Este libro de Jordi Sierra i Fabra (outro máis que leo deste autor, últimamente non deixo de ler libros del) trata dunha muller, Ana, que, despois dun ano da morte do seu marido nun accidente de avión, atropella a Lalo, un home que cambiará por completo o curso da súa vida e dos seus fillos: Arantxa e Leo. Pouco a pouco, Lalo e Ana comezan a namorarse pero, Lalo agocha algo estraño e non é tan boa persoa como parece. El atribúe a súa reticencia a falar da súa vida pasada a un mal matrimonio e unha dura e longa separación, pero Leo e Arantxa non o cren e comezan a investigar, atopando a sorprendente verdade.
Empezo a reseña do libro pola contraportada, pois xa houbo algo nela que non me gustou: no resume que fan da trama, revelan varios detalles que fan que non te sorprendas tanto ao ler a novela, como o feito de que xa din que Lalo oculta algo, o que nun principio lendo o libro non sabes, polo que ao contarcho xa esperas, en certo modo polo menos, o que acontece ao comezo do nó. Se ben non son moi importantes estes detalles, preferiría que non mos tiveran contado antes de empezar a ler. En segundo lugar, o feito de que Ana teña moitos cartos é bastante importante e non o contan, en cambio, ata case o final de maneira que te das conta da súa importancia; se o tiveran contado antes non te terías dado conta dese detalle e non esperarías a relación que ten co acontecido.
Finalmente, outra cousa, esta vez da trama, que me chamou a atención negativamente por parecerme pouco creíble é a escena final, cando Ana mata a Lalo para evitar que este dispare a Leo. Entendo que ela faga o que sexa polos seus fillos, pero de ahí a dispararlle á súa parella (case marido) sen aínda estar ao corrente das investigacións dos fillos, creo que hai un bo cacho.
Conclusión: A pesar disto, unha novela intrigante, cun tema diferente e orixinal, e moi ben contada. Se ben non é indispensable a súa lectura é unha boa opción.
25 de feb. de 2015
19 de feb. de 2015
Reseña: O centro do labirinto
Este libro de Agustín Fernández Paz, O centro do laberinto, está desenrolado no futuro e trata sobre unha muller moi influinte no goberno da época que decide viaxar a Galicia pois súa nai ( a avoa del) naceu alí e deixou escrito nuns diarios a súa vida nese lugar. Decide levar ao seu fillo pois ten unha relación bastante mal con el ao tratarse dun adolescente complicado e cre que a viaxe pode axudalos a coñecerse máis. Os problemas comezan cando chegan aos arredores de Santiago de Compostela, pois David (o fillo) desaparece tras sufrir un terrible accidente de aerotaxi e súa nai debe, ademais de buscalo, loitar contra unha serie de complots producidos pola grande cantidade de poder que posúe.
Dende que lin o resume deste libro, pensaba que me ía encantar pola miña afición aos libros futuristas, pero a verdade e que me decepcionou bastante porque, aínda que a parte da trama onde se fala do complot contra Sara (a protagonista) é moi intrigante e interesante, paréceme aburridíiiisima a parte onde ela busca ao seu fillo porque é moi lenta e non ocorre nada durante practicamente todo o libro ata ben entrado o final. Se só existise o relacionado co goberno e o complot, teríame encantado "O centro do laberinto" porque ten un deses finais que me gustan: sorprendente, pero ao ser así decepcionoume bastante e non me convenceu de todo.
Prodúcese un cambio no medio do libro, mentras que comeza de forma animado e ocorrendo cousas, na metade aproximadamente comeza a parte aburrida da que xa falei e logo volve a ter un bo final. Considero, polo tanto que se fose un pouquiño máis curto me tería gustado máis porque lle sobran cousas.
Outra cousa que contribuíu máis que o anterior a que me desagradara a novela, foi o cambio de narrador. Unha cousa e que a persoa que narra cambie en cada capítulo (algo que me gusta e do que falei positivamente en obras como "a sombra cazadora") e outra que varie sen sentido nin orde aparente. Explícome, ao principio hai un narrador omnisciente, de terceira persoa polo tanto, que conta nun capítulo o que lle ocorre a Sara e no seguinte o que lle pasa a David, e, de repente, pasa a ser un narrador de primeira persoa no que quen fala é Brenda (un personaxe secundario) e logo volta de novo ao omnisciente. Isto, contado así non parece tan malo pero na práctica vese, polo menos para min, horrible.
Conclusión: Non me gustou demasiado, se ben non é dos peores, porque me aburreu en determinadas partes.
13 de feb. de 2015
Reseña: A sombra cazadora
Teño que dicir que me sorprendeu gratamente este libro, A sombra cazadora, de Suso de Toro pois non tiña demasiadas esperanzas nel e, en cambio, gustoume moito. Debo comentar que a reseña que ven a continuación, refírese ao libro antigo, á segunda edición concretamente, que é o que lin eu, pois nas máis actuais o autor introduciu novos acontecementos e cambiou algunhas feitos, como, por exemplo, o final.
Conta como dous irmáns viven con seu pai, aislados do mundo, nunha casa da que eles nunca saliron e seu pai só o fai unha vez cada dous meses para conseguir provisións. Ademais, do faiado saen voces que gritan cousas extrañas, que os rapaces non entenden, e ás cales só seu pai consegue calmar. Un día, algo cambia na rutina que siguen dende que teñen memoria e descubren porque seu pai os ten alí agochados e nunca lles fala do mundo exterior. Desde ese momento, nada será o mesmo.
