En primeiro lugar, está moi ben contada a historia (cun narrador en primeira persoa) pois non profundiza en partes pouco importantes e explícanse aspectos da época con importancia para entender todo o que ocorre no libro. Ademais, unha cousa que creo que foi clave para que tivese unha boa opinión de El Capitán Alatriste, foi o feito de que aparecesen personaxes reais da historia de España (escritores, pintores, membros da familia real...) como Francisco de Quevedo ou Lope de Vega. Como estou dando en clase de Literatura Española precisamente a biografía e obras destes autores, foime moi útil e gustoume moito que fosen parte da obra, porque ademais ao ser detalles reais e históricos, interesáronme moito. O libro non se fai longo e ten un bo final que non queda pechado pero tampouco de todo aberto (polo que non é necesario seguir coa saga, eu non teño pensado facelo).

Os capítulos teñen un bo tamaño porque, a pesar de ser longos, tampouco se fan eternos e os demais pequenos pero importantes detalles como a edición do libro (tapa branda con solapas) están moi ben, sen pega algunha.  

Conclusión: Non é un libro do meu estilo. polo que non seguirei coa saga, pero a pesar diso gustoume, polo que creo que se me encantaran os libros de aventuras desta clase, tería atopado uns bos libros que ler.


3 de maio de 2015

Book Tag #1: Os odiados






1. Personaxe masculino que menos che guste.



Despois de pensar moito para facer este Tag, cheguei a unha conclusión: caenme peor, polo xeral, os personaxes femininos que os masculinos. Por esta razón, non se me ocorría un personaxe que verdadeiramente non me gustara ata que recordei a Álex, da triloxía Delirium. No primeiro libro encantoume, pareceume un amor, e caíame xenial, tanto el, coma a protagonista, Lena. Pero no segundo libro, ao igual que cambia a trama da triloxía, cambia o personaxe e vólvese un auténtico idiota e de súpeto é moi pouco razonable e incluso unha mala persoa. Cando termina o primeiro libro, parece que Álex está morto, polo que Lena atopa a outro xoven (Julián) que comeza a gustarlle. De repente, Álex reaparece e enfádase con ela, non lle fala e, cando o fai, trátaa fatal. Para colmar o vaso, Lena perdónao despois do mal que se portou, e no libro nin sequera aparece unha escena na que se arrepinta dos seus actos. Co ben que me caía ao principio e co moito que me gustou a saga Delirium, dame pena o que ocorreu con Álex.



2. Personaxe feminino que menos che guste.


Hai varios personaxes femininos que non me chegaron a gustar de todo ou me deixaron algo indiferente (como Katniss de Los Juegos del Hambre) pero que realmente odie, non hai moitos. A única que creo que pode cumprir o requisito desta pregunta é Clary de Cazadores de Sombras porque, aínda que nalgunhas ocasións a autora o fai ben con ela, xeralmente creo que está apampanada e que ademais non é un personaxe activo ou valente, senón que parece a típica muller á sombra do protagonista masculino (Jace) e que se preocupa de cousas moi superficiais, como se Jace a quere ou non (algo que está ben e interesa unha, dúas, tres ou vinte veces pero que a partir de aí xa farta) e non usa demasiado a cabeza. Non me gusta nada, nada, nada e, a cada libro que lía, me gustaba menos.

3. Malvado máis odiado.


Quizais o malvado máis odiado é Sebastian de Cazadores de Sombras dado que, non só ten as características que máis se odian nun enemigo dun libro, como son a capacidade de manipular e enganar por completo aos personaxes e protagonistas, senó que volve unha e outra vez e cando parece que foi vencido, regresa de novo. Non teño moito máis que dicir del, aparte de que é unhas das poucas cousas que me gustaron da saga á que pertence.


