Amosando publicacións coa etiqueta libros de fantasía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libros de fantasía. Amosar todas as publicacións

14 de xuño de 2016

Reseña: El hijo dorado (The Golden Son) de Pierce Brown.


"Que vida tan cruel se a visión da miña esposa morta significa esperanza"


Por fin, despois de moito tempo, traio unha nova reseña ao blog. Estaba desexando con ansias poder volver a facer este tipo de publicación (a miña preferida) pero entre o ocupada que estiven e o tempo que me levou rematar a lectura desta segunda parte da triloxía de Amanecer Rojo de Pierce Brown, non daba abasto. Como sabedes, Amanecer Rojo foi unha das miñas Mellores lecturas do ano 2015, ademais de tratarse dunha das miñas triloxías preferidas (tras dúas novelas lidas das tres que a conforman creo que podo afirmalo con seguridade) polo que desexaba ler a súa continuación, a pesar do meu bloqueo lector (que por desgraza aínda persiste...) e das máis de 550 páxinas que posúe, dúas realidades totalmente incompatibles, por certo. 

Esta segunda parte da triloxía continúa uns anos máis tarde do fin do libro anterior, nun futuro distópico e de ficción, nunha situación moi diferente pero á vez dentro da mesma trama que o primeiro tomo, xa que Darrow continúa na súa persistente tentativa de alcanzar ese obxectivo para os seus iguais vencendo á clase dominante, pero esta vez infiltrado no bando enimigo, baixo as ordes daquel a quen máis odio: Augusto. 

Nesta novela, a trama e sucesos son, si é que isto é posible, incluso máis intrigantes, apasionantes, enrevesados, pragados de acción e trepidantes que na anterior, pois  o protagonista está cada vez máis cerca de vencer aos dourados e lograr acabar co sistema clasista e estamental que existe na sociedade chegando ao máis alto entre os dourados.

En El hijo dorado, o lector non ten un momento de pausa durante a lectura, porque non deixan de sucederse novos descubrementos acerca desa misteriosa organización presidida por Ares, a identidade deste e os cambios que se produciron na franxa temporal entre os libros no grupo rebelde e que farán que a novela non deixe de pegar bruscos xiros e cambios de dirección inesperados en poucas liñas, deixándote coa boca aberta e sen asimilar o lido. Isto non é unha gran novidade, pois xa dicía algo semellante na reseña da primeira parte, pero si se trata dunha característica que multiplica a súa presenza neste segundo libro. 

Relacionado con isto, debo destacar un dos rasgos diferenciadores deste libro con respecto ás demais triloxías distópicas existentes na literatura actual e que, personalmente, me encanta e considero un punto forte: as intrigas políticas, traicións, bandos, cambios de aliados e todo tipo de cuestións relativas ao goberno e sistema político da novela, porque se trata dunha temática que me gusta de por si e que, ademais, Brown sabe presentarnos á perfección (el é un licenciado en Ciencias Políticas que participou nas campañas de diversos líderes estadounidenses, polo que imaxinaredes o ben que plasma todo isto na triloxía).

O outro pilar básico de El hijo dorado (xiros argumentais + intrigas políticas e traicións + guerras e pura acción bélica) é quizais o que menos me agrda e convence nesta triloxía, pois non son unha gran amante das batallas, a verdade, e chega a cansarme a presenza contínua (e sen pausa) de enfrontamentos entre bandos e descripcións minuciosas ds táticas e golpes empregados por cada combatente. Si que penso que son necesarias estas guerras, ovbio, pero non en tanta cantidade, porque agota. Aínda que quizais se trata dunha percepción persoal e, realmente, si que está proporcionado co resto da trama.

Unha vez máis, a crudeza, violencia e realidade sen censura (pero sen resultar excesiva e repugnante) das descripcións e batallas é marabillosa, dando credibilidade aos sucesos e interés á novela, xunto coa liberdade do autor para asasinar ou ferir a personaxes principais que provoca que non poidas encariñarte con ninguén e que abandones a clásica idea de que o protagonista sairá sano e salvo de determinada situación peliaguda polo simple feito de que faltan aínda capítulos para rematar o libro ou partes da saga por publicarse. Sublime.

Os personaxes desta triloxía son terriblemente profundos, nada planos nin perfectos, cos seus defectos e partes escuras, de forma que algúns non acaban de agradarche, non hai malos malísimos ni  bos boísimos e non sabes de quen debes fiarte e de quen desconfiar, o que tamén reforza as intrigas e políticas das que falaba con anterioridade.

E como último punto a tratar, as contínuas referencias á cultura latina que podemos ver durante toda a obra, en forma de citas, nomes, uso do latín, referencias a costumes determinadas... que para unha amante (e coñecedora) da cultura clásica son un deleite e un gran punto a ter en conta.

E canto ao final, coma sempre con este autor, apasionante e intrigante, deixándote con ganas de máis...

El hijo dorado, como o seu predecesor na triloxía, trátse dun libro completo, bo, sen puntos débiles ou falta de algún elemento e con gran calidade literaria. Atrapa pero sen deixar a un lado a boa redacción e pluma do autor, trata temas bélicos e traicións sen perder a coherencia ou saírse da trama principal e ten espazo para a reflexión e sentimentos sen deixar a un lado a acción e os nuerosísimos xiros na trama ou simples sucesos. Un exemplo dunha novela equilibrada e perfecta, sen fallos. Auguro un bo futuro a Pierce Brown como escrtor. Un 5/5 en Goodreads (e ben merecido).

6 de xan. de 2016

Reseña: Huye (la cazadora de sueños 03)



Huye de Lisa McMann é a terceira parte da triloxía La cazadora de sueños, que comeza con Sueña, segue con Teme (libro que lin a comezos do ano pasado pero que non cheguei a reseñar) e acaba con este.

A verdade é que tiña moitísimas ganas de ler esta finísima novela debido ao final da segunda parte da triloxía, que a autora deixa moi aberto e con varias incógnitas. Aínda así, esta é unha triloxía que non recomendo en exceso, é dicir, déixase ler e gústame, pero nada máis: A primeira das novelas é bastante normaliña, gustoume polo escuro da súa trama e a maneira tan extraña de narrar de Lisa McMann, pero tampouco falara demasiado ben dela na súa reseña. En canto á segunda parte, aínda que me gustou máis que Sueña e me pareceu bastante boa, tampouco conseguiu mellorar en exceso a miña opinión da triloxía, polo que non esperaba unha gran obra maestra de Huye, a pesar do cal, me decepcionou.

Non podo dicir que esta terceira parte teña mil fallos e puntos negativos, porque non é certo. Simplemente, non é destacable nin especial e non ocorre absolutamente nada nas 200 e pouco páxinas que ten o libro; comecei a lelo e, cando me dei conta, xa o acabara, sen que nada pasase. Si que me interesei polo argumento e pola importante decisión que a protagonista tiña que tomar nesta última entrega da saga, pero a autora non me permitiu saborealo, que me envolvese o argumento, pois todo é narrado moi rápido, sen pausas, en moi pouco tempo e páxinas. Simplemente, está mal desenvolvido.

Introdúcese unha trama nova neste libro, a aparición do pai da protagonista, que nun principio non acababa de convencerme, pero que pronto descubrín que era moi necesaria para conseguir unha boa conclusión para o libro e foi, en realidade, o único que salvou a este.

En realidade, non podo dicir moito máis, pois, repito, este libro é extremadamente fino e non demasiado relevante. Gustoume o concepto do tenedor de Morton que axuda a tomar unha decisión a Janie e, grazas a Deus, esta decidiu ir por un bo camiño que fixo que non quedase descontenta co final da triloxía. O mellor da novela, é o descubrimento de que, faga o que faga Janie, todo sairá mal, a maldición que ten que soportar, estará ahí durante toda a súa vida e provocaralle mil e un problemas, aínda que intente evitalo. Encantoume esto, polo realista da maneira de plantexalo no argumento e o acorde que é coa esencia escura da triloxía.