Sei que a trama da novela, en si mesma, non ten moi boa pinta porque a min doume esa mesma expresión cando a lin, pero tras acabar le lela podo dicir que me gustou moito. Encantoume o principio, sobre todo, cando non sabes, ao igual que os protagonistas, a razón do seu encerro e van contando a súa vida nel, pois non se corresponde, para nada, co mundo actual e os que os rodea (creo que, aínda que non se di na obra, se desenrola no futuro) e é moi intrigante todo o que ocorre pola súa extrañeza.
Logo, a parte do nó, xa me gustou algo menos porque considero que se fai moi lenta ao ocorrer os acontecementos maioritariamente no mesmo autobús e nun curto plazo de tempo. Por último, creo que o final é bastante malo porque, tras toda a trama e intriga da novela, paréceme moi decepcionante que se acabe de forma tan simple e sen apenas, na miña opinión, sentido.
Logo, tamén se me presentaron algunhas dúbidas durante a obra como: Por que o pai dos protagonistas lles manda ir á casa do seu padriño? Porque, que ía facer el, ocultalos para sempre? Pareceume algo sen demasiado sentido.
A pesar destes detalles, considero que este libro está moi ben e que non perdín o tempo ao lelo.
4 de feb. de 2015
Reseña: Asesinato en el campo de golf
Ultimamente, os libros de Agatha Christie estábanme deixando un pouco indiferente porque xusto as novelas que elixira non eran das máis famosas, interesantes e intrigantes da serie ("El templete de Nasse House", "Ocho casos de Poirot"...) Pero desta vez, elixín moi ben pois "Asesinato en el campo de golf" e un dos máis famosos e (como souben máis tarde despois de lelo) con razón.
Un home rico e poderoso, nacido en Sudamérica pero que vive actualmente en Europa, mándalle unha carta ao detective Hercules Poirot porque sospeita que un perigo se cerne sobre el, aínda que non lle aclara o que, e pídelle que acuda á súa casa. Cando chega, o detective descubre que o home que o contratara fora asasinado. A partir dese momento, unha mestura de personaxes e historias transcurridas en varios continentes, fará que non poidas deixar de ler e que xa non sepas nin sospeites quen é o culpable.
Conclusión: Esta é unha desas novelas nas que de tantas voltas e xiros que a trama dá, xa non sabes que vai ocorrer agora. É unha desas novelas de Agatha Christie que adoro e as que lin de primeiras e fixeron que me aficionara a elas, está, sen dúbida, dentro do grupo das que considero boas ou mellores que o resto. Recomendo lela sen dúbida porque non deixa indiferente como algunhas outras que case non sabes se che gustan ou non, das que acabas de ler sen case darte conta e sen sentir ningún tipo de emoción.
22 de xan. de 2015
Reseña: El templete de Nasse House
Unha vez máis, entráronme ganas de ler unha novela de misterio de Agatha Christie e, tras moito pensar, decidinme por "El templete de Nasse House". Conta, tamén esta vez, a investigación dun asasinato por parte do detective Hercules Poirot pero, nesta ocasión, é un crime moi orixinal, pois ocorre nunha festa na que un dos xogos nos que as persoas podían participar era, precisamente, a investigación dun asasinato, e a asasinada é a muller que facía de morta no xogo.
Lin bastantes libros desta autora, pero este é un dos que máis me gustou, pola orixinalidade da súa trama, ao haber un asasinato nun xogo de misterio e ser precisamente a vítima do xogo quen morre, e polo aparición de turistas durante toda a obra que a fan máis rara e con máis posibilidades á hora de atopar ao culpable. Ademais, na edición que eu lin hai unha lista de personaxes ao principio, que facilita moito a vida, pois Agatha Christie é moi dada a crear innumerables sospeitosos e ao cabo duns capítulos nos que non aparece determinada persoa non recordas cal deles é. En canto ao ritmo da trama, está xenial porque non aburre e intriga polo que non queres parar de ler.
Aínda así, hai unha pega que poño deste libro: o final, aínda que inesperado e bo, coma sempre, é pouco creíble en certo modo e non me acaba de convencer, algo raro nos finais de Agatha Christie. En conclusión, non é das mellores da saga pero tampouco, sen dúbida, das peores.
Lin bastantes libros desta autora, pero este é un dos que máis me gustou, pola orixinalidade da súa trama, ao haber un asasinato nun xogo de misterio e ser precisamente a vítima do xogo quen morre, e polo aparición de turistas durante toda a obra que a fan máis rara e con máis posibilidades á hora de atopar ao culpable. Ademais, na edición que eu lin hai unha lista de personaxes ao principio, que facilita moito a vida, pois Agatha Christie é moi dada a crear innumerables sospeitosos e ao cabo duns capítulos nos que non aparece determinada persoa non recordas cal deles é. En canto ao ritmo da trama, está xenial porque non aburre e intriga polo que non queres parar de ler.
Aínda así, hai unha pega que poño deste libro: o final, aínda que inesperado e bo, coma sempre, é pouco creíble en certo modo e non me acaba de convencer, algo raro nos finais de Agatha Christie. En conclusión, non é das mellores da saga pero tampouco, sen dúbida, das peores.
