4 de ago. de 2015

As miñas distopías favoritas (2015)


Nesta entrada vou falar das triloxías e novelas distópicas (un dos meus xéneros preferidos dentro da literatura xuvenil, por non dicir o que máis me gusta) que máis me gustaron ata o día de hoxe. Supoño que dentro dun tempo, o ano que ven ou, en calquera caso, cando xa teña lidas novas distopías, farei unha versión actualizada.

A orde na que se presentan as miñas distopías preferidas a continuación é aleatoria, é dicir, a novela que ocupe a primeira posición non é necesariamente a que máis me gustou nin a que menos, simplemente non están colocados nunha orde determinada. (Para ver reseñas de distopías fai clic aquí)
  • Los Juegos del Hambre de Suzanne Collins.


Esta é a máis famosa de todas as distopías xuvenís, sen dúbida algunha, e trátase da primeira que eu lin, aí polo 2012, e quedei tan absoluta e gratamente sorprendida que devorei o primeiro libro da triloxía nunha tarde e dunha sentada. Nada máis rematar a primeira das partes da triloxía, pasei directamente ás outras dúas novelas, sen pausa algunha entre elas, como adoito facer para non aburrirme dunha trama e variar un pouco os xéneros e temas das miñas lecturas.

É un mundo distópico, chamado Panem, dividido inicialmente en trece sectores, cada un ocupado nun traballo concreto (minaría, agricultura...) ademais do Capitolio, onde viven os ricos e poderosos. Cando os sectores se enfrentan ao Capitolo e este gana, o sector trece é destruído e créanse os "xogos da fame" que dan nome á triloxía, a onde debe acudir un representante feminino e outro masculino de cada sector, gañando o único supervivinte ao xogo.

  • Reiniciados de Teri Terry.


(Reseña facendo clic aquí) Debo advertir que hai dús triloxías xuvenís co nome de Reiniciados, unha de Teri Terry (da que eu vou falar) e outra de Amy Tintera, cuxo argumento non ten absolutamente nada que ver e que aínda non lin, aínda que pretendo facelo.

Tan só lin a primeira novela da triloxía, Sin Memoria, pero gustoume tantísimo cando o lin que non podía evitar falar del neste Top: a autora tería que estropear moitísimo os outros dous libros para que me decepcionase e me arrepentirse de introducilos, pois amei profundamente a primeira parte.

No futuro desta triloxía, os delincuentes, sobre todo os terroristas, con máis de dezaseis anos poden conmutar a súa pena polo reinicio, é dicir, borraránselle todos os recordos, sentimentos e información persoal en xeral, incluso a razón pola que se lle aplicou esa medida, cun resultado semellante a se volvesen a ser bebés, e acóllenos nunha nova familia, onde seguir coa súa educación e enseñanza. A protagonista do libro, Kyla, é reiniciada, pero, rapidamente, se da conta de que sabe cousas que os seus compañeiros reiniciados ignoran, que co proceso non se obtivo o mesmo resultado no seu caso e descubrirá a razón pola que foi reiniciada.

  • Amanecer Rojo de Pierce Brown.

(Le a reseña clicando aquí!) Esta é unha triloxía distópica moi pouco coñecida actualmente (polo menos en España) e da que tan só lin a primeira parte, porque a segunda (El hijo dorado) foi traducida ao castelán moi recentemente e a terceira non está dispoñible en España polo momento. Foi unha novela que me gustou moito, e que creo que promete, e aínda que, como dixen na reseña, vin quizais un exceso desa batalla ou xogo que se produce (tería eliminado unhas cantas páxinas da guerra) peo polo demais pareceume absoltutamente xenial, cunha realidade moito máis dura que as que acostumamos a atopar nas distopías xuvenís e moi novedosa. Volvo a recomendar unha triloxía sen ter lido todas as novelas que a conforman, pero creo que nas seguintes partes irá, incluso, para mellor, pois a trama gañou interés.