En canto ao final do libro, non entendo nada. Creo que era moi innecesaria esa última frase, que queda aberta sen razón aparente e que non sei a que refire. Na contraportada, aparecen diversos comentarios de autores e críticos acerca do tema, e a todos lles parece agradar, calificándoo de "o mellor final posible para a triloxía", cando eu non o vexo así , para nada. Non é que estea mal, pero simplemente sobra, e non se entende a que fai referencia.

Conclusión: Un libro máis, sen nada especial, que non consegue superar á segunda parte da triloxía. Non está mal, non é un mal libro, pero tampouco o recomendo en exceso.

27 de out. de 2015

Reseña: Cada día




Cada día é un libro de David Levithan, autor xuvenil moi valorado en Estados Unidos e bastante coñecido en España, e o primeiro que leo del. A verdade, é que tiña ganas de ler unha novela deste autor, porque Will Grayson, Will Grayson, novela a dúas mans entre el e o meu amado John Green, encantárame, pero agora quería comprobar se había algunha diferenza con respecto a un libro 100% seu. Decidín que este fose Cada día por ter un argumento moi interesante e orixinal, a pesar de que vira que non era dos máis valorados de Levithan, pero creo que me equivoquei ao facelo, pois, a verdade, é que me desgustou e aburriu bastante.

Cada día conta a historia de A, unha persoa que desperta cada día nun corpo diferente, home ou muller, polo que non ten un sexo definido nin unha familia ou vida propias. Isto tráelle moitos problemas, sobre todo á hora de encariñarse dalgunha persoa...

Ao principio tiña unha idea e impresión positiva desta novela, porque era moi dinámica e amena, con capítulos cortiños (maioritariamente) e nos que apenas se entraba en detallles, é dicir, o autor ía directo ao gran. Ademais, ao comezo era moi novedoso e interesante que en cada un dos capítulos se nos contase un día e, polo tanto, a vida dalgunha persoa concreta, pero pronto pasou a facerse soporífero e pesado. Esta maneira de distribuír os sucesos pasou de entretida a repetitiva nun sopro.

Pasando xa á trama do libro, esta era bastante floxa dende un principio, pois tan só se basea no instalove entre A e a moza dun dos rapaces cuxo corpo ocupa, aínda que eu tiña esperanzas de que evolucionara e collera interés, algo no que volvín a equivocarme. Non é que sexa un argumento malísimo e aburrido, pero si debilucho e sen demasiado interés. Volvemos a ter nesta novela unha trama amorosa mooooooi repetitiva (tipo Cazadores de Sombras, non digo máis): a rapaza apenas sufre, aínda que queira finxir que é así, e "faise a dura" mentres que A sufre, non deixa de choromicar e non pode falar doutro tema. En resume, o última cuarta parte do libro faise moi pesada e non deixa de repetir o mesmo unha outra vez.

Tamén podemos atopar tramas que prometen moito sen chegar a nada: o conflicto con Nathan deixa bastante que desexar, pois parece que vai crear un gran problema para logo desinflarse pouco a pouco.

O final (que xa sabedes que é unha parte crucial e importantísima á hora de crearme unha opinión sobre un libro), non me gustou (case) nada. Non digo que nada, porque a resolución a esa trama amorosa foi a que eu quería, a máis realista e creíble, pero o certo é que quedei totalmente descontenta, pois esa especie de solución que A inventa, que saca da manga sen ter ningún tipo de sentido, non só me desagradou senón que me pareceu totalmente ridícula.

Conclusión: Non teño moito máis que comentar, pois é unha novela sen nada especial, unha entre moitas, do montón. Agradable entre lecturas densas ou en momentos con pouco tempo para ler, pero totalmente prescindible.

4 de set. de 2015

Reseña: El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares.



El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares é a primeira parte dunha triloxía (creo que é unha triloxía, polo menos hai un segundo libro) aínda que eu pensara cando o comecei (e tamén cando o rematei, porque o final non fai pensar que vaia haber unha continuación) que era un libro autoconclusivo. Tiña ganas de iniciar a lectura desta novela tan peculiar precisamente por ser tan rara e diferente, xa que chamaba a miña atención e non sabía que ía atopar.

Jacob admiraba profundamente ao seu avó na súa infancia, e aínda agora continúa tendo un gran vínculo con el, grazas en parte a unhas marabillosas historias que lle contaba con protagonistas un tanto especiais, como unha nena que levita ou un rapaz con abellas vivindo dentro do seu corpo. Agora, seguindo o rastro deixado nas súas cartas, Jacob decidirá buscar a illa na que o seu avó se criou para dar resposta a moitas das súas preguntas.

O principio do libro gustoume moitísimo, porque era en si bastante intrigante. O lector quere saber se as historias protagonizadas por eses personaxes peculiares son ou non reais e se o avó é en realidade un deses nenos con capacidades estrañas e apasionantes ou se só o inventou todo. Isto ven provocado en gran parte polas marabillosas e preciosas fotografías antigas que podemos atopar ao longo de toda a novela (como a que ilustra a portada, unha das miñas preferidas, que me parece moi bonita) nas que se aprecian esas capacidades peculiares que, polo menos supostamente, teñen os habitantes dese fogar no que o avó se criou.

Os acontecementos que podemos ler ao principio da novela son, como dicía, algo misteriosos, pois á chegada de Jacob á illa coñecemos un lugar tan peculiar como os propios rapaces dos que o avó fala: (está completamente incomunicada e case deshabitada) pero cara a metade do libro, ese interés que tiña foise desvanecendo pouco a pouco, pois a trama tirou cara un lado que, realmente, non acababa de interesarme e gustarme, xa que tiña xa uns tintes fantásticos dun estilo que eu non esperaba, é dicir, era obvio que con esa trama algo así íamos a atopar, pero non cría que ía a atopar unha fantasía ou ficción desas características, polo que non puiden evitar decepcionarme un pouco e que todo o que a novela me gustara ata entón fose a menos.

Todo comeza a desmoronarse cando Jacob descobre o que descobre (coma sempre evito spoilers), xa que me pareceu algo demasiado fantástico e algo collido por pinzas, pero tampouco era para tanto, polo que entón non me importou demasiado, pero cando entran en escea eses enimigos, xa vin que a miña impresión non ía a ser tan tan boa como pensaba. Desde ese punto da novela, ademais, comezou a embargarme unha sensación de aburrimento tal, que desexaba profundamente rematar o libro dunha vez e acabar con ese sufrimento. A pesar de todo, gustoume bastante o final (pois queda algo aberto pero non de todo, polo que non me vexo obrigada a seguir coa triloxía) sobre todo polo feito de que todos os cabos quedan ben atados; todas as tramas abertas e incluso pequenos detalles que se din sen concederlle demasiada importancia teñen a súa explicación. Nese aspecto, moi ben.

Como dicía, non vou continuar coa triloxía, ademais de porque agora mesmo estou rematando dúas (a saga Traición e a saga de Las tejedoras de destinos) porque cando emprendín esta lectura estaba firmemente convencida de que se trataba dun libro autoconclusivo, polo que iso non entraba nos meus plans.

Conclusión: Empeza moi ben e decae ata concluír cun final aburrido e nada especial. En resume, nada destacable pero tampouco me desgustou, simplemente non era a lectura adecuada para min nese momento e non soubo convencerme de todo.

26 de ago. de 2015

Reseña: El último corazón (Mystic City 02)



Continuando con ese mes de Agosto rematando triloxías e sagas comezadas en Xullo (como xa comentei na reseña de Perfección, outro exemplo de triloxía continuada) decidín ler a segunda parte da triloxía Mystic City: Mystic City 2, el último corazón. A primeira novela pareceume absolutamente marabillosa e quedei tan encantada con ela (reseña) que incluín a triloxía na lista das miñas distopías preferidas (para vela clica aquí) pero tras rematar o segundo libro, quedei decepcionadísima.

A trama continúa onde rematara o primeiro libro, nun momento moi moi intrigante e interesante, tras unha apasionante historia de traicións e desconfianza e comezando unha trama de guerra e rebeldes común nas triloxías distópicas xuvenís. 