4. Portada máis fea dos libros que leras.


Aínda que hai moitas portadas feas de libros que lera, creo que vou falar das portadas da saga "Pequeñas Mentirosas" en xeral (todos os libros teñen practicamente a mesma portada) dado que é unha saga que aínda estou lendo e, polo tanto, teño recente. Refírome ás portadas orixinais (a que vedes se facedes clic no nome da saga, que vos levará á súa reseña, ou na imaxe do lado) e non ás novas que foron creadas coas fotos das actrices da serie televisiva do mesmo nome basada na novela. O que podemos ver en cada unha das portadas é unha boneca semellante á Barbie que pon os pelos de punta e que non ten absolutamente nada que ver con "Pequeñas Mentirosas" (polo menos literalmente, non sei de forma metafórica como podería entenderse). Non sempre se trata da mesma, cambia a cor do pelo e a cara en sí de cada libro, e unhas son peores ca outras. Nos primeiros títulos da serie, polo menos as sinistras bonecas aparecen de lonxe, pero a partir do quinto, sae nun primeiro plano. En realidade, non sei cando darán máis medo, aínda que persoalmente as que menos me gustan son a do primeiro libro e o primeiro plano da que sae na portada do sétimo, con eses ollos azuis tan falsos e horripilantes.


5. Parella que menos che gustara.



                                                             

Non vou dicir Jace e Clary de Cazadores de Sombras porque xa falo da saga máis abaixo e de Clary na segunda pregunta , pero quedo coas ganas, (ao comezo da serie, era unha relación interesante e con certa emoción polo amor prohibido, pero chega a un punto de resultar moi moi cansino). Vou facer trampas e dicir dúas parellas dado que ningunha delas me desgustou tantísimo, simplemente non a crín para nada no primeiro caso (Harry e Giny de Harry Potter) e non me gustou por razóns que direi a continuación no segundo (Tita e Pedro de Como agua para chocolate).

Harry Potter e o meu libro e a miña saga favoritos dende que o lin e para sempre xamais, de feito os libros que conforman as súas sagas son os que máis veces lin, tanto a saga enteira como os libros de forma independente e solta. A pesar disto e de que non atopei 
ningún tipo de detalle que cambiaría na historia, si hai algo que non me acabou de convencer de todo: a relación entre Giny e Harry. Aínda que odiei máis o que houbo entre Harry e Cho, non a considero unha parella, xa que deixaron o que sexa que tiveron tan rápido e tan de repente e sen sentido como o comezaron. Tras esta breve... relación?, Harry comezou a saír coa irmá do seu mellor amigo Ron, Giny, pero todo ocorreu sen unha "introdución" nin nada semellante, é dicir, de repente, e o noviazco en si non tivo nin pasión, nin amor, nin nada e non me pareceu nin creíble, nin interesante, nin nada. A saga de Harry Potter merecía algo moitísimo mellor, aínda que podía terse feito moitísimo peor, tamén o hai que dicir.


En canto a Tita e Pedro de Como agua para chocolate, o que fixo que acabasen nesta categoría foi algo totalmente diferente. Ao comezo da novela, ambos se gustan e queren casarse pero por unha serie de problemas Pedro acaba sendo o marido da irmá de Tita, polo que deixan de ter o que tiñan e máis cando ela se vei en certo punto do libro e están separados. Neste tempo de distancia, Tita coñece a alguén que eu adoro e creo que pega moito moito máis con ela, pero, a pesar de que Pedro non lle fai nin caso e a traizoa (entre outras cousas) ela elíxeo a el. Non entendín porqué e non sería o que eu fixese no seu lugar nin de broma: non me gusta nada esa parella, mellor dito, non me gusta Pedro para Tita, e paréceme unha pena que non haxa unha mellor parella para ela sendo un libro tan bo e que tento me gustou (a pesar de pertencer ao xénero de realismo fantástico, que non me vai moito).