16 de xan. de 2015
Reseña de El Corredor Del Laberinto: El Destello
Encantoume. El Destello, de James Dashner, é unha precuela da saga El Corredor del Laberinto na que se conta como o mundo acabou sendo tan horrible como o coñecemos na triloxía anterior e como a enfermidade da que trata se extendeu e espandeu polos supervivintes da catástrofe que ocurriu no planeta.
Gustoume moitísimo que os protagonistas da novela non sexan os mesmos da triloxía e que todo vaia paso por paso, de maneira que entendas á perfección como avanza a desgraza polo planeta. Unha grande pega que lle vexo, é o feito de que non hai capítulos neste libro, senón que a historia se conta "dun tirón", sen pausas nin saltos no tempo: por exemplo, en lugar de saltar do fin dun día ao comezo do seguinte, conta o que ocorre mentras durmen, o que soñan... Non é algo que nun principio sexa molesto, pero eu acostumo a parar de ler ao final do capítulo e desta maneira tiña que parar no medio das diferentes tramas, polo que acabou por non gustarme.
En canto ao final, non me gustou demasiado porque non e nada elaborado, é decir, despois de tantas voltas que da a novela, esperaba un final moi pensado e, en cambio, termina de repente, sen máis, e deixoume algo indiferente.
A pesar disto, encatoume a trama porque encaixaba á perfeccion coa triloxía da que é precuela pero sen repetir nada e facerse pesado e aburrido. As tramas son bastante variadas dentro do libro e entreteñen moito, facendoche pasar un momento formidable.
En conclusión, sen dúbida o lería si tivera que volver a facelo e recomendo a súa lectura, eso si, sempre despois da triloxía de "El Corredor del Laberinto" porque senón no hai forma de enterarse de nada e ademais estrope as sorpresas desta.
3 de dec. de 2014
Reseña: Ocho casos de Poirot
Encántanme os libros de Agatha Christie, sobre todo os do detective Poirot, polo feito dos impresionantes e inesperados finas que a autora escribe. Normalmente, cada libro trae un só misterio, pero neste caso, "Ocho casos de Poirot" é unha recopilación de oito relatos de misterio que non eran os suficientemente longos ou intrigantes para facer con eles unha novela independiente. Gústanme máis, polo xeral, as novelas nas que se resolve un só caso pois ten máis intriga e o final é menos obvio para o lector e moi sorprendente, aínda que algúns dos misterios deste libro gustáronme.
Vou falar individualmente dos casos que podemos atopar en "Ocho casoso de Poirot":
- El inferior: Non me gustou moito porque o culpable xa se vía vir en certo modo. A pesar diso, tendo en conta os restantes misterios do libro, non está tan mal; é dos mellores.
- El expreso de Plymouth: É un caso moi cortiño, non me gustou porque se resolve sen apenas investigar e é algo obvio e que parece mentira que escribira Agatha Christie.
- El caso del Baile de la Victoria: Empezou ben pero perdeu interés cara ao final. Outra vez (sei que me repito) un final obvio e para nada típico da autora.
- El misterio de Market Basing: Aínda que cun final inesperado que me gustou, pareceume moooi curto (só son cinco páxinas).
- La herencia de los Lemesurier: Gustoume todo o que se conta sobre unha lenda que di que os primoxénitos desa familia morren sempre sen herdar, polo feito de ser algo moi intrigante ao cumplirse esta sempre; pero o final foi un pouco forzado e decepcionante. Outra vez se trata dun caso curto.
- El misterio de Cornwall: Gustoume moito, a verdade. Está moi ben polo feito de ser un misterio intrigante (trata dunha muller que cre que o seu marido a envenena e que morre de repente) e cun final pouco esperado, tendo en conta os desta novela.
- El rey de bastos: O meu preferido sen dúbida algunha. Interesante, extensión perfecta e final relativamente inesperado.
- El robo de los planos del submarino: Pouco interesante, nin ben nin mal, deixoume indeferente.
- La aventura de la cocinera: Moi ben, xunto co antepenultimo o mellor.
En conclusión, os misterios da novela recopilatoria "Ocho casos de Poirot" ganan moito segundo lemos, sendo os últimos os mellores, pero, aínda así, non creo que este sexa un bo libro (nin en xeral nin dentro da saga de Poirot) nin moito menos un exemplo da obra de Agatha Christie.
26 de nov. de 2014
Reseña: Os escaravellos voan a tardiña
Os escaravellos voan á tardiña, da sueca María Gripe, é un libro de misterio, intriga e fantasía que eu lera había moito tempo e decidín volver a ler, pois non recordaba absolutamente nada (coa excepción, curiosamente, dun personaxe chamado Natte que, aínda que ten certa participación na obra, non é un dos protagonistas). A edición que eu teño, ten a portada da foto dereita, pero está en galego e, en lugar da 22ª edición é a 5ª (é moi antigo, a verdade). A edición actual é a da esquerda.