A historia desenrólase en Marte, que foi colonizado polos humanos, divididos en cores segundo a súa clase; sendo os vermellos, como o noso protagonista, a máis baixa, que se encarga de extraer helio-3 das profundidades do planeta vermello para que os humanos poidan vivir alí con normalidade. Un día, Darrow descubre algo que lle abrirá os ollos e, canso dos abusos dos dourados (a clase alta) intentará infiltrarse entre eles.
  • Mystic City de Theo Lawrence.

(Enlace da reseña aquí!) A triloxía de Mystic City foi unha gran sorpresa para min, pois non esperaba para nada que me sorprendera e me encantara, pensei que non sería gran cousa, que me decepcionaría. En cambio, dende o primeiro momento enganchoume moitísimo, sobre todo porque mestura a distopía coa fantasía e a intriga en certa medida, os meus xéneros favoritos sen dúbida, polo que non podía ser mellor. Fascinoume moitísimo e espero que as dúas partes restantes da triloxía (pois só lin a primeira) non me decepcionen.

No futuro, as aguas aumentaron o seu nivel debido ao cambio climático. As persoas máis pobres e pertencentes á clase baixa e os místicos (persoas con avilidades e enerxía especiais) viven na zona baixa da cidade (moi sucia e cheirenta, cuns canais semellantes aos venecianos) mentres que as casas da clase alta, máis rica, atópanse na parte alta. Aria, filla dun dos homes máis poderosos da cidade, non recorda nada despois dunha sobredose de stic, nin sequera ao seu prometido, pero debe casarse con el de igual maneira, pois a súa unión significará unha tregua dos enfrentamentos entre as dúas familias rivais e máis poderosas de Nova York. Aria ten unha serie de sospeitas, sobre as cales decide investigar.

  • El corredor del laberinto de James Dasner.

Esta é unha triloxía (reseña clicando aquí) con secuela (que tamén me gustou moito, como podes saber lendo esta outra reseña) cuxo primeiro libro me apasionou. Encantoume, gustoume moitísimo, polo feito, sobre todo, desas circunstancias misteriosas coas que empeza e polo feito de contar coa mesma información que o propio protagonista. É unha saga distópica cunha historia e un argumento moi diferentes aos habituais e con moi poucos tópicos deste tipo de novelas. O primeiro e segundo libros son os mellores, ao igual que a secuela (El Destello), mentres que a terceira parte recordo que me decepcionara un pouco por ter unha trama e ocorrer nela uns sucesos demasiado parecidos aos do segundo libro. Aínda así, triloxía recomendadísima.

No comezo do libro, Tomas, o protagonista aparece (sen ningún tipo de recordo) nun calro só habitado por rapaces adolescentes (ningunha rapaza) que se atopa ao carón dun inmenso e impoñente laberinto cuxas paredes cambian de posición cada noite, facendo que o seu propósito, escapar atopando a súa saída, sexa aínda máis complicado. De repente, as regras que ata entón tivera o "xogo" cambiarán, alertando aos habitantes do Claro de que algo vai ocorrer.

  • Delirium de Lauren Oliver.

Esta saga distópica (reseña!!) tamén me gustou moito. Hai un gran cambio entre os dous primeiros libros e o enfoque da historia tamén cambia moitísimo, parecendo case libros distintos aínda que a historia sexa a mesma. O argumento é moi interesante e bastante diferente, dando ademais moito xogo. É unha saga distópica que recomendo e, aínda que debo advertir que houbo certas partes que me decepcionaron un pouco, teño boa opinión da triloxía.

A humanidade creou unha cura para a enfermidade Deliria Nervosa de Amor (que coñecemos actualmente como amor) pois considera que é unha infección que afecta aos humanos provocándolles moitos efectos negativos. A cura, realízase aos 18 anos, pois si a persoa é operada con anterioridade hai moitas posibilidades de que saía mal. 
Ademais, todo está regulado (a música, os libros...), é o goberno quen decide a parella para cada recén operado e o número de fillos que debe ter, cada cidade está rodeada por un valado para que ninguén poida escapar (e para que non entren os Inválidos, persoas que están en contra da cura e a favor do amor e dos que o goberno nega a existencia) e, por suposto, os rapaces e rapazas non curados non poden estar xuntos na mesma habitación. 
Lena, conta os días que lle faltan para a intervención con ganas, pois o goberno promete unha vida de seguridade e felicidade despois dela, pero todo cambia cando Hana, a súa mellor amiga, vai a un concerto de música ilegal.