6. Libro que pensaches que non che gustaría e que ao final che gustou moito.




A avaliación pasada tiven que ler como libro obrigatorio para Lingua Galega e Literatura "A Sombra Cazadora" de Suso De Toro. Non daba nada por el, sinceramente, e pensei que ía ser horrible e que o ía ler a desgana só por obligación (a pesar de que a sinopse me interesara, non cría que me gustaría). En cambio, xa dende o principio me apasionou o misteri da narración, xa que os protagonistas viven encerrados nunha casa con seu pai, da que non saíron xamais polo que non saben que hai no exterior, e non se conta porqué (de feito eles mesmos non o saben) pero hai alguén que fala no faiado e óense ruídos que proveñen de alí.
Se cando comezase a ler o libro non tivese unhas expectativas tan baixas, igual ( aínda que me gustaría moito de todas maneiras) non me impresionaría tanto nin me apasionaría desta forma, dado que o final non me gustou case nada (porque é un pouco raro e non se entende moi ben, sinceramente, por moito que penses e lle des voltas). Aínda a pesar desto, creo que está moi ben, que ten unha trama moi orixinal e que superou con creces as expectativas que tiña.

7. Final de saga decepcionante.





Sen dúbida algunha, Memorias de Idhún de Laura Gallego. Lin estes libros hai xa uns tres ou catro anos polo que non recordo moito da historia, pero si que o final me decepcionou moito (ao igual que a moitos dos fans da autora) e que fixo que acabara o último libro cunha gran decepción, xa que despois de ler os dous primeiros libros da triloxía, que me encantaron, esperaba bastante máis. Tamén destaco, iso si, que o terceiro libro se foi moi longo e pesado durante todo o libro e non só no final, e iso que eu adoro os libros longos con moitas páxinas, pois este conta con 942 e, na maior parte delas, non ocorre nada e dáselle voltas ás mesmas cousas unha e outra vez ata chegar a un punto insoportable.
A pesar destes fallos na terceira parte, gardo moi bo recordo desta triloxía.


8. Peor libro que leras.






Puuuf, non teño nin que pensalo, O Pazo Baleiro de Xabier p. Do Campo. Non esperaba xa nada del cando o comprei e ao comezar a ler, e non tiña ganiñas ningunhas de iniciar a súa lectura, pero tiña que facelo para o instituto de forma obrigatoria. Resumindo o que dixen na súa reseña non seu momento acerca de porque me desgustara tantísimo: non ten case case argumento, lento, demasiada introdución e case inexistentes o nó e o desenlace, a idea do libro non é (para nada) novedosa e hai demasiadas "casualidades" que axudan aos personaxes. Por último, e como guinda, unha narración, na miña opinión, moi pesada.




9. Libro que está de moda e que a ti non che gustou.







Vou dicir unha saga e non un libro, e é sen dúbida algunha Cazadores de Sombras (as reseñas que publiquei cando a lin pinchando aquí e aquí). Todas as persoas que coñezo que o leron din que é marabillosa e que engancha, as personaxes son xeniais etc... Pero eu non encontrei nada deso por ningunha parte: pareceume aburridísima, repetitiva, ningunha emoción, esceas previsibles e finais malos. Ademais, faise moi longa, sóbranlle libros, pois os primeiros aínda son algo entretidos e orixinais, pero a partir do terceiro, sobre todo, fanse repetitivos, densos, sen emoción... Non ten nada que ver coa súa precuela (Cazadores de Sombras, el Origen) que é xenial e entretida.

29 de abr. de 2015

Reseña: Café sólo

Como tiña uns días soltos entre dúas lecturas (entre que acabei unha e comezaba a ler outra) decidín ler "Café sólo" de Agatha Christie, dado que era moi cortiño, de feito soe venderse xunto co outros dous relatos formando un único libro, aínda que neste caso estaba de forma individual.
En realidade, Café sólo, non é unha novela policiaca senón unha obra de teatro deste xénero escrita por Agatha Christie no 1930, pero  vintedous anos máis tarde, foi novelizada polo escritor Charles Osborne.