A temática do libro, é moi semellante á de "O Pazo Baleiro" (pero moitíiiisimo mellor contada, na miña oponión) no feito de que os protagonistas buscan algo (neste último é un obxecto moi valioso, unha xoia, e en "Os escaravellos voan á tardiña" unha estatua exipcia) que pasou de xeración en xeración nunha familia e trastocou por completo a vida desta. En "os escaravellos voan á tardiña", tres rapaces coidan unha casa durante o verán e descubren unhas cartas antigas que contan as historias dos donos da casa séculos atrás. Deciden buscar o obxecto do que se fala nelas e que ten uha antiga maldición, como no "Pazo Baleiro. Ahí é donde acaba todo o parecido, pois mentres que O Pazo Baleiro de Xabier P. Docampo non me enganchou e me aburreu (dado que tiña unha introducción de sete capítuos e só dous de nó e desenlace e estaba escrito dunha maneira moi parada e pesada) este libro consegue intrigarche e que desexes chegar ao final e ersolver todos os misterios (pois van aparecendo máis pouco a pouco)
Cando comecei a ler o libro pensei que o bo recordo que tiña del estaba causado polo tempo que había que o lera pois parecíame aburrido e non me enganchaba, pero na metade ou algo antes, comecei a sentir a intriga que recordaba que tiña a historia. Engancha moito a partir dese momento e queres ler e ler par saber cal é a resolución do misterio. Ademais, non todo é o que parece, e aquela cousa sobre a que cres que estás máis seguro, é falsa, e cóntase algo que transtorna todo o que crías que ía pasar. O final do libro é moi sorprendente e queda aberto polo que me encantou. Recordo que a primeira vez que o lera me asombrara moitísimo, desta non tanto porque, aínda que non sabía que ía pasar, acordábame de que a historia ía dar un cambio brusco.
En canto a críticas negativas, só se me ocorre que hai algúns feitos aos que se lles da moita importancia ata que se resolven e ao final non eran para tanto, como o extraño home que entra na casa varias veces e ven no pobo tamén pero que despois non ten moita importancia na trama, en realidade.
A temática do libro, é moi semellante á de "O Pazo Baleiro" (pero moitíiiisimo mellor contada, na miña oponión) no feito de que os protagonistas buscan algo (neste último é un obxecto moi valioso, unha xoia, e en "Os escaravellos voan á tardiña" unha estatua exipcia) que pasou de xeración en xeración nunha familia e trastocou por completo a vida desta. En "os escaravellos voan á tardiña", tres rapaces coidan unha casa durante o verán e descubren unhas cartas antigas que contan as historias dos donos da casa séculos atrás. Deciden buscar o obxecto do que se fala nelas e que ten uha antiga maldición, como no "Pazo Baleiro. Ahí é donde acaba todo o parecido, pois mentres que O Pazo Baleiro de Xabier P. Docampo non me enganchou e me aburreu (dado que tiña unha introducción de sete capítuos e só dous de nó e desenlace e estaba escrito dunha maneira moi parada e pesada) este libro consegue intrigarche e que desexes chegar ao final e ersolver todos os misterios (pois van aparecendo máis pouco a pouco)
Cando comecei a ler o libro pensei que o bo recordo que tiña del estaba causado polo tempo que había que o lera pois parecíame aburrido e non me enganchaba, pero na metade ou algo antes, comecei a sentir a intriga que recordaba que tiña a historia. Engancha moito a partir dese momento e queres ler e ler par saber cal é a resolución do misterio. Ademais, non todo é o que parece, e aquela cousa sobre a que cres que estás máis seguro, é falsa, e cóntase algo que transtorna todo o que crías que ía pasar. O final do libro é moi sorprendente e queda aberto polo que me encantou. Recordo que a primeira vez que o lera me asombrara moitísimo, desta non tanto porque, aínda que non sabía que ía pasar, acordábame de que a historia ía dar un cambio brusco.
En canto a críticas negativas, só se me ocorre que hai algúns feitos aos que se lles da moita importancia ata que se resolven e ao final non eran para tanto, como o extraño home que entra na casa varias veces e ven no pobo tamén pero que despois non ten moita importancia na trama, en realidade.
17 de nov. de 2014
Reseña: El misterio de la Isla de Tökland

El misterio de la isla de Tökland de Joan Manuel Gisbert, é (como todos ou casi todos os libros deste autor) un libro de intriga e misterio. Ao contrario doutras obras del, algunhas das cales xa falei neste blog (La voz de la madrugada, El museo de los sueños, La mujer autómata...) si que teño cousas malas das que falar e puntos que non me gustaron. Joan Manuel Gisbert, é un dos meus escritores preferidos, sen dúbida, porque consegue manter a intriga todo o tempo e teñen unhas tramas xeniais.
El misterio de la Isla de Tökland, trata dunha illa moi pequena sen ríos, terra ou ningún tipo de elemento que favoreza a vida, polo que está totalmente deshabitada, que é alquilada por un grupo de persoa para, segundo din, conseguir que acudan turistas en masa. Os gobernantes do país ao que pertence a illa, non lles parace mal o trato, dado que na illa non hai nungún tesouro ou algo de valor que poidan querer conseguir, asi que lles é alquilado por dez anos.
Despois dun tempo, nos periódicos anúnciase que na illa de Tökland hai unha serie de acertixos moi complicados e que quen os resolva ganará moitos cartos. O protagonista da novela, un periodista, decide intentalo para poder contarlle a súa aventura aos lectores da revista onde traballa, pero cando chega á illa non todo é tan bo como parece.