Xa dende o inicio do libro, o autor comeza a cambiar todos os puntos fixos que xa coñecíamos do primeiro libro da triloxía, tanto nos personaxes, facendo que Hunter cambiase para mal (sen vir ao caso para nada) o seu carácter e Aria se volvese cada vez máis tonta e parada, como na forma de prantexarse o argumento. Se non tivera visto o nome de Theo Lawrence na portada da novela, podería ter crído que non fora el quen a escribira, pois ata a forma de narrar a historia me pareceu diferente.

Ademais destes cambios espantosos, a novela tamén perde auga por outros puntos, como o feito de que o argumento sexa moi débil, xa que non ten realmente ningún sentido, e non se nos presente ata moi adiante na novela, tendo que aguantar moitas páxinas sen que ocorra nada relevante. Aria decide atopar o corazón da súa defunta criada, algo que ten unha explicación, (si, aínda que non o creades) pero moi estraña, collida por pinzas e repulsiva, o que a leva a cometer cincocentas estupideces (xa vos digo que a protagonista está algo espesa nesta parte da triloxía) e verse en mil perigos dos que sempre ten que ser rescatada, pois non consegue salvarse soa en ningunha circunstancia, algo que a min xa me bota bastante para atrás.

Como xa comentaba antes, o autor tamén cambia moito a Hunter, pasando de ser o bo e o namorado de Aria, e poñerse en dúbida as súas intencións e preguntarse un certas cousas arredor dos seus actos (non digo se estas suposicións son confirmadas), en calquera caso, parece que estemos a ler sobre dous personaxes diferentes cun mismo nome, pois non hai un punto en común entre eles en ningún momento, apesar de ser unha mesma persoa. O que isto provoca, é unha nova, estraña e forzada historia de amor entre Aria e outro personaxe principal (non quero spoilear, así que non digo nada máis) que non é nada críble e, unha vez máis, non era para nada necesaria.

Para continuar enumerando puntos negativos, pois non hai ningún positivo que resaltar, a escea ou batalla final entre os tres bandos enimigos (os rebeldes, a familia Rose e a familia Foster) vese en perigo por unha ameaza creada por un deses tres grupos que, unha vez máis, NON TEN SENTIDO e NON É NADA CRÍBLE e deixa un final de novela non demasiado interesante. 

Creo que non hai moito máis que destacar, pois a novela é un completo desastre de principio a fin e a maior decepción deste ano, sen dúbida, en canto a lecturas se refire, non tendo ademais nada que destacar na parte positiva, pois tampouco ten grandes partes boas. Fatal, novela directa á lista das peores lecturas do 2015 que publicarei a fin de ano.

15 de ago. de 2015

Reseña: Las tejedoras de destinos.



Las tejedoras de destinos de Gennifer Albin é un libro do que oíra falar moi mal, moi ben e regular, polo que non dudei en comezar a lelo para formarme unha opinión propia. Non contaba para nada con que se tratara dunha distopía, pensaba que era do xénero fantástico sin máis, pero mestura ambos xéneros (como tamén ocorre en Mistyc City, reseña aquí, polo que se vos gustou un dos dous anímovos a ler o outro).

En Arras, ser elixida texedora é o mellor que che pode pasar, pois todos os teus desexos e caprichos serán cumplidos e vivirás nunha vida de luxo e excesos, a cambio do gran servizo protexendo o texido que realizas. A pesar disto, os pais de Adelice (e ela mesma, en realidade) non queren que ela sexa elixida nas probas, separándoa do seu lado e sendo obrigada a tomar duras decisións na vida dos cidadáns, polo que a entrenarán para esconder a súa capacidade especial como texedora, fallando nas probas de selección, pero burlar á Confederación non será tan sinxelo...

Quedei absolutamente alucinada cando descubrín de que ía a triloxía (si, unha vez máis comecei a ler sen saber nada da sinopse) e atopei outro dos meus principios de libro preferidos (xunto co de Ciudades de Papel, como xa dixen en milleiros de ocasións), simplemente impresionante.

A verdade, sorprendeume moito ter atopado críticas negativas deste libro, pois é totalmente novedoso dentro do xénero da distopía xuvenil e moi diferente a calquera cousa que lera con anterioridade. Básase no mito das fiandeiras e é realmente moi moi interesante. A miña opinión xeral é moi positiva, a verdade gustoume moito, porque non hai apenas similitudes con ningunha das sagas distópicas que lera e preséntanos un mundo realmente complexo e dificil de entender en ocasións, incluso. A verdade é que hai que prestar moita atención en determinadas partes nas que se nos bombardea con información sobre a Sociedade ou, sobre todo, os telares e texidos, pilares desta, algo que realmente me gustou.

A trama de Las tejedoras de destinos, céntrase moito na explicación do funcionamento do seu mundo e, sobre todo, en intrigas e traicións dentro dos poderosos e gobernantes que marcarán por completo a vida de Adelice como texedora, aislada do mundo por completo no Coventri, o lugar donde todas elas viven. Isto é outro punto realmente interesante, o seu día a día alí e como vai forxando enimigos e descubrindo diferentes cousas sobre como realmente funciona todo en Arras, pois non todo o que pensaba ata entón era verdade. Simplemente, non sei como expresalo sen entrar en spoilers pero o argumento da triloxía é realmente marabilloso.

Unha vez máis (aínda que a verdade é que hai tempo que non atopo un na literatura xuvenil máis recente) aparece ante nos un triángulo amoroso, formado por Adelice, Erik (un traballador no Coventri, servinte dunha texedora poderosa) e Jost (outro traballador de menor rango que ten multitude de responsabilidades). antes de nada, decir que eu son Team Jost totalmente, pero que de igual forma me gustan moito ambos rivais como personaxes, pois están bastante elaborados (non pidamos máis, que tampouco aparecen tanto na novela) e, polo menos de momento, ningún deles foi "anteposto" (na maioría dos triángulos, o autor fai que un deles leve a cabo algo que perxudique aos "bos" ou axude aos enimigos ou crea actitudes que odiamos para que nós e a protagonista prefiramos ao outro, como con Gale en Los juegos del Hambre).

Ademais, nesta novela tamén os enimigos e malvados están realmente traballados e todo está moi coidado, sen nada collido por pinzas. Realmente ben.

Conclusión: Xenial. Con ganas de ler a segunda parte. Espero que siga así.

6 de ago. de 2015

Reseña: Numbers 01

     



Non coñecía de nada a triloxía Numbers de Rachel Ward, nin sequera me sonaba a súa portada ou o seu nome, directamente descoñecía a súa existencia, polo que non sabía as opinións dos seus lectores nin podía sequera adiviñar con que me ía a atopar, pero tras ler o seu argumento, a miña curiosidade puidome e decidín lanzarme á súa lectura. 

Jem ten a capacidade de ver a data na que morrerá toda persoa que a mire aos ollos, o que lle acarrexa grandes problemas, como o deixar de relacionarse, porque é difícil implicarse en algo ou con alguén cando sabes o día exacto no que vai a deixarche. Jem coñecerá a Spider e xuntos emprenderán unha viaxe a Londres, onde presenciarán un acontecemento que fará que ambos deban fuxir .

É realmente un libro diferente. É algo que se di a miudo e de moitas novelas distintas, pero realmente non creo que haxa unha palabra mellor que defina esta primeira parte da triloxía Numbers. A autora crea un mundo duro e cruel que, ao igual que as situacións que deben vivir os personaxes e as súas actitudes, non está para nada endulzado, senón que se presenta dunha forma realista e dura durante toda a novela. Neste aspecto, recórdame en certo modo á triloxía La cazadora de sueños de Lisa Macmann: aínda que con tramas diferentes, ambas novelas teñen unha esencia negativa que se transmite ao lector e que non sei como explicar. En Numbers, os dous personaxes principais sofren unhas situacións difíciles que marcan o seu carácter por completo, facendo que influan no seu comportamento e accións durante todo o libro, sen tregua, e agreando os seus carácteres. É algo que me gustou moito na novela, e que está realmente moi presente en toda ela e na súa propia esencia.

En canto ao argumento, cando lees a sinopse podes ter unha idea diferente da dirección pola que vai ir a autora. Realmente eu pensei que ía tirar pola típica historia de "poderes", pero nada máis lonxe da realidade, pois a historia de Numbers vólvese orixinal grazas ao enfoque de Rachel Ward.