Conta a historia de Sir Claude Amory, un científico que descubriu unha fórmula para crear un poderoso explosivo. Esta é roubada por algún dos hóspedes ou familiares que se atopan na súa casa, algo que el sabe, polo que os reune a todos na biblioteca e apaga as luces coa intención de que o ladrón deixase o papel coa fórmula enriba da mesa e coa promesa de que non se descubrirá a súa identidade nin haberá represalias. Cando a luz se acende. Sir Claude Amory está morto e Hercules Poirot deberá descubrir porqué, se ten relación co roubo e cal é a identidade do asasino.
A novela gustoume moitísimo porque o feito de que sexa tan corta é un punto moi positivo xa que fai que o caso non se extenda moito, e que non haxa que recurrir a finais pouco creíbles. Pero o punto que fixo que realmente ame está novela foi o feito de que todo ocorre na mesma habitación, non se narran sucesos que pasan fóra. Moitos dos acontecementos non os presencian Hercules Poirot nin Hastings (que tras o seu casamento reaparece!!) polo que non estás perdido entre as cavilacións de Poirot. Por último, falar do final: moi moi creíble, nada de pistas fantasma que aparecen de repente e xusto no momento preciso nin nada semellente. Moi ben.

Conclusión: Dos mellores da autora e xénero.


24 de abr. de 2015

Reseña de Pequeñas mentirosas 2: Secretos


E aquí traio a reseña de "Secretos", a segunda parte de "Pequeñas mentirosas", da que xa fixen reseña. O primeiro libro acaba cunha revelación moi sorprendente e cun final aberto, polo que quixen comezar a lectura de "Secretos" enseguida. 

"Secretos" profundiza máis nas historias persoais de cada unha das amigas (Hannah, Aria, Emily e Spencer) en lugar que no segredo que comparten as catro, polo que coñeces máis aspectos das catro e entendes mellor reaccións que teñen ante as ameazas de "A" e outras situacións. Ademais, escenas e personaxes mencionados na primeira parte da saga pero aos que non se lles deu moita importancia ou que non aparecen en "Pequeñas mentirosas", como a visita do pai de Hannah, que fai que ela reviva a experiencia da súa última visita, aínda que dunha forma un pouco distinta, fan que entendas todo mellor e que descubras novos datos. 

Neste libro, os personaxes evolucionaron con respecto á primeira parte e preocúpanse máis dos seus propios problemas e segredos e de se son contados ou non. Ademais por fin comezan a confiar unhas nas outras. Na serie de televisión basada na saga de "Pequeñas mentirosas", Hannah, Emily, Spencer e Aria volven a ser amigas inmediatamente despois da volta desta a Rosewood e das ameazas de "A". Paréceme moito máis lóxico que se unan entre elas ao pouco de que todo isto ocorra e non que esperen tantísimo como no libro, a pesar de que foi así como o decidiu Sara Shepard. 

Isto é unha crítica un pouco perfeccionista de máis, pero é que polo demais non teño nada que comentar do segundo libro da saga, dado que, polo menos de momento, a autora estao facendo moi moi ben: o libro segue conservando interés, intriga, non se centra en cousas sen importancia e vai ao gran, sen tampouco asoballar con moitos datos. Introduce novas tramas cando debe, creando interés para que non se aburran os lectores e acaba cada libro cunha carta de "A" (algo que me olvidei de comentar na primeira reseña) que abre novas dúbidas despois de cada parte de "Pequeñas mentirosas". Un moi bo toque.

Conclusión: Sigo moi ilusionada pola saga. Sen dúbida sigo moi intrigada e con ganas de descubrir todas as incógnitas que a autora vai deixando abertas. MOI CONTENTA.

21 de abr. de 2015

Reseña: Pequeñas mentirosas





Un día estaba por internet buscando algunha serie que me interesara para comezar a vela, cando recordei "Pequeñas mentirosas" . Eu nunca vira esa serie (de feito non sabía nin de que trataba) pero sonábame de oílo. Vin os cinco primeiros capítulos e non só me gustaron: ENCANTÁRONME así que decidín ler a saga na que estaba basada, a pesar de que ao principio me tirou un pouco para atrás o feito de que a formen nada máis e nada menos que catorce libros.