  • Divergente de Veronica Roth.



 Plantexeime o feito de deixar fóra deste Top das miñas triloxías preferidas esta triloxía polo feito de que non todos os libros que a conforman me gustaron, pero dado o tantísimo que me encantou a primeira parte (Divergente) non puiden facelo. Foi unha primeira novela xenial, apasionante, distinta e adictiva, que terminei nunha soa tarde. En cambio, o segundo libro da saga non me gustou en absoluto, aburriume, e o terceiro, se ben recuperou bastante, tampouco me transmitiu as sensacións da primeira novela. Aínda así, esta é unha opinión persoal, e ademais é unha distopía que merece ser lida aínda que só sexa por Divergente, a primeira parte.

1 de ago. de 2015

Reseña: Sueños de dioses y monstruos (Hija de Humo y Hueso 03)


A semana pasada publiquei este Book Tag sobre portadas de libros (para ver máis Book Tags clica aquí) no que dixen que Hija de Humo y Hueso era unha das miñas triloxías favoritas, cuxas dúas primeiras partes me encantaran, hai bastante tempo, cando as lin, e que tiña ganas de rematar a triloxía pero que tiña medo de facelo sen recordar como terminara o segundo libro. Estiven dudando se ler Sueños de Dioses y Monstruos ou non, e finalmente decidín (cunha gran axuda) lanzarme á aventura e terminar esta saga que tanto me gusta.

Karou é un tanto diferente ás demais rapazas, non só polo seu pelo azul, senónporque foi criada polas quimeras, uns seres diferentes a todo o que coñecemos, e en particular por Brimstone, que foi como un pai para ela. Karou é sempre enviada a cumplir estraños encargos, entre os cales se atopa recoller dentes de distintos animais (tamén humanos) que Brimstone precisa, aínda que ela non sabe para que. Esta non é a súa única dúbida, tampouco sabe como acabou sendo adoptada por el e ten a estraña sensación de ter esquecido algo. Cando as quimeras comezan a correr perigo, Karou coñecerá a Akiva e aos demais serafíns, e logrará atopar algunhas respostas. Esta terceira parte, segue onde o deixou a segunda: de forma moi intrigante.

Dende que comecei a novela recordei de súpeto todo o que lera nas outras dúas partes da triloxía, polo que non tiven ningún tipo de problemas na miña lectura. De golpe, percibín de novo esa esencia da novela que tanto me gustara nas outras dúas, tan diferente á do resto dos libros que lin, pois Laini Taylor crea un mundo tan distinto a calquera que puidéramos atopar en libros e películas, sen caer en tópicos e tramas demasiado vistas, que, de verdade, me encanta.

Esperaba que a maior parte da novela tratase da batalla entre os Ilexítimos e quimeras e os serafíns, pero, en cambio, non é a parte máis importante para nada, de feito non se nos conta como se desenrola, só sabemos o resultado e quen foi o gañador, pero non estamos presentes durante o enfrentamento, algo que agradezo, pois soe aburrirme o exceso de acción deste tipo, en batallas e guerras ou enfrentamentos. En cambio, a novela céntrase máis en como afecta a chegada dos anxos á Terra e como solucionalo. Vese como ocorre esa mesma historia dende o punto de vista de diferentes personaxes dende diferentes lugares, non só por parte dos protagonistas, e incluso se engade un personaxe moi moi moi importante, Eliza, que me encantou.