Encantoume es especie de road trip (tan de moda na literatura xuvenil nos últimos anos) que se nos presenta, aínda que en realidade se trata dunha fuxida, na que os dous protagonistas deben buscar unha forma de sobrevivir e que, unha vez máis, non é para nada fácil, senón dura e chea de penurias. Foi, quizais, o que máis me gustou do libro, e un gran punto positivo de Numbers sen dúbida algunha. Outro, é a capacidade da autora de crear personaxes cunha forma de ser para nada perfecta e tópica, senón realista, sobre todo nos personaxes secundarios, como a avoa de Spider ou as persoas que atopan na súa fuxida.

Algo negativo do libro é o seu final, demasiado apresurado en certo sentido, concluíndo de repente a súa fuxida, debido a algo (relacionado con Spider) que ocorre sen previo aviso e dunha forma moi rara e totalmente diferente ao que a novela me tiña acostumada ata ese momento. Non sei como explicalo sen facer un spoiler, realmente, pero simplemente quedei algo chafada e preguntándome que acababa de ocorrer.

Cando terminei esta primeira parte da triloxía Numbers, quixen mirar inmediatamente como comezaba a seguinte parte e de que trataba, pois a trama da primeira queda totalmente pechada ao seu remate, e sorprendinme gratamente ao descubrir que o narrador era un personaxe diferente a Jem (cuxa identidade non podo aclarar para non caer en spoilers e revelacións da novela). Isto é algo que me chama bastante e me gusta, tendo en conta ademais as circunstancias do fin da primeira novela e a identidade do narrador. Non teño a seguridade de que o terceiro libro sexa tamén contado dende o punto de vista de outro personaxe (non quixen mirar para non descubrir nada que non quixera saber) pero creo e (espero) que si.

Conclusión: Ben, pero nada especial. Entretívome e gustoume bastante, pero non se trata de nada fóra do común, aínda que teño ganas de continuar coa triloxía.





1 de ago. de 2015

Reseña: Sueños de dioses y monstruos (Hija de Humo y Hueso 03)


A semana pasada publiquei este Book Tag sobre portadas de libros (para ver máis Book Tags clica aquí) no que dixen que Hija de Humo y Hueso era unha das miñas triloxías favoritas, cuxas dúas primeiras partes me encantaran, hai bastante tempo, cando as lin, e que tiña ganas de rematar a triloxía pero que tiña medo de facelo sen recordar como terminara o segundo libro. Estiven dudando se ler Sueños de Dioses y Monstruos ou non, e finalmente decidín (cunha gran axuda) lanzarme á aventura e terminar esta saga que tanto me gusta.

Karou é un tanto diferente ás demais rapazas, non só polo seu pelo azul, senónporque foi criada polas quimeras, uns seres diferentes a todo o que coñecemos, e en particular por Brimstone, que foi como un pai para ela. Karou é sempre enviada a cumplir estraños encargos, entre os cales se atopa recoller dentes de distintos animais (tamén humanos) que Brimstone precisa, aínda que ela non sabe para que. Esta non é a súa única dúbida, tampouco sabe como acabou sendo adoptada por el e ten a estraña sensación de ter esquecido algo. Cando as quimeras comezan a correr perigo, Karou coñecerá a Akiva e aos demais serafíns, e logrará atopar algunhas respostas. Esta terceira parte, segue onde o deixou a segunda: de forma moi intrigante.

Dende que comecei a novela recordei de súpeto todo o que lera nas outras dúas partes da triloxía, polo que non tiven ningún tipo de problemas na miña lectura. De golpe, percibín de novo esa esencia da novela que tanto me gustara nas outras dúas, tan diferente á do resto dos libros que lin, pois Laini Taylor crea un mundo tan distinto a calquera que puidéramos atopar en libros e películas, sen caer en tópicos e tramas demasiado vistas, que, de verdade, me encanta.

Esperaba que a maior parte da novela tratase da batalla entre os Ilexítimos e quimeras e os serafíns, pero, en cambio, non é a parte máis importante para nada, de feito non se nos conta como se desenrola, só sabemos o resultado e quen foi o gañador, pero non estamos presentes durante o enfrentamento, algo que agradezo, pois soe aburrirme o exceso de acción deste tipo, en batallas e guerras ou enfrentamentos. En cambio, a novela céntrase máis en como afecta a chegada dos anxos á Terra e como solucionalo. Vese como ocorre esa mesma historia dende o punto de vista de diferentes personaxes dende diferentes lugares, non só por parte dos protagonistas, e incluso se engade un personaxe moi moi moi importante, Eliza, que me encantou.

Este era un tema do que quería falar a fondo, pois provoca que se retomen tramas abertas en libros anteriores que non se solucionaran, como a historia do anxo caído Razgut (que me encanta como personaxe secundario, a pesar de que non é especialmente bo, pero si moi interesante de novo) que por fin se nos revela e se nos conta de forma pausada. É unha parte do argumento que se abre no segundo libro da triloxía e que me deixou, recordo, intrigadísima, pois vin a importancia que podía ter na historia. Por fin, encaixan todas as pezas do puzzle, grazas a Eliza, que revela grandes incógnitas sobre o funcionamento do mundo de Hija de Humo y Hueso e provoca que todo teña sentido e esplicación por fin. Resalto de novo o personaxe de Razgut, porque creo que está moi ben creado, cun trasfondo que podemos entrever, e unha gran profundidade, polo que non podo evitar sentir moita pena e lástima, a pesar de que, como xa dixen, non é precisamente unha boa persoa dende un tempo atrás. 

Tamén me gustou o final da triloxía, moi adecuado para esa esencia da que falaba antes, porque un final sinxelo e "fácil" non tería ido, para nada, acorde ás novelas e á complexidade dos sucesos que nelas se nos narran.

Conclusión: Encantada. Novela, ao igual que a triloxía enteira, directa á lista das mellores lecturas do 2015 e mellores triloxías en xeral. Non decepciona nin decae en ningún momento, moi ben.

22 de xul. de 2015

Reseña: Amanecer Rojo



Sorprendente e brutal. Non me esperaba para nada todo o que ocurriu na novela de Pierce Brown, Amanecer Rojo, pois é, simplemente, diferente.

Darrow é un vermello, a clase social máis baixa da Sociedade, que traballa baixo terra para conseguir o helio-3, que é necesario para os humanos poidan poboar Marte. É unha Sociedade onde a vida para as clases sociais baixas é moi dura, sen ningunha comodidade, mentres que os dourados contan con numerosos luxos. Ademais, os vermellos deben aguantar os abusos, moi comúns, das clases superiores, que penan coa morte practicamente todos os delitos. Un día, Darrow fará un descubrimento moi importante, que o levará a converterse en dourado.

Foi un libro que me sorprendeu moitísimo. O comezo do libro causoume unha impresión totalmente diferente á do resto da novela, pensei que ía a centrarse na vida dos vermellos durante todo o libro, pero nada máis lonxe da realidade. A trama pega un salto brusco ao pouco de comezar a lectura que me gustou e sorprendeu. O lector non o espera para nada. 

Os acontecementos que veñen despois desa sorpresa no argumento, nos que Darrow é convertido en dourado, provocáronme moitísimas ganas de continuar coa lectura, e parecéronme moi interesantes, pois explícase algo máis o funcionamento da Sociedade e a ocupación de cada cor nas que a poboación está dividida, se ben unha característica desta novela é xusto o contrario, case non se fala diso nin se explica como funciona o mundo, ímolo percibindo pola nosa conta ao longo do libro.

Chegado un momento da novela do que non quro dicir demasiado (non quero facer spoilers) hai unha división en Casas, que me recordou moito a Harry Potter, polo que quedei encantada. Os nomes das casas e as características das mesmas van unidas a un Deus romano, sendo Marte a casa dos violentos, por exemplo. Isto é algo que adoro, pois son unha grande aficionada á mitoloxía, sobre todo á grega e romana, e creo que foi todo un acerto, que ademais enriqueceu á novela polo simple feito do que as casas significaban no xogo ou na competición que as casas levan a cabo, no que todas deberán usar as súas cualidades para a guerra e enfrentarse unhas a outras ata alzarse.