Conta a historia de cinco rapazas (Alison, Aria, Emily, Hannah e Spencer), ricas, (polo menos case todas, hai unha ou dúas de clase media-alta, en realidade) que se fan moi amigas a pesar de que son totalmente diferentes e que, realmente, o único que as une é Alison, unha rapaza moi popular é á que todos envidian. Un día, celebrando unha festa de pixamas na casa dunha delas, Alison desaparece. A historia que conta esta saga é como as catro amigas restantes se separan e deixan de falarse tras este suceso e como volven a unirse tras ser atopado o cadáver de Ali tres anos máis tarde da súa desaparición. Todo parece relativamente normal, pero as catro amigas gardan un segredo que non lle contaron a ninguén e que Alison tamén sabía e, misteriosamente, un tal "A" comeza a mandarlles SMS e e-mails amenazando con contalo xunto con varios segredos máis.

Visto así, a sinopse e a trama poden parecer absurdas, estúpidas ou tontas pero xuro que é un libro marabilloso. Tenche en tensión todo o rato, estás preocupada, intrigada (pois o segredo non se desvela ata o segundo libro) e non podes deixar de ler. Ademais, as historias das cinco amigas cóntanse por separado de maneira que as vas coñecendo e vendo que todas teñen un problema e algo en segredo. Como tamén hai flashback á época na que aínda eran amigas e Ali vivía, ves como pensan sabelo todo dela, cando en realidade é Alison quen o sabe todo das súas amigas, e como esta é unha manipuladora con un aire malvado.

O libro ten unha chispa que adorei, ademais, que é o feito de que te vas dando conta, realmente, de que todos esconden algo, que nada é o que parece. Por outra parte temos a intriga da identidade de "A", porque é algo imposible de descubrir ou sequera imaxinar. Eu non sospeito nin por asomo quen pode ser e desexo con toda a miña alma sabelo. Tamén descubres a medida que avanzas que Aria, Emily, Spencer e Hannah reciben un castigo por cousas malas que fixeron no pasado e non contaron a ninguén, de ahí o título do libro; moi moi moi apropiado, por certo.

En canto á adaptación á serie, eu vin só os 5 primeiros capítulos pero xa me puiden dar conta que os sucesos pasan nunha orde diferente que no libro e que se saltan moitas cousas, de forma que o primeiro libro se resume en só catro ou cinco capítulos. Por iso, recomendo ler os libros e logo ver a serie ou viceversa e non facelo ao mesmo tempo ou ver a serie sen acabar todos os libros porque podes descubrir cousas que non querias saber (pasoume).

Conclusión: Non é unha saga fácil de resumir nin da que se poida falar sen desvelar nada, así que simplemente recomendo miles a súa lectura. Alégrome de tela atopado e estou moi emocionada con ela e con ganas de que se vaian desvelando os centos de misterios de "Pequeñas mentirosas". ENTUSIASMADA.





16 de abr. de 2015

Reseña de Cazadores de Sombras 5: Ciudad de las Almas Perdidas e Cazadores de Sombras 6: Ciudad del Fuego Celestial

 




Siceramente, estou bastante farta de Cazadores de Sombras. No anterior artigo no que falei des ta saga (Esta entrada sobre Cazadores de Sombras 4) dixen que estaba contenta con ela porque, a pesar de que acabara mooooi aburrida e queimada despois do terceiro libro e pasara case un ano ata que lera o cuarto, este último me gustara e recuperara a ilusión. Pois a día de hoxe digo todo o contrario, estou fartísima de Cazadores de Sombras xa que ao principio a trama ten sentido e está ben, pero cando acaba ( no terceiro libro) comezan outra historia diferente sen sentido ningún e, aínda por riba, resucitan a personaxes mortos, aparecen familiares e persoas relacionadas cos protagonistas misteriosamente e xusto cando xa non se sabía cara onde ía tirar a autora... Pero o rey de todos os males é a historia de amor entre Jace e Clary. Vale, ao principio tiña interés ao ser un amor prohibido, pero chega a un punto no que farta dado que Clary non deixa de dudar polo que sente Jace por ela e este non para de dicirlle o moito que lle cambiou a vida e que o fixo mellor etc. E, de verdade que estou moi cansiña de declaracións de amor repetitivas entre os mesmos dous personaxes e que "non poidan vivir sen o outro". 