Este era un tema do que quería falar a fondo, pois provoca que se retomen tramas abertas en libros anteriores que non se solucionaran, como a historia do anxo caído Razgut (que me encanta como personaxe secundario, a pesar de que non é especialmente bo, pero si moi interesante de novo) que por fin se nos revela e se nos conta de forma pausada. É unha parte do argumento que se abre no segundo libro da triloxía e que me deixou, recordo, intrigadísima, pois vin a importancia que podía ter na historia. Por fin, encaixan todas as pezas do puzzle, grazas a Eliza, que revela grandes incógnitas sobre o funcionamento do mundo de Hija de Humo y Hueso e provoca que todo teña sentido e esplicación por fin. Resalto de novo o personaxe de Razgut, porque creo que está moi ben creado, cun trasfondo que podemos entrever, e unha gran profundidade, polo que non podo evitar sentir moita pena e lástima, a pesar de que, como xa dixen, non é precisamente unha boa persoa dende un tempo atrás. 

Tamén me gustou o final da triloxía, moi adecuado para esa esencia da que falaba antes, porque un final sinxelo e "fácil" non tería ido, para nada, acorde ás novelas e á complexidade dos sucesos que nelas se nos narran.

Conclusión: Encantada. Novela, ao igual que a triloxía enteira, directa á lista das mellores lecturas do 2015 e mellores triloxías en xeral. Non decepciona nin decae en ningún momento, moi ben.

27 de xul. de 2015

Reseña: Hielo negro



"Hielo negro"  é un libro de Becca Fitzpatrick, autora coñecida por ser a autora de Hush, Hush, saga fantástica xuvenil que non lin e non sei se lerei,dada a cantidade de críticas negativas que lin (case máis numerosas que as positivas). En calquera caso, Hielo negro, é unha novela cunha temática totalmente diferente e sen ningún tipo de relación coa saga, que tiña un argumento interesante e que me parecía (como foi realmente) moi sinxela e rápida de ler á par que entretida.

Conta a historia de Britt, unha rapaza que organiza unha viaxe ás montañas para facer alpinismo coa súa mellor amiga Korbie e o mozo desta. Finalmente, o irmán de Korbie, Calvin, debe acompañalas, o maior pesadelo de Britt, dado que ambos estiveran xuntos e que el terminara a súa relación dunha forma rara e sen explicación aparente. Cndo chegan á montaña, Korbie e Britt vense envoltas nunha serie de acontecementos que faran que acaben sendo secuestradas nunha cabaña, aisladas do mundo por unha nevada, por dous estraños individuos que parece que teñen relación cunhas mortes que sucederon na zona.

A impresión xeral foi dunha novela simple e entretida, sen máis. Non é unha gran e imprescindible lectura pero non estivo nada mal e creo que é moi boa opción para ler no verán, non pola temática nin a situación, pois todo ocorre no inverno e no medio dunha forte nevada, senón polo tipo de lectura lixeira que adoita apetecernos nos meses estivais.

Os sucesos que se narran na novela son bastante misteriosos, pois a autora non só nos describe os acontecementos, senón tamén se nos presentan á perfección os pensamentos e sentimentos de Britt e as conclusións que ela saca das esceas que presencia, deixando así que saquemos tamén nós as mnosas propias conclusións. Esperaba un argumento diferente, que a historia tirara por outro lado, centrándose máis nas mortes e na resolución dos misterios, en cambio Becca Fitzpatrick fixo que a historia xirase en torno á supervivencia de Britt e os acontecementos que presencia mentres é retida na cabaña. Tamén cobra moita importancia a relación Calvin-Britt, pois, aínda que el non está moi presente durante a novela, Britt analiza os momentos que ambos viviron e saca novas e relevantes conclusións que fan que cambie de opinión sobre numerosos aspectos da súa relación pasada.

 A evolución dos personaxes é moi notable ao longo da obra, vemos unha Britt que cambia moitísimo a súa actitude e a forma de ver o mundo, e se replantea, como xa dixen con anterioridade, varios aspectos da súa vida. En canto ao seu raptor, simplemente direi (para non revelar nada) que me gustou o cambio, si ben foi sacado un pouco da manga, demasiado de súpeto e sen explicación aparente; a autora debería ter ido máis pouco a pouco.

En canto á intriga do libro, estivo bastante ben, aínda que esperaba máis, pero non contaba con ese final nin esa conclusión, así que supoño que non estivo mal. Un pouco collida polos pelos a explicación a todo, pero podía estar moitísimo peor. Simplemente non se centra tanto nese aspecto como imaxinaba e non é o máis importante do libro.