Amanecer Rojo recordoume moito a Los Juegos del Hambre, no sentido de que en ambos hai unha competición, cuxa victoria lle provocará ao protagonista algo máis que simplemente gañar: un cambio para os da súa clase, unha melloría no inxusto sistema, pero tamén enemigos entre os poderosos, os das clases ou rangos diferentes a eles. Ambos personaxes de ambas triloxías loitarán pola victoria e por vencer aos poderosos e as súas inxusticias. A verdade e que Darrow me recordou moito a Katniss no sentido de que non dudan en traicionar a ninguén e mentir para conseguir o seu obxectivo. Outros detalles máis pequenos tamén son comúns en ambas triloxías: os próctores recordáronme aos preparadores que tiñan antes de saír á Area os elixidos na Colleita, e os seleccionadores de Amanecer Rojo, cumplían os mesmos obxectivos que os patrocinadores da outra saga. Se che gustou Los juegos del hambre, gustarache Amanecer Rojo.

O único aspecto negativo que quizais puiden ver na novela, foi o o feito de que é un libro moi gordo (543 páxinas) das cales máis da metade se sitúan na competición da que falei anteriormente e nesa guerra que se leva a cabo. Sobroume un pouco desa trama, pois creo que o autor se estendeu demasiado sen ser necesario, e dado que os libros de, só, acción e guerra non me apasionan, tería preferido que recortara esa trama e non lle dese tantas voltas sen ter, realmente, unha necesidade ou unha explicación. Aparte diso, creo que non atopei ningún outro punto negativo demasiado relevante.

Conclusión: Sorprendida positivamente e con ganas de ler a segunda parte da triloxía, Amanecer Dorado. Todo un acerto.

12 de xul. de 2015

Reseña: Mystic City 1: Ciudad del Agua



Mystic City é unha triloxía que tiña inmensas ganas de ler dende había moito tempo, pois mesturaba dous xéneros que me encantan: a distopía (pois a historia desenvólvese nun mundo futurista non tan bo como parece) e a fantasía (existen na novela uns seres, chamados místicos, que teñen cualidades especiais). 

A novela sitúase nun futuro Manhattan que foi, en parte, asolagado polo mar debido debido ao cambio climático e ás altísimas temperaturas que este provocou, que fixeron aos polos derretirse e subir, polo tanto, o nivel do mar. Os cidadáns máis pobres viven na zona baixa da cidade, case cuberta por auga, con canais semellantes aos venecianos, e en moi malas condicións, e as persoas con máis diñeiro e mellor situación, teñen as súas casas máis arriba, nunha especie de plataformas chamadas Atalaias. As familias Rose e Foster, moi poderosas e con gran influencia no goberno da cidade, foron enemigas durante xeracións e xeracións, ata que se anuncia o compromiso entre Aria Rose e Thomas Foster. Aria é a protagonista da triloxía, unha rapaza que sufriu unha sobredose de stic (unha droga moi perigosa) como consecuencia da cal non recorda nada, nin sequera ao seu prometido, a consecuencia do cal, comeza a descubrir sucesos e cousas moi misteriosas e que non acaba de entender sobre os místicos e o funcionamento da sociedade.

Dende a primeira páxina, xa vin que me ía, non só a encantar, senón a apasionar esta novela, pois era moi diferente a outras do mesmo estilo ou xénero. En lugar de explicarche o funcionamento da cidade e sociedade e a súa distribución dende o primeiro momento e de forma clara, como na maior parte das distopías, o autor vai deixándoo caer pouco a pouco, ao longo dos primeiros capítulos. Isto é algo que, senón se fai ben, pode resultar moi negativo e perxudicial para a novela, pero neste caso foi apasionante e non provocou que non me enterase de nada, como podería ter sido, nin que non me quedaran claras as diferencias sociais da época. Ademais, Mystic City 1 comeza cando Aria non recorda nada do que pasou nos meses anteriores, nin a súa relación con Thomas, polo que sabes o mesmo que ela en todo momento e descubres todo á vez que ela o fai, polo que non podes parar de ler e, en moitos casos, sorprenderte cos seus descubrimentos.

Con respecto a estas intrigas e sorpresas, debo dicir que non me sorprendín para nada coa maior parte delas. A intención do escritor era impactar ao lector; que non esperara nin pensara que ían ocorrer eses cambios bruscos, pero hai varios, a maioría, que xa esperaba totalmente dende o principio. Aínda así, imaxinade o moitísimo que me gustou a novela, non me molestou nin decepcionou en absoluto o adiviñar a resolución destes problemas e quedei encantadísima. 

Debo destacar (non é spoiler, pono na sinopse de Mystic City) que hai unha revolución por parte dos máis marxinados e peor tratados da sociedade (como en todas as distopías xuvenís, ou no 97%), que é un factor que non me atrae moito e que me chega a cansar incluso, como xa comentei en varias reseñas de sagas distópicas, pero nesta triloxía o autor, polo menos de momento, fíxoo moi ben: non centrou moito a trama en iso, pero tampouco o olvidou; non o converteu en algo pouco creíble e tampouco o fixo pesado.

Con respecto aos personaxes, estou encantada con Aria, pois non é un personaxe feminino demasiado indefenso e que busca a protección do protagonista masculino durante toda a novela (chegando a levar a cabo actos heroicos sen apenas experiencia no campo da loita e revolución), e tampouco é plana, senón que ten unha personalidade bastante marcada e que me agradou en gran medida. Pero, sen dúbida, o meu personaxe preferido é Hunter: non se fai o duro, non intenta "alonxarse de Aria para a súa seguridade" dunha forma estúpida e sen vir ao caso, nin outras actitudes comúns e desgradables. Un sincero aplauso para Theo Lawrence!!!!

Conclusión: Unha novela apasionante, que mestura fantasía e distopía, e que se converteu nunha das miñas triloxías favoritas. Animada e con mil ganas de ler a continuación.

20 de xuño de 2015

Reseña: Materia Oscura: "La Brújula Dorada" e "La Daga".

                           


Hai un tempo, lin a primeira parte da triloxía A Materia Escura: "Luces del Norte" ou "La Brújula Dorada" (o nome orixinal era o primeiro pero cando se rodou a película cambióuselle) que me gustou moito, pois creaba un mundo fantástico, cun argumento moi bo e moi entretido polo que quixen ler a segunda parte pero, pouco a pouco, funo deixando, deixando, deixando ata que pasaron un par de anos. Finalmente, o outro día decidín lela xa así que comecei "A Daga", a segunda parte da triloxía.

Luces del Norte, conta a historia de Lyra, unha rapaza que non coñece a seus pais e vive no College de Oxford donde gasta bromas aos licenciados e o pasa moi ben xogando co seu amigo Roger. Seu tío, acude anualmente ao college a visitala, e nunha desas visitas ocorrerá algo que cambiará a súa vida, provocando unha fantástica viaxe ao Norte.

La Daga, continúa a historia de Luces del Norte pero cambia o argumento por completo e engade un personaxe novo, Will, e a súa historia. Apenas aparecen os personaxes da primeira parte da triloxía, e cando o fan é cunha historia secundaria e non protagonista.

Luces del Norte gustoume moito cando o lin, sobre todo todo o relacionado co Norte, pois falaba dos pobos que vivían alí e describía todos eses lugares polos que Lyra ía pasando. Ademais, aparecían os giptanos e contábanse tamén as súas costumes dunha forma moi interesante, xunto a un argumento bo, con aventura e acción (aínda que escasa, era a suficiente). Apasionoume todo isto, e ademais a trama era interesante, nada aburrida e con sentido.

En cambio, dende que empecei La daga, vin que xa non me ía a gustar tanto, pois o protagonismo pasaba de telo Lyra, a telo un personaxe novo, Will, que non pintaba nada na novela. Ademais cambiaba o argumento por completo, parecendo un libro independente case, pois nin sequera os personaxes aparecían moito: as bruxas seguen aparecendo, e teñen certa importancia no libro, pero non é o mesmo; non me gustou a forma de enfocalo, tan diferente á de Luces del Norte. Ademais, os capítulos paréceronme longuísimos, lentos e aburridos.Ata a metade (literal) da novela, non se sabe por onde o autor vai a tirar e hai tramas que quedan abertas e que non teñen sentido. Ademais, varios personaxes teñen intencións e "misións" diferentes pero que os van levar ao mesmo punto, unha idea brillante, pero mal desenrolada.