Normalmente, os libros deste autor gústanme moito pola increíble capacidade de intrigar e escribir libros fantásticos cun final nunca esperado, pero precisamente foi este último punto o que me decepcionou do libro. En lugar dun final realista que esperaba e quería que tubera, terminou dunha forma fantástica que a min, personalmente, non me gustou. En canto ao resto da obra, non me desgustou pero tampouco me encantou. Nin fu nin fa aínda que si houbo partes que me sorprenderon positivamente.
En canto ás portadas, hai moitas diferentes (moitas máis das que hai nesta entrada) pois xa é un libro que ten relativamente bastantes anos e moitas edicións. Eu lino na versión da segunda portada, a que máis me gusta xunto coa terceira e que me parece que chama máis a atención e da máis ganas de ler a novela.
12 de nov. de 2014
Reseña: ¡No disparéis contra Caperucita!
O tema do libro é a investigación arredor dun cadáver atopado polo protagonista, cando traballaba buscando esponxas, no fondo do mar. Ninguén o cre pois o corpo desaparece esa noite, e a policía deteno polo roubo dun barco que el non levou a cabo.
A trama, en si, paréceme intrigante e moi interesante, pero no libro hai unha serie de cousas que non me gustaron. En primeiro lugar, o libro é moi curto, e o nó e a parte de investigación sono tamén e están nas últimas páxinas, polo que cando acabas de ler parece que aínda falta un cacho do libro e quedas desconcertado. Tamén está o feito de que non se investiga o caso nin se sabe a razón do asesinato senón que só se fala dunha posibilidade pero non se aclara quén matou ao asasinado, cándo, porqué, qué relación tiña o xefe do protagonista...
Por outro lado, a rapaza que coñece o protagonita ( e que lle da nome ao libro) podía dar moito xogo e non se aprobeitou e o único detective ou policía (non estou segura) que lle cre non fai moito a verdade no libro.
En resume, o libro empeza moi ben e termina moi mal. Ademais, parece que non está acabado porque non ten un final propiamente dito e partes que podían dar moito xogo e incluso a que da nome ao libro non están desenroladas, facendo que podía ser moi bo e gustarme moito me deixara un pouco indiferente e con dúbidas.
9 de nov. de 2014
Reseña: Divergente
Esta é un saga de Veronica Roth que (como non) trata dun futuro totalmente diferente á actualidade e no que (como non) os protagonistas deben enfrentarse ao goberno ou sistema, e nesta vez incluso en dúas ocasións diferentes.
Nese futuro os adolescentes deben decidir a que facción das cinco (Erudición, Cordialidade, Abnegación, Veracidade ou Osadía) queren pertencer. Poden quedar naquela que se criaron ata entón ou cambiar. En cada unha delas, a vida é diferente pois compórtanse dunha maneire determinada dependendo do rasgo da personalidade que crean máis importante: en Abnegación preocúpanse sempre antes polos demais, en Veracidade din sempre a verdade (aínda que doia) etc. Para axudalos na súa decisión fanlles un exame de aptitudes que indica que cualidades posúen, algo que fai que a vida de Beatrice se complique pois é apta para varias. Algo que en principio non parece algo negativo, senón ao contrario, é terrible pois os Diverxentes (así se chaman esas persoas) son perseguidos polo goberno e asasinados en segredo.
Para que ninguén sepa o que ocorre (como lle recomenda a súa examinadora, pois ela no ten nin idea do tema xa que ninguén fala nunca da diverxencia) elixe unha para a que está capacitada pero que non é a súa de orixe, Osadía (ela probén de Abnegación) e alí comeza un enorme cambio na súa vida.
O primeiro libro (como me soe pasar) pareceume FANTÁSTICO, con todas as letras, de feito é un dos primeiros libros de triloxías que máis me gustou. Encantoume o feito de ver a adaptación e o día a día de Tris pero sobre todo saber como funciona o mundo nese momento futuro. Se lle sumamos ademais esa parte de intriga sobre súa nai é algo fantástico.
En canto á segunda parte, como tamén soe ocorrer, non me gustou e, neste caso, absolutamente nada. Pareceume aburrido, sen practicamente trama, non me enganchou e non ten nada que ver co primeiro libro coa excepción dos personaxes. Tan só estaba desexando que acabara e, aínda que o final desta parte é algo mellor, decepcionoume moito.
E por sorte, co último libro volveu aquelo que me enganchara na primeira e trouxo consigo unha revolución CON SENTIDO e que me enganchou e intrigou. Respecto ao final, foi moi criticado pero a min gustoume, pareceume que lle dou un desenlace emocionante, aínda que prefería que o que lle pasou a Tris (non vos vou desvelar o que) lle pasara a Tobias.
3 de nov. de 2014
Reseña: Todos los detectives se llaman Flanagan
Flanagan, é un adolescente que comeza a resolver pequenos e tribais misterios para ganar algún diñeiro pero vese envolto en casos de secuestros, drogas e roubos entre outros. Neste caso, deberá descubrir o paradeiro de José, o sobriño dunha rapaza xitana da súa idade da que se namora perdidamente. A investigación, que nun principio parecía sinxela e cun desenlace obvio, vólvese complicada e Flanagan entrará nun mundo de comercio de bebés e outros delitos e coñecerá a Nines, unha rapaza rica que complicará a súa vida persoal.