Outra cousa que fixo que terminase a lectura da saga con mal sabor de boca, é que sempre sexa o mesmo enemigo (Sebastian) o que lles causa problemas e que nunca consigan vencelo definitivamente, sempre fuxe, e volve con un montón de rollos absurdos con el (batallas repetitivas, a obsesión con súa irmá, inmortalidade...) e logo, un día, de repente, morre dunha forma absurda. Se a eso lle sumamos que, en teoría, ninguén pode invocar a un anxo e pasan así toda a saga e que como (na miña opinión) a autora xa deixara de ter ideas de como continuar non deixaban de suceder absurdidades, Cazadores de Sombras parece xa unha telenovela mexicana con medio-irmáns (hainos), padastros e madrastras (hainos), amores imposibles á par que cansinos (hainos), e a mesma trama unha e outra vez, sen pausa e cambios mínimos e absurdos.

Na parte positiva, temos a relación entre Alec e Magnus (un sopro de aire fresco, e un acerto da autora o feito de ter profundizado nela) e a introdución dos nenos Blackthorn e Emma Castairs. A novela comeza cando a súa familia é asasinada a mans de (como non, por enésima vez e sen orixinalidade algunha) Sebastian e dende ese momento, intercala a narración da vida de Clary, Jace, Isabelle e demais cos sucesos con Emma Castairs (sobre todo), Julian Blackthorn e os seus irmáns como protagonistas. Esto achega algo de frescura dado que a maior parte dos lectores (ou polo menos eu) necesitaban algo distinto. 

Moitos lectores (e moitas reseñas en blogs e páxinas web de lectura) din que o final de Cazadores de Sombras é impresionante. Pois eu non lle atopei a impresión por ningunha parte; un final pouco orixinal e repetitivo. O único que me gustou destes últimos libros é o último capítulo do sexto tomo.

Conclusión: Se tivera que volver a ler a saga, sinceramente, dudaría. A autora debería ter parado no terceiro libro ou, como moito, facer catro pero seis é excesivo. Todo o bo que ten a precuela de Cazadores de Sombras teno de malo a secuela. Moi decepcionada.

10 de mar. de 2015

Reseña de Cazadores de Sombras: Ciudad de los Ángeles Caídos


Cazadores de Sombras é unha saga de seis libros que conta a vida de Clary, unha rapaza sobreprotexida por súa nai, e como descubre a identidade de seu pai e un mundo de anxos, demos e seres que nunca pensou que puideran existir. Cassandra Claire, a autora destas novelas, escribiu tamén unha precuela de Cazadores de Sombras, chamada Cazadores de Sombras: El Origen, que conta a historia dos antepasados dos protagonistas da saga Cazadores de Sombras.

Eu comecei a ler esa precuela (pois se comezas pola saga en si desvélanse pequenos detalles dela) e gustoume moito, é máis, moitísimo, pois contaba a historia dunha forma pausada pero sen ser aburrida e Will, un dos protagonistas, pareceume un encanto e é dos meus personaxes favoritos de triloxías e sagas en xeral. Tras acabar o último libro de Cazadores de Sombras: El Origen, quedei cun sabor de boca incríble e marabilloso polo que non vía a hora de ler Cazadores de Sombras así que comprei os libros para o meu e-book de inmediato. As conclusións que saquei libro a libro foron as seguintes:

- O primeiro libro, Ciudad de Hueso, encantoume pois fálase moito da vida de Clary e nótase claramente unha introdución, nó e desenlace. É un libro pausado e con acción a partes iguais, polo que me parece perfecto.