O que si me gustou de La Daga, foi a idea dos mundos paralelos, que ademais da explicación a moitas cousas da primeira parte da triloxía, e que é moi interesante e apasionante, aínda que non é algo tan presente na novela como me gustaría.

Conclusión: En definitiva, sinto unha gran decepción. A primeira parte estaba xenial e deixárame moi contenta, pero La Daga non me gustou nada, e decepcionoume moito. Seguramente lea a terceira parte, pero só por saber se mellora e darlle unha oportunidade, pero as ganas son cero.

30 de maio de 2015

Reseña: Todas las hadas del reino



"Todas las hadas del reino" é un libro de Laura Gallego, unha das miñas escritoras favoritas, polo que cando me enterei de que se publicara quixen lelo enseguida, pero ao ler a sinopse e ver que ía de fadas e contos (a parte dos mundos de fantasía que menos me gusta, pois eu son máis das temáticas das outras novelas de Laura Gallego como "El libro de los portales" ou "Memorias de Idhún" máis relacionadas con mundos paralelos ou portais teletransportadores; máis críbles) quitáronseme as ganas, a verdade. Pero a pesar diso, como a autora era quen era, decidínme a lelo de todas formas.

Todas las hadas del reino, conta a historia de Camelia, unha fada madriña que está cada vez máis sobrecargada xa que os seus afillados aumentan cada vez máis e, polo tanto, a súa maxia está máis dividida e débil. Encárgaselle axudar a Simón, un mozo pobre que se namorou da princesa do seu reino que nunca se fixou e nunca se fixará (polo menos en principio) nel e Camelia volcarase no su traballo aínda máis que de costume. Ademais de Simón, cóntanse tamén cousas dos demais problemas dos seus afillados e aspectos da vida de Camelia.

En primeiro lugar, a portada do libro paréceme horrenda porque lle da ao libro un aspecto moi moi moi infantil e fai chegar á persoa que o ve a conclusións equivocadas, aínda que o libro me pareceu tamén un pouco máis infantil do que esperaba, pois como foi lido por moitos adolescentes e xente algo máis maior (tanto do meu redor como bloggers e demais) eu tiña unha idea bastante distinta do que me ía atopar, e quedóuseme algo pequeno.

Gustoume da novela, que se fai referencia a momentos e sucesos dos contos populares que todos coñecemos (como Rapunzel ou Hansel e Gretel) tanto directamente como de forma non explícita, e en momentos moi oportunos. Tamén me parece un punto positivo que non se narre só a historia principal, a de Simón, senón a de todos os afillados, e que se conte a orixe das fadas madriñas e como pasaron de ser sete, nas súas orixes, a ser cada vez menos, pero costoume bastante saber, por culpa disto precisamente, a donde quería chegar a autora e por onde ía tirar, e, iso si, non acertei para nada. O que creo que foi o único que realmente podo dicir que me gustou de Todas las hadas del reino é que dende o principio ata o final do libro pasan moitos anos (moitos, moitos anos) e ves como van medrando os personaxes (sobre todo os afillados que coñeces cando son pequeniños) e que lles ocorre, algo que soe depender en certa medida dos "desexos" que lles concede Camelia, pero non se conta demasiado, e é algo secundario da trama (por desgracia, porque é do pouco que me deixou contenta, debo dicir con moita pena pola miña parte).

Dende o principio ata algo máis adiante da novela, non me apasionou moito a historia, nin os personaxes (a verdade e que non me chegaron a caer ben nin simpaticei con ningún especialmente) pero algo máis adiante da metade, a trama cambia moi moi moi bruscamente (algo que lle facía falta, sen dúbida) e vólvese máis interesante, polo menos para min. Fíxoseme moi lento, sobre todo ata a parte xa citada, e non simpaticei nin me interesei con case nada do narrado (con quizais a excepción de Camelia e algúns sucesos e historias do pasado das fadas, sobre todo, que tiñan algo de interés) como xa dixen antes, ata que aparece un novo personaxe que ten certa relación con Camelia (non romántica) e que me cae ben dende o primeiro instante. Faise referencia á casa de doces de Hansel e Gretel e ocorren diversas cousas entre Camelia e o personaxe xa citado, e dase a única parte que si que me gustou moito. Logo, ven o final que volveu a non gustarme, polo que só quedei contenta cun 15-25% da novela, como moito. 

Conclusión: Creo que se fora un tema que me interesase e me gustase, tería sacado mellor impresión do libro, pero aínda así, creo que é un dos libros, digamos "menos maduros" de Laura Gallego e que non se achega nin de lonxe a outras novelas súas que adorei, como as fantásticas Memoria de Idhún, Donde los árboles cantan, El libro de los Portales (reseña pinchando no nome) e moitos máis, senón que é moito máis infantil, para rapaces de 10-13 anos máis ou menos, aínda que dependa da persoa, e que se centra en aspectos que non son para min, pero segue igualmente moi ben escrito, como todas as súas obras.

16 de abr. de 2015

Reseña de Cazadores de Sombras 5: Ciudad de las Almas Perdidas e Cazadores de Sombras 6: Ciudad del Fuego Celestial

 




Siceramente, estou bastante farta de Cazadores de Sombras. No anterior artigo no que falei des ta saga (Esta entrada sobre Cazadores de Sombras 4) dixen que estaba contenta con ela porque, a pesar de que acabara mooooi aburrida e queimada despois do terceiro libro e pasara case un ano ata que lera o cuarto, este último me gustara e recuperara a ilusión. Pois a día de hoxe digo todo o contrario, estou fartísima de Cazadores de Sombras xa que ao principio a trama ten sentido e está ben, pero cando acaba ( no terceiro libro) comezan outra historia diferente sen sentido ningún e, aínda por riba, resucitan a personaxes mortos, aparecen familiares e persoas relacionadas cos protagonistas misteriosamente e xusto cando xa non se sabía cara onde ía tirar a autora... Pero o rey de todos os males é a historia de amor entre Jace e Clary. Vale, ao principio tiña interés ao ser un amor prohibido, pero chega a un punto no que farta dado que Clary non deixa de dudar polo que sente Jace por ela e este non para de dicirlle o moito que lle cambiou a vida e que o fixo mellor etc. E, de verdade que estou moi cansiña de declaracións de amor repetitivas entre os mesmos dous personaxes e que "non poidan vivir sen o outro". 

Outra cousa que fixo que terminase a lectura da saga con mal sabor de boca, é que sempre sexa o mesmo enemigo (Sebastian) o que lles causa problemas e que nunca consigan vencelo definitivamente, sempre fuxe, e volve con un montón de rollos absurdos con el (batallas repetitivas, a obsesión con súa irmá, inmortalidade...) e logo, un día, de repente, morre dunha forma absurda. Se a eso lle sumamos que, en teoría, ninguén pode invocar a un anxo e pasan así toda a saga e que como (na miña opinión) a autora xa deixara de ter ideas de como continuar non deixaban de suceder absurdidades, Cazadores de Sombras parece xa unha telenovela mexicana con medio-irmáns (hainos), padastros e madrastras (hainos), amores imposibles á par que cansinos (hainos), e a mesma trama unha e outra vez, sen pausa e cambios mínimos e absurdos.

Na parte positiva, temos a relación entre Alec e Magnus (un sopro de aire fresco, e un acerto da autora o feito de ter profundizado nela) e a introdución dos nenos Blackthorn e Emma Castairs. A novela comeza cando a súa familia é asasinada a mans de (como non, por enésima vez e sen orixinalidade algunha) Sebastian e dende ese momento, intercala a narración da vida de Clary, Jace, Isabelle e demais cos sucesos con Emma Castairs (sobre todo), Julian Blackthorn e os seus irmáns como protagonistas. Esto achega algo de frescura dado que a maior parte dos lectores (ou polo menos eu) necesitaban algo distinto. 