Gustoume o libro, xa que enseguida simpatizas co protagonista e queres saber cal é o desenlace do misterio pero non é dos mellores deste xénero e non consigue intrigarche e deixarche intranquilo ata que les o final como outros autores, como Joan Manuel Jisbert ou incluso Jordi Sierra i Fabra nalgúns dos seus libros. A súa lectura é moi fácil e, ademais, finalizas a novela en moi pouco tempo pois é moi sinxela. Recoméndo Todos los detectives se llaman Flanagan para aquelas ocasións nas que apetece ler pero algo non moi longo, nin complicado e que non requira moita atención pero si que me gustou e gardo un bo sabor de boca.
22 de out. de 2014
Reseña: O pazo baleiro
Fatal. Este libro de Xabier P. Docampo que acabei onte mesmo e que é o libro de lectura obrigatoria deste primeiro trimestre na asignatura de lingua galega e literatura, non me gustou absolutamente nada.
Trata duns rapaces que descubren nun reloxo antigo que pertencera ao Pazo abandonado da súa vila, unhas cartas que non están firmadas e que contan unha historia de odio entre dúas familias. Eles deberán descubrir a identidade do emisor e resolver uns crimes dos que se fala nelas e atopar uns obxectos de valor tamén nomeados.
Teño que decir que xa iba cunhas expectativas moi baixas tras saber algúns detalles do libro como o home que vive nun vagón abandonado etc, e que estas se acabaron confirmando. En primeiro lugar, paréceme que o principio do libro non ten nada que ver co resto da historia e que hai uns tres ou catro capítulos que sobran. Ademais, é moi repetitivo, pois din unha e outra vez as mesmas cousas nun prazo curto de tempo (por exemplo, o protagonista di que vai para a casa, e en lugar de decilo unha vez e logo poñer que llo conta a todos os seus amigos, repíteo tantas veces como persoas ten que informar e da mesma maneira sempre, o que aburre e fai que non che apeteza ler.)
En canto á historia en si, paréceme que non hai nó nela, nin ocorre nada, pois comecei a ler e ,tras nove capítulos de introducción, de repente hai dous que son o nó e o desenlace. Neles atopan obxectos e cartas clave no misterio, moi obvias e, que se de verdade levan nese pazo tantos anos, é imposible que ninguén as descubrira, pois eles non fixeron demasiados esforzos. Ademais, as persoas que de verdade atan cabos e contan a historia ocorrida, non son eles, é dicir, que non facía falta atopar todo aquelo para saber a verdade.
Outro punto que sobra, é a breve "declaración de amor" entre dous dos protagonistas pois non pinta nada e dura unhas dúas frases sen volver a falarse do tema para nada nin ocorrer nada que teña que ver co tema.
En conclusión, non hai por onde coller este libro que non é máis que unha copia mala de "Las lágrimas de shiva" de César Mallorquí (que de verdade vale a pena) e que a súa lectura é unha pérdida de tempo. En realidade, non tería lido este libro se non tivera que facelo de forma obrigatoria para o instituto.
17 de out. de 2014
Reseña: "Las chicas de alambre" e "La modelo descalza"
Esta semana, acabei o libro do autor Jordi Sierra i Fabra Las chicas de alambre. Gustoume moito, a pesar de que me dixeran moitas persoas que o leran e que lles decepcionara o final. Unha cousa que ten esta novela e que me agrada moito, é o feito de que a resolución do misterio non ocorre e ten que ver cun feito do final do libro, senón que ten que ver con acontecementos ao longo da trama.
Aínda así, hai certas cousas que cambiaría, pois non teñen importancia nin son algo que lle de gracia ou guste na novela, senón que son de recheo, como as entrevistas con algúns familiares. Aparte, algo que si me desgustou foi o feito de que a clave para o misterio non a investigou o protagonista (Jon Boix) porque non quixo, coma quen di, pois a clave estaba ahí desde o principio e, aínda que non vou contar cal era, dicirvos que non é a típica pista final que me gusta polo feito de non térseche ocorrido, senón que é algo que era obvio investigar para o protagonista.
A pesar de todo é un libro que si me gustou e que, a pesar da pista final, ten un desenlace aberto pero bonito.
Las chicas de alambre, ten unha segunda parte (aínda que non comparte nin a historia, nin a trama, nin os personaxes, só o protagonista e a tématica de moda, de feito lina antes que a primeira sen saber que esta existía) chamada La modelo descalza que trata tamén dunha investigación no mundo da fama e os modelos. Neste caso, o misterio era interesante e, aínda que considero que me gustou máis que o libro anterior, tiña un final bastante decepcionante pois a persoa que estaban buscando (non conto máis) apareceu como por arte de maxia, como sacada da manga cando o autor non sabía como seguir.
Nas fotos superiores, podedes ver a portada de Las chicas de alambre e as portadas de La modelo descalza, tanto na versión castelá como na versión galega (pois eu lino nesta última) da que considero se corresponde máis ao contido e chama máis o interese e as ganas do lector.
27 de set. de 2014
Reseña: La Voz de Madrugada
O outro día recordei a este escritor que levaba un tempo olvidado para min e entraronme unhas ganas tolas de ler algunha das súas obras. Despois de mirar cales me interesaban máis, decidín comezar con esta, La voz de la madrugada, porque tan só con ler a súa sinopse xa quedei intrigada e sabía que non me iba defraudar como, efectivamente, non ocorreu.