- Ciudad de ceniza: Este libro xa me fixo menos graza porque ao ser máis longo tiña partes de "palla" sen sentido e aburridísimas. Ademais xa empezaba a estar cansa das idas e vidas da historia de amor entre Clary e Jace, aquelo comezaba a parecer unha telenovela con parentescos sorprendentes incluídos.

- Por último, Ciudad de Cristal, foi a gota que colmou o vaso e xa non aguantei máis porque non facían máis que repetir as mesmas tramas, dar demasiados xiros (incluso para min que os adoro) e desenlaces imposibles sen sentido. Fíxoseme incríblemente cansino e só acabei a novela porque odio deixar algún libro sen terminar, non por outra cousa.

Esto todo ocorreu durante o verán, sendo o mes de Setembro o último no que lin algo de Cazadores de Sombras, e non tiña pensado ler máis libros despois de ter chegado á conclusión de que a autora debería ter parado xa aí, pero tras acabar os libros que tiña para ler decidín darlles outra oportunidade polo que lin o cuarto libro da saga que, sorprendentemente, me ENCANTOU. 

Despois do terceiro libro, acábase a trama da que trataban os tres primeiros polo que en "Ciudad de los Ángeles Caídos", ábrense novas partes e hai novas intrigas, regresando algúns dos personaxes anteriores. 

Puntos positivos:
  1.  Regresan personaxes anteriores pero sen volver a sacar tramas xa pechadas e cansinas.
  2. Desenvólvense temas relacionados con personaxes secundarios que xa tiña ganas de ler pois había algúns con moito potencial pouco aproveitado.
  3. A trama é débil pero con interés de maneira que non se fai pesada e cansina.
Puntos negativos:

  1. Volven as idas e vidas da relación Clary-Jace. unha vez máis CANSINAS pero tras a pausa que fixera de Cazadores se Sombras foi aguantable.
  2. Odio a actitude de preocupación perpetua de Clary por Jace e que pasa a vida pensando en que pensará el dela e si a segue querendo.
  3. Odio a actitude de Jace que se alonxa de Clary para "que estea a salvo pois merece algo mellor ca el" e a súas torturas cara si mesmo por seu pai que sobran totalmente.

CONCLUSIÓN: Recomendo a lectura desta saga (pero sobre todo da precuela) pero  facendo pausas para evitar aburimento sempre que sintamos xa pesados os libros.





4 de feb. de 2015

Reseña: Asesinato en el campo de golf



Ultimamente, os libros de Agatha Christie estábanme deixando un pouco indiferente porque xusto as novelas que elixira non eran das máis famosas, interesantes e intrigantes da serie ("El templete de Nasse House", "Ocho casos de Poirot"...) Pero desta vez, elixín moi ben pois "Asesinato en el campo de golf" e un dos máis famosos e (como souben máis tarde despois de lelo) con razón. 

Un home rico e poderoso, nacido en Sudamérica pero que vive actualmente en Europa, mándalle unha carta ao detective Hercules Poirot porque sospeita que un perigo se cerne sobre el, aínda que non lle aclara o que, e pídelle que acuda á súa casa. Cando chega, o detective descubre que o home que o contratara fora asasinado. A partir dese momento, unha mestura de personaxes e historias transcurridas en varios continentes, fará que non poidas deixar de ler e que xa non sepas nin sospeites quen é o culpable. 

Conclusión: Esta é unha desas novelas nas que de tantas voltas e xiros que a trama dá, xa non sabes que vai ocorrer agora. É unha desas novelas de Agatha Christie que adoro e as que lin de primeiras e fixeron que me aficionara a elas, está, sen dúbida, dentro do grupo das que considero boas ou mellores que o resto. Recomendo lela sen dúbida porque non deixa indiferente como algunhas outras que case non sabes se che gustan ou non, das que acabas de ler sen case darte conta e sen sentir ningún tipo de emoción.