Moitos lectores (e moitas reseñas en blogs e páxinas web de lectura) din que o final de Cazadores de Sombras é impresionante. Pois eu non lle atopei a impresión por ningunha parte; un final pouco orixinal e repetitivo. O único que me gustou destes últimos libros é o último capítulo do sexto tomo.

Conclusión: Se tivera que volver a ler a saga, sinceramente, dudaría. A autora debería ter parado no terceiro libro ou, como moito, facer catro pero seis é excesivo. Todo o bo que ten a precuela de Cazadores de Sombras teno de malo a secuela. Moi decepcionada.

23 de mar. de 2015

Reseña de Divergente 0: Cuatro




Cuatro, de Veronica Roth, non é exactamente unha precuela nin unha secuela da triloxía Divergente pois, a pesar de que conta historias da vida de Cuatro ou Tobias de antes de que comece a historia da triloxía (polo que é en certo modo unha precuela), tamén aparecen escenas e partes que se contan na triloxía pero vistas dende o punto de vista de Cuatro en lugar de dende o de Tris.

Nun principio, non tiña intención de ler o libro, pois pensaba que era unha secuela de Divergente e que me ía parecer cansino e ía estropear o magnífico final da triloxía, pero máis tarde descubrín que contaba partes de Divergente dende outro punto de vista e que ampliaba pequenas historias das que apenas se fala na saga ou que non chgaron a contarse de todo, como o inicio da relación entre Amar e Cuatro ou como veu Cuatro a Tris a primeira vez. 

Vou comentar as diferentes historias por separado:

- O trasladado: Narra os acontecementos ocorridos dende a proba de aptitude de Tobias ata as primeiras probas da súa iniciación. Gustoume moito esta parte porque creo que se conta moi ben e se deixa moi clara a relación de Cuatro con seu pai e a angustia á hora de tomar a decisión. Tamén se matiza máis a relación de Cuatro e Eric, pois polo menos ao principio da triloxía Divergente parecía que eran amigos da alma e nada máis lonxe da realidade.

- El iniciado: Narra a vida de Tobias durante a súa iniciación. 

- El hijo: Esta historia está xeniaaaaal porque se ve paso a paso como decubre cousas de Erudición e Osadía contra Abnegación e como investiga. Á súa vez tamén se ve nela como comeza a ver que non é ouro todo o que reluce e que non debe fiarse de todos.

- El traidor: Aquí aparece Tris Prior e xa se narra como reacciona Cuatro. Tamén se profundiza nas dúbidas de Tobias sobre se avisar ou non á súa antiga facción sobre a guerra que se aproxima.

Conclusión: Gustoume moito o libro porque creo que non se lía en partes sen importancia e que profundiza onde debe pero, se ben é un moi bo recordo de Divergente tras moito tempo dende que o lin, non creo que sexa indispensable a súa lectura e que non é un libro que debas ler para poder confirmar que leches Divergente. Mediocre, sen moita importancia.

13 de mar. de 2015

Reseña: Sueña



Sueña é o primeiro libro da triloxía La cazadora de sueños, de Lisa McMann. Conta a historia de Janie, unha adolescente de 17 anos que, cada vez que algunha persoa se dorme cerca dela, entra nos seus soños, aínda que sexa contra a súa voluntade. algo que lle trae moitos problemas e prexuízos e é moi incómodo. Súa nai é alcohólica, polo que non teñen moitos cartos e ten, tan só, unha amiga que é a única que non se porta mal con ela.

Cando comecei a ler o libro, non esperaba que fose nada do outro mundo pois a trama e temática era moi vista; a típica triloxía adolescente. En cambio, ao empezar a lectura xa notei que me ía encantar pois enfocaban a trama dunha forma inesperada, facendo incapé en pequenos detalles de maneira que notas todos os cabos ben atados.

Atopei moitos puntos positivos que contribuiron a que isto ocorrera. En primeiro lugar, a narración faise en primeira persoa, algo que ADORO nun libro porque fai que prestes máis atención e te enganches, porque todo está ocorrendo nese mesmo instante e os protagonistas descobren todo á vez que o lector. Ademais, Janie non é a típica protagonista tonta que non é capaz de loitar e enfrentarse cos seus problemas, senón que consegue resolver as diferentes complicacións que se plantexan, que por outra parte, teñen resolucións inesperadas por completo na maioría dos casos. Debo falar dun final de novela estupendo para rematar os puntos fortes de Sueña.

Coma sempre, non todo pode ser bo, polo que tamén atopei cousas negativas e malas no libro, aínda que menos que as positivas: En primeiro lugar, non entendo a relación entre Carrie e Janie. Non estou segura de si o fallo está na forma de planteala e como foi escrita, é dicir, se é unha relación pouco creíble, ou se realmente a idea desa amizade era así dende o principio. En calquera caso, pareceume moi falsa e pouco realista. Cambiando por completo de tema, paréceme raro que 9 de cada 10 soños nos que entra Jadnie sexan pesadelos, porque a xente tamén ten soños bos, e boto en fata máis, cóntanse poucos soños tendo en conta que son o eixe sobre o que xira o libro. E, un fallo bastante importante dende o meu punto de vista, é o feito de que cando a protagonista entra nun soño alleo, ten unha especie de convulsións que, extrañamente, á xente non lle chama a atención e que me estraña que lle dé tan pouca importancia. Cada vez que lle ocorre, as persoas confórmanse con que Janie diga que "non pasa nada, de verdade".

Conclusión: A pesar de todo isto, os puntos negativos son menos ca os positivos e non me parecen moi importantes, polo que considero que esta triloxía (ou polo menos a primeira parte) está moi ben escrita e recoméndoa.  Libro xenial e recomendadísimo.

10 de mar. de 2015

Reseña de Cazadores de Sombras: Ciudad de los Ángeles Caídos


Cazadores de Sombras é unha saga de seis libros que conta a vida de Clary, unha rapaza sobreprotexida por súa nai, e como descubre a identidade de seu pai e un mundo de anxos, demos e seres que nunca pensou que puideran existir. Cassandra Claire, a autora destas novelas, escribiu tamén unha precuela de Cazadores de Sombras, chamada Cazadores de Sombras: El Origen, que conta a historia dos antepasados dos protagonistas da saga Cazadores de Sombras.

Eu comecei a ler esa precuela (pois se comezas pola saga en si desvélanse pequenos detalles dela) e gustoume moito, é máis, moitísimo, pois contaba a historia dunha forma pausada pero sen ser aburrida e Will, un dos protagonistas, pareceume un encanto e é dos meus personaxes favoritos de triloxías e sagas en xeral. Tras acabar o último libro de Cazadores de Sombras: El Origen, quedei cun sabor de boca incríble e marabilloso polo que non vía a hora de ler Cazadores de Sombras así que comprei os libros para o meu e-book de inmediato. As conclusións que saquei libro a libro foron as seguintes:

- O primeiro libro, Ciudad de Hueso, encantoume pois fálase moito da vida de Clary e nótase claramente unha introdución, nó e desenlace. É un libro pausado e con acción a partes iguais, polo que me parece perfecto.

- Ciudad de ceniza: Este libro xa me fixo menos graza porque ao ser máis longo tiña partes de "palla" sen sentido e aburridísimas. Ademais xa empezaba a estar cansa das idas e vidas da historia de amor entre Clary e Jace, aquelo comezaba a parecer unha telenovela con parentescos sorprendentes incluídos.

- Por último, Ciudad de Cristal, foi a gota que colmou o vaso e xa non aguantei máis porque non facían máis que repetir as mesmas tramas, dar demasiados xiros (incluso para min que os adoro) e desenlaces imposibles sen sentido. Fíxoseme incríblemente cansino e só acabei a novela porque odio deixar algún libro sen terminar, non por outra cousa.

Esto todo ocorreu durante o verán, sendo o mes de Setembro o último no que lin algo de Cazadores de Sombras, e non tiña pensado ler máis libros despois de ter chegado á conclusión de que a autora debería ter parado xa aí, pero tras acabar os libros que tiña para ler decidín darlles outra oportunidade polo que lin o cuarto libro da saga que, sorprendentemente, me ENCANTOU. 