La voz de la madrugada, é un programa de radio que se emite a partir das dúas da mañá e no que unha muller da que ninguén coñece a identidade, fala de maneira extraña, con moitas metáforas e dunha maneira que ninguén entende. Pouco a pouco, vai gañando oíntes e convértese nun programa de éxito, pero as cartas e chamadas destes nunca son respondidas nin pola muller nin pola emisora de radio. Varios personaxes vense mesturados na historia e acaban descubrindo o misterio que esa voz agocha.
Encantoume a forma na que está escrita a novela, é dicir, mantendo a intriga todo o tempo e non esclarecendo case nada ata o final, e tamén que en cada capítulo cambie a persoa á que lle ocorren as accións contadas, pero que todas elas acaben atopándose, antes ou despois. Este tipo de libros, en ocasións non me gusta demasiado, porque é dificil recordar quen é cada personaxe ou que lle ocorreu a cada quen, pero neste caso pareceume marabilloso e que considero que perdería moito si tan só houbese un ou dous protagonistas. Neste aspecto, recordoume moito a outro libro do autor que lin hai tempo, La mansión de los abismos no que ocorría exactamente o mesmo: había varios personaxes, sendo cada un o protagonista de un capítulo, que tiñan tramas diferentes que confluían ao final dándolle moito valor á historia. Un detalle típico de Joan Manuel Gisbert que me encanta.
Unha novela marabillosa, intrigante ata o final e que consegue deixarnos en vilo ata a última frase, e que está entre as que máis me gustaron do autor.
23 de set. de 2014
Reseña: El libro de los portales
El libro de los portales é unha das obras de Laura Gallego, como xa teño comentado con anterioridade, unha das miñas escritoras favoritas. É un dos libros máis recentes dela no que, aínda que a historia se desenrola no pasado, (algo que podemos intuír pola pouca tecnoloxía da que se dispón e a forma de vida) é moi diferente ao que todos coñecemos. O medio de transporte principal, son uns portais pintados nas paredes das casas dos máis privilexiados e nas áreas públicas, que tan só poden crear os pintores da Academia Dos Portais, unha especie de universidade.
A miña opinión, é que, se ben me gustou moito, tamén ten cousas que me deixaron un sabor agridulce e non é o mellor da autora. Gústame moito a trama de intrigas e secretos que ten a novela (acabeina mi rápido) e, en realidade, creo que non teño ningunha crítica sobre ela en si, si ben hai cousas que cambiaría: omitiría a un par de personaxes que en realidade non importan para nada na historia, como os amigos de Tabit, o protagonista, e algúns profesores que saen tan só en breves momentos da novela sen verdadeira importancia.
A parte que menos me gustou do libro sen ningunha dúbida, é cando os protagonistas van a parar a outro mundo, un mundo morto, sen vida, no que unha criatura extraña, parecida a unha araña xigante, os axuda. Realmente, creo que non é algo necesario para a novela e que se eles conseguiran salir dalí polos seus propios medios, estaría moito mellor.
Por último, teño que falar das personalidades dos protagonistas (Tabit e Caliandra). Él, é moi soso e faltalle algo de chispa ou de carácter. Con respectoa ela, non me gustou nada a súa historia con Kelan, é dicir, si que debe aparecer en El libro de los portales pero sen darlle esa importancia esaxerada e falar do tema durante tanto tempo.
Aínda así, o libro gustoume moito e gardo un recordo moi moi moi bo del, porque Laura Gallego nunca traiciona. Está ben escrito, boa trama, e creíble (coa excepción da araña xa mencionada, que non me convenceu para nada.
12 de set. de 2014
Reseña: El Corredor del Laberinto
No comezo do libro, Thomas, o protagonista, aparece (sen ningún tipo de recordo) nun claro só habitado por rapaces xóvenes (ningunha rapaza) que se atopa ao lado dun inmenso e impoñente laberinto cuxas paredes cambian de posición cada noite, facendo que o seu propósito alí (escapar atopando a saída do labirinto) sexa aínda máis complicado.
A vida alí está completamente organizada, algo que sorprende ao protagonista, e os papeiss de cada un no día a día están moi claros, ata que pasa algo que descontrola por completo aos clarianos e a vida que levaran neses dous anos: aparece unha rapaza no Claro. Dado que só chegaba un novo habitante ao Claro unha vez ao mes ata entón, e que desta vez foran dous (Thomas e a rapaza, Teresa) e que aínda por riba fora alguén do sexo feminino, danse conta de que ocorre algo raro e que o xogo está cambiando. A isto súmaselle que Teresa aparecera o día despois da chegada de Thomas, polo que todos (e incluso el mesmo) saben que ten moito que ver cos creadores do Claro, os mesmos que lles mandan comida e todo o que precisan para sobrevivir, e que os mandaron alí. A sospeita aumenta cando algúns recordos comezan a florecer.
Teño que dicir que me encantou a trioloxía, sobre todo pola xenial idea sobre a que se creou, a pesar de que, na miña opinión, se fai un pouco monótono e aburrido en certas partes, pois as tramas da segunda e a terceira parte son moi semellantes. O primeiro libro apasionoume, porque o lector sabe tan pouco sobre o que ocorre como o propio protagonista e descubre a verdade ao mesmo tempo que el. Ademais, non só é un mundo descoñecido para nós, un futuro distinto, senón que Thomas e os demais tampouco recordan nada. Impactoume bastante o porqué da súa estancia no claro, porque non a esperaba (en verdade non esperaba nada en concreto). A segunda e terceira parte xa non me apasionaron tanto, porque son moi repetitivas e perden en parte a orixinalidade da primeira pero gustáronme moito igualmente. Recomendo a súa lectura de igual maneira, pois hai detalles na triloxía que me sorprenderon positivamente e cambios bruscos na trama que non esperaba.