Conclusión: Entretido, sinxelo e non está nada mal. Gran lectura para o verán pola súa lixeireza e bastante diferente ao que estamos acostumados a ver na literatura xuvenil. Ben.


22 de xul. de 2015

Reseña: Amanecer Rojo



Sorprendente e brutal. Non me esperaba para nada todo o que ocurriu na novela de Pierce Brown, Amanecer Rojo, pois é, simplemente, diferente.

Darrow é un vermello, a clase social máis baixa da Sociedade, que traballa baixo terra para conseguir o helio-3, que é necesario para os humanos poidan poboar Marte. É unha Sociedade onde a vida para as clases sociais baixas é moi dura, sen ningunha comodidade, mentres que os dourados contan con numerosos luxos. Ademais, os vermellos deben aguantar os abusos, moi comúns, das clases superiores, que penan coa morte practicamente todos os delitos. Un día, Darrow fará un descubrimento moi importante, que o levará a converterse en dourado.

Foi un libro que me sorprendeu moitísimo. O comezo do libro causoume unha impresión totalmente diferente á do resto da novela, pensei que ía a centrarse na vida dos vermellos durante todo o libro, pero nada máis lonxe da realidade. A trama pega un salto brusco ao pouco de comezar a lectura que me gustou e sorprendeu. O lector non o espera para nada. 

Os acontecementos que veñen despois desa sorpresa no argumento, nos que Darrow é convertido en dourado, provocáronme moitísimas ganas de continuar coa lectura, e parecéronme moi interesantes, pois explícase algo máis o funcionamento da Sociedade e a ocupación de cada cor nas que a poboación está dividida, se ben unha característica desta novela é xusto o contrario, case non se fala diso nin se explica como funciona o mundo, ímolo percibindo pola nosa conta ao longo do libro.

Chegado un momento da novela do que non quro dicir demasiado (non quero facer spoilers) hai unha división en Casas, que me recordou moito a Harry Potter, polo que quedei encantada. Os nomes das casas e as características das mesmas van unidas a un Deus romano, sendo Marte a casa dos violentos, por exemplo. Isto é algo que adoro, pois son unha grande aficionada á mitoloxía, sobre todo á grega e romana, e creo que foi todo un acerto, que ademais enriqueceu á novela polo simple feito do que as casas significaban no xogo ou na competición que as casas levan a cabo, no que todas deberán usar as súas cualidades para a guerra e enfrentarse unhas a outras ata alzarse.

Amanecer Rojo recordoume moito a Los Juegos del Hambre, no sentido de que en ambos hai unha competición, cuxa victoria lle provocará ao protagonista algo máis que simplemente gañar: un cambio para os da súa clase, unha melloría no inxusto sistema, pero tamén enemigos entre os poderosos, os das clases ou rangos diferentes a eles. Ambos personaxes de ambas triloxías loitarán pola victoria e por vencer aos poderosos e as súas inxusticias. A verdade e que Darrow me recordou moito a Katniss no sentido de que non dudan en traicionar a ninguén e mentir para conseguir o seu obxectivo. Outros detalles máis pequenos tamén son comúns en ambas triloxías: os próctores recordáronme aos preparadores que tiñan antes de saír á Area os elixidos na Colleita, e os seleccionadores de Amanecer Rojo, cumplían os mesmos obxectivos que os patrocinadores da outra saga. Se che gustou Los juegos del hambre, gustarache Amanecer Rojo.

O único aspecto negativo que quizais puiden ver na novela, foi o o feito de que é un libro moi gordo (543 páxinas) das cales máis da metade se sitúan na competición da que falei anteriormente e nesa guerra que se leva a cabo. Sobroume un pouco desa trama, pois creo que o autor se estendeu demasiado sen ser necesario, e dado que os libros de, só, acción e guerra non me apasionan, tería preferido que recortara esa trama e non lle dese tantas voltas sen ter, realmente, unha necesidade ou unha explicación. Aparte diso, creo que non atopei ningún outro punto negativo demasiado relevante.