Despois do terceiro libro, acábase a trama da que trataban os tres primeiros polo que en "Ciudad de los Ángeles Caídos", ábrense novas partes e hai novas intrigas, regresando algúns dos personaxes anteriores. 

Puntos positivos:
  1.  Regresan personaxes anteriores pero sen volver a sacar tramas xa pechadas e cansinas.
  2. Desenvólvense temas relacionados con personaxes secundarios que xa tiña ganas de ler pois había algúns con moito potencial pouco aproveitado.
  3. A trama é débil pero con interés de maneira que non se fai pesada e cansina.
Puntos negativos:

  1. Volven as idas e vidas da relación Clary-Jace. unha vez máis CANSINAS pero tras a pausa que fixera de Cazadores se Sombras foi aguantable.
  2. Odio a actitude de preocupación perpetua de Clary por Jace e que pasa a vida pensando en que pensará el dela e si a segue querendo.
  3. Odio a actitude de Jace que se alonxa de Clary para "que estea a salvo pois merece algo mellor ca el" e a súas torturas cara si mesmo por seu pai que sobran totalmente.

CONCLUSIÓN: Recomendo a lectura desta saga (pero sobre todo da precuela) pero  facendo pausas para evitar aburimento sempre que sintamos xa pesados os libros.





26 de nov. de 2014

Reseña: Os escaravellos voan a tardiña





Os escaravellos voan á tardiña, da sueca María Gripe, é un libro de misterio, intriga e fantasía que eu lera había moito tempo e decidín volver a ler, pois non recordaba absolutamente nada (coa excepción, curiosamente, dun personaxe chamado Natte que, aínda que ten certa participación na obra, non é un dos protagonistas). A edición que eu teño, ten a portada da foto dereita, pero está en galego e, en lugar da 22ª edición é a 5ª (é moi antigo, a verdade). A edición actual é a da esquerda.

A temática do libro, é moi semellante á de "O Pazo Baleiro" (pero moitíiiisimo mellor contada, na miña oponión) no feito de que os protagonistas buscan algo (neste último é un obxecto moi valioso, unha xoia, e en "Os escaravellos voan á tardiña" unha estatua exipcia) que pasou de xeración en xeración nunha familia e trastocou por completo a vida desta. En "os escaravellos voan á tardiña", tres rapaces coidan unha casa durante o verán e descubren unhas cartas antigas que contan as historias dos donos da casa séculos atrás. Deciden buscar o obxecto do que se fala nelas e que ten uha antiga maldición, como no "Pazo Baleiro. Ahí é donde acaba todo o parecido, pois mentres que O Pazo Baleiro de Xabier P. Docampo non me enganchou e me aburreu (dado que tiña unha introducción de sete capítuos e só dous de nó e desenlace e estaba escrito dunha maneira moi parada e pesada) este libro consegue intrigarche e que desexes chegar ao final e ersolver todos os misterios (pois van aparecendo máis pouco a pouco)

Cando comecei a ler o libro pensei que o bo recordo que tiña del estaba causado polo tempo que había que o lera pois parecíame aburrido e non me enganchaba, pero na metade ou algo antes, comecei a sentir a intriga que recordaba que tiña a historia. Engancha moito a partir dese momento e queres ler e ler par saber cal é a resolución do misterio. Ademais, non todo é o que parece, e aquela cousa sobre a que cres que estás máis seguro, é falsa, e cóntase algo que transtorna todo o que crías que ía pasar. O final do libro é moi sorprendente e queda aberto polo que me encantou. Recordo que a primeira vez que o lera me asombrara moitísimo, desta non tanto porque, aínda que non sabía que ía pasar, acordábame de que a historia ía dar un cambio brusco.

En canto a críticas negativas, só se me ocorre que hai algúns feitos aos que se lles da moita importancia ata que se resolven e ao final non eran para tanto, como o extraño home que entra na casa varias veces e ven no pobo tamén pero que despois non ten moita importancia na trama, en realidade.

17 de nov. de 2014

Reseña: El misterio de la Isla de Tökland

     


El misterio de la isla de Tökland de Joan Manuel Gisbert, é (como todos ou casi todos os libros deste autor) un libro de intriga e misterio. Ao contrario doutras obras del, algunhas das cales xa falei neste blog (La voz de la madrugada, El museo de los sueños, La mujer autómata...) si que teño cousas malas das que falar e puntos que non me gustaron. Joan Manuel Gisbert, é un dos meus escritores preferidos, sen dúbida, porque consegue manter a intriga todo o tempo e teñen unhas tramas xeniais.

El misterio de la Isla de Tökland, trata dunha illa moi pequena sen ríos, terra ou ningún tipo de elemento que favoreza a vida, polo que está totalmente deshabitada, que é alquilada por un grupo de persoa para, segundo din, conseguir que acudan turistas en masa. Os gobernantes do país ao que pertence a illa, non lles parace mal o trato, dado que na illa non hai nungún tesouro ou algo de valor que poidan querer conseguir, asi que lles é alquilado por dez anos.

Despois dun tempo, nos periódicos anúnciase que na illa de Tökland hai unha serie de acertixos moi complicados e que quen os resolva ganará moitos cartos. O protagonista da novela, un periodista, decide intentalo para poder contarlle a súa aventura aos lectores da revista onde traballa, pero cando chega á illa non todo é tan bo como parece.

Normalmente, os libros deste autor gústanme moito pola increíble capacidade de intrigar e escribir libros fantásticos cun final nunca esperado, pero precisamente foi este último punto o que me decepcionou do libro. En lugar dun final realista que esperaba e quería que tubera, terminou dunha forma fantástica que a min, personalmente, non me gustou. En canto ao resto da obra, non me desgustou pero tampouco me encantou. Nin fu nin fa aínda que si houbo partes que me sorprenderon positivamente.

En canto ás portadas, hai moitas diferentes (moitas máis das que hai nesta entrada) pois xa é un libro que ten relativamente bastantes anos e moitas edicións. Eu lino na versión da segunda portada, a que máis me gusta xunto coa terceira e que me parece que chama máis a atención e da máis ganas de ler a novela.

23 de set. de 2014

Reseña: El libro de los portales


El libro de los portales é unha das obras de Laura Gallego, como xa teño comentado con anterioridade, unha das miñas escritoras favoritas. É un dos libros máis recentes dela no que, aínda que a historia se desenrola no pasado, (algo que podemos intuír pola pouca tecnoloxía da que se dispón e a forma de vida) é moi diferente ao que todos coñecemos. O medio de transporte principal, son uns portais pintados nas paredes das casas dos máis privilexiados e nas áreas públicas, que tan só poden crear os pintores da Academia Dos Portais, unha especie de universidade.

A miña opinión, é que, se ben me gustou moito, tamén ten cousas que me deixaron un sabor agridulce e non é o mellor da autora. Gústame moito a trama de intrigas e secretos que ten a novela (acabeina mi rápido) e, en realidade, creo que non teño ningunha crítica sobre ela en si, si ben hai cousas que cambiaría: omitiría a un par de personaxes que en realidade non importan para nada na historia, como os amigos de Tabit, o protagonista, e algúns profesores que saen tan só en breves momentos da novela sen verdadeira importancia.

A parte que menos me gustou do libro sen ningunha dúbida, é cando os protagonistas van a parar a outro mundo, un mundo morto, sen vida, no que unha criatura extraña, parecida a unha araña xigante, os axuda. Realmente, creo que non é algo necesario para a novela e que se eles conseguiran salir dalí polos seus propios medios, estaría moito mellor.

Por último, teño que falar das personalidades dos protagonistas (Tabit e Caliandra). Él, é moi soso e faltalle algo de chispa ou de carácter. Con respectoa ela, non me gustou nada a súa historia con Kelan, é dicir, si que debe aparecer en El libro de los portales pero sen darlle esa importancia esaxerada e falar do tema durante tanto tempo.

Aínda así, o libro gustoume moito e gardo un recordo moi moi moi bo del, porque Laura Gallego nunca traiciona. Está ben escrito, boa trama, e creíble (coa excepción da araña xa mencionada, que non me convenceu para nada.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...