9 de set. de 2014
Reseña: Delirium
Delirium, é unha triloxía creada pola escritora Lauren Oliver que narra a vida de Lena, unha rapaza de 17 anos que vive no século XXI (aínda que nun ano moi posterior ao actual) cunha vida totalmente diferente a como todos imaxinábamos o futuro na Terra.
A humanidade creou unha cura para a enfermidade Deliria Nervosa de Amor (que coñecemos actualmente como amor) pois considera que é unha infección que afecta aos humanos provocándolles moitos efectos negativos. A cura, realízase aos 18 anos, pois si a persoa é operada con anterioridade hai moitas posibilidades de que saía mal.
Ademais, todo está regulado (a música, os libros...), é o goberno quen decide a parella para cada recén operado e o número de fillos que debe ter, cada cidade está rodeada por un valado para que ninguén poida escapar (e para que non entren os Inválidos, persoas que están en contra da cura e a favor do amor e dos que o goberno nega a existencia) e, por suposto, os rapaces e rapazas non curados non poden estar xuntos na mesma habitación.
Lena, conta os días que lle faltan para a intervención con ganas, pois o goberno promete unha vida de seguridade e felicidade despois dela, pero todo cambia cando Hana, a súa mellor amiga, vai a un concerto de música ilegal e non regulada onde Lena se reecontra con Álex, quen cambiará a súa vida para sempre e, tamén, a de toda a raza humana.
Por unha vez, non teño tan claro cal dos tres libros foi o que máis me gustou, pois o primeiro e o segunso están bastante próximos na clasificación, cando normalmente é o primeiro o meu favorito e o segundo o peor dos tres. Do primeiro libro, non me acabou de convencer o cambio brusco que se produce ao final da novela, pois o feito máis impactante do libro ocorre sen previo aviso e en moi poucas páxinas, mentres que o romance entre os dous protagonistas ocupa un maior número de páxinas. Aínda así, é moi interesante esta primeira entrada en contacto con ese mundo distópico.
A trama é bastante máis profunda do que parece no primeiro libro, pero nótase máis e percíbese mellor no segundo libro da triloxía. Este, gustoume moito, sobre todo, por narrar o que está ocorrendo neste mesmo momento e o que pasou xusto a continuación do primeiro libro da triloxía, simultaneamente, o que facilita a comprensión, aumenta o interés e fai que a historia sexa menos monótona. E finalmente, o terceiro libro, do que destaco que se conta tanto a vida de Lena como a de Hanna (a súa amiga), o que me alegrou moito pois apetecíame, xa dende que finalizara a lectura do segundo, saber que fora desta última porque os camiños de ambas, digamos que foran en direccións totalmente opostas e que a situación de Hanna era (dependendo de como se mire) peor.
7 de set. de 2014
John Green
Este verán lin Bajo la misma estrella, o libro do escritor estadounidense John Green, que se converteu nun inmenso éxito en cuestión duns poucos meses. Gustoume, pero non me encantou, e teño que dicir que polo menos parte da culpa téñena os lectores da novela pois recomendáronma tantas veces, e afagárona tanto que xa sabía o que ía a suceder en cada capítulo. As espectativas que tiña estaban moi altas, e s ben non podo dicir que non se cumpliran, porque non sería de todo certo, quedei cun sabor de boca sen determinar.
Aínda así, disfrutei moito coa súa lectura e por iso me animei a ler os outros dous libros (Ciudades de papel e El teorema de Katherine) que anteriormente publicara Jonh Green, e que grazas ao éxito colleitado polo autor na súa última obra, foran traducidos ao castelán. Deles, o que máis me gustou foi Ciudades de papel, sobre todo polo seu comezo, dos mellores que nunca lera, porque é sorprendente e inesperado, facendo que comeces a ler o libro sen saber que esperarte, sublime. En contraposición, está o seu final, que me decepcionou algo, todo hai que dicilo.
Ségueo moi de cerca El teorema de Katherine, que acabei recentemente, e que tamén devorei con ansia. O tema desta novela (e da outra tamén. a verdade) é diferente, sorprendente e xenial, e volve a ser narrado desa forma sublime e fantástica que tanto caracteríza a John Green, un dos meus escritores preferidos.
Ségueo moi de cerca El teorema de Katherine, que acabei recentemente, e que tamén devorei con ansia. O tema desta novela (e da outra tamén. a verdade) é diferente, sorprendente e xenial, e volve a ser narrado desa forma sublime e fantástica que tanto caracteríza a John Green, un dos meus escritores preferidos.
O que dende logo sei agora, a pesar de non ter moi claro que libro me gustou máis e cal menos do autor, é que John Green é un magnífico escritor que consegue que leas as súas novelas dun tirón e que xamais converte a lectura nunha actividade pesada, e que, de paso, fai que reflexiones, chores e rías.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