Conclusión: Sorprendida positivamente e con ganas de ler a segunda parte da triloxía, Amanecer Dorado. Todo un acerto.

21 de xul. de 2015

Book Tag #3 : Portadas de libros


1. Portada que me namorou dende a primeira vez que a vin.




Como creo que dixen xa en varias ocasións, o que, sen dúbida, fixo que quixese ler "Como agua para chocolate" foi a portada do 25 aniversario do libro, no que o título e a autora están escritos en chocolate fundido, con pequenas virutas de caramelo de cores por enriba. Sei que non é un bo argumento para ler un libro en ningún caso, pero trátase da pura verdade. Paréceme moi moi bonita a pesar de ser tan simple e adóroa.

2. Portada cun significado que non entendín nun principio.




Trátase dunha boa ocasión para nomear "Buscando a Alaska" de John Green. Os demais libros do autor foron publicados pola mesma editorial e, a pesar de que non son unha saga senón que son independentes entre eles, todos teñen un deseño moi semellante (en todos precioso) que, sobre todo neste caso, non garda relación coa historia se non a lestes. Ata a metade de "Buscando a Alaska" o lector non descubre que ten que ver a margarida cos acontecementos narrados e co argumento (e aínda cando esto ocorre a relación non é moi significativa, pero é unha portada bonita).


3.Tipos de portada que me provocan sentimientos negativos.


Este é un bo apartado para falar dos libros nos que aparece unha parella "acaramelada". Si se trata dun libro de romántica xuvenil, pois é algo normal e aceptable pois ten relación coa trama do libro e a min, que non me gusta demasiado este xénero literario, xa se me advirte que non é un libro para min. Pero o problema ven cos libros cuxo tema principal non é este, senón que son libros fantásticos, distópicos, de misterio... pero teñen unha portada que os fai parecer de tema romántico. Isto pode levar a unha confusión, pois se eu xa sei que non me gustan os libros de romántica xuvenil e creo que a novela con esa portada é deste xénero, descartareina sen darlle unha oportunidade debido a esa idea equivocada que se formará na miña mente. Un par de exemplos de libros cuxa trama principal non é amorosa pero mostran parellas na portada: Across de Universe (distopía) e Cazadores de Sombras (xénero fantástico).







4. A portada que menos me gusta dun libro que teño.

A portada de Sin tiempo para soñar de Jordi Sierra i Fabra paréceme horrible polo simple feito de que a foto está anticuadísima, é dicir, actualmente ningún adolescente leva esas pintas nin, por suposto, eses pelos, iso é máis ben dos anos 90 ou dos principios da primeira década do século XXI, en calquera caso non me gusta nada e tampouco pega demasiado co contido da novela. Se cambiaran a edición, sería moito mellor.






5. Unha portada pola que me sentín atraída pero cuxa historia me decepcionou bastante.






"Crónicas de la Atlántida" é un libro que lin hai moitísimo tempo ( e cando digo moitísimo tempo, digo moitísimo tempo) e que, pola súa portada (moi bonita, haino que recoñecer), me dou unha idea equivocada de sobre a historia e me fixo pensar que me gustaría, cando recordo que me aburrira soberanamente e fora unha gran decepción.


6. Portadas sen conexión coa historia do libro.




É hora de que fale (creo que por primeira vez neste blog) da triloxía de "Hija de Humo y Hueso". Lin tan só os dous primeiros libros (porque a terceira parte saíu bastante recentemente e xa hai anos que rematei o segundo libro, polo que non recordo nada e non si debo continuar coa saga sen saber como acabou o último libro que lin. De todas maneiras, non direi que non, por si cambio de opinión e calquera día vos sorprendo cunha reseña de "Sueños de dioses y monstruos"). É unha das miñas triloxías preferidas, encántame (polo menos os dous libros que lin) e por iso me da pena a portada da primeira parte da triloxía, da que vou a falar. Non reflexa para nada a esencia da novela e non ten nada que ver co argumento, sendo ademais moi fea (polo menos na miña opinión). As portadas das outras dúas partes, tampouco é que teñan ningunha referencia ao contido da novela, pero polo menos son