22 de xan. de 2015

Reseña: El templete de Nasse House

 Unha vez máis, entráronme ganas de ler unha novela de misterio de Agatha Christie e, tras moito pensar, decidinme por "El templete de Nasse House". Conta, tamén esta vez, a investigación dun asasinato por parte do detective Hercules Poirot pero, nesta ocasión, é un crime moi orixinal, pois ocorre nunha festa na que un dos xogos nos que as persoas podían participar era, precisamente, a investigación dun asasinato, e a asasinada é a muller que facía de morta no xogo.

Lin bastantes libros desta autora, pero este é un dos que máis me gustou, pola orixinalidade da súa trama, ao haber un asasinato nun xogo de misterio e ser precisamente a vítima do xogo quen morre, e polo aparición de turistas durante toda a obra que a fan máis rara e con máis posibilidades á hora de atopar ao culpable. Ademais, na edición que eu lin hai unha lista de personaxes ao principio, que facilita moito a vida, pois Agatha Christie é moi dada a crear innumerables sospeitosos e ao cabo duns capítulos nos que non aparece determinada persoa non recordas cal deles é. En canto ao ritmo da trama, está xenial porque non aburre e intriga polo que non queres parar de ler.

Aínda así, hai unha pega que poño deste libro: o final, aínda que inesperado e bo, coma sempre, é pouco creíble en certo modo e non me acaba de convencer, algo raro nos finais de Agatha Christie. En conclusión, non é das mellores da saga pero tampouco, sen dúbida, das peores.

3 de dec. de 2014

Reseña: Ocho casos de Poirot


Encántanme os libros de Agatha Christie, sobre todo os do detective Poirot, polo feito dos impresionantes e inesperados finas que a autora escribe. Normalmente, cada libro trae un só misterio, pero neste caso, "Ocho casos de Poirot" é unha recopilación de oito relatos de misterio que non eran os suficientemente longos ou intrigantes para facer con eles unha novela independiente. Gústanme máis, polo xeral, as novelas nas que se resolve un só caso pois ten máis intriga e o final é menos obvio para o lector e moi sorprendente, aínda que algúns dos misterios deste libro gustáronme.

Vou falar individualmente dos casos que podemos atopar en "Ocho casoso de Poirot":

- El inferior: Non me gustou moito porque o culpable xa se vía vir en certo modo. A pesar diso, tendo en conta os restantes misterios do libro, non está tan mal; é dos mellores.

- El expreso de Plymouth: É un caso moi cortiño,  non me gustou porque se resolve sen apenas investigar e é algo obvio e que parece mentira que escribira Agatha Christie. 

- El caso del Baile de la Victoria: Empezou ben pero perdeu interés cara ao final. Outra vez (sei que me repito) un final obvio e para nada típico da autora.

- El misterio de Market Basing: Aínda que cun final inesperado que me gustou, pareceume moooi curto (só son cinco páxinas).

- La herencia de los Lemesurier: Gustoume todo o que se conta sobre unha lenda que di que os primoxénitos desa familia morren sempre sen herdar, polo feito de ser algo moi intrigante ao cumplirse esta sempre; pero o final foi un pouco forzado e decepcionante. Outra vez se trata dun caso curto.

- El misterio de Cornwall: Gustoume moito, a verdade. Está moi ben polo feito de ser un misterio intrigante (trata dunha muller que cre que o seu marido a envenena e que morre de repente) e cun final pouco esperado, tendo en conta os desta novela.

- El rey de bastos: O meu preferido sen dúbida algunha. Interesante, extensión perfecta e final relativamente inesperado.

- El robo de los planos del submarino: Pouco interesante, nin ben nin mal, deixoume indeferente.

- La aventura de la cocinera: Moi ben, xunto co antepenultimo o mellor.

En conclusión, os misterios da novela recopilatoria "Ocho casos de Poirot" ganan moito segundo lemos, sendo os últimos os mellores, pero, aínda así, non creo que este sexa un bo libro (nin en xeral nin dentro da saga de Poirot) nin moito menos un exemplo da obra de Agatha Christie.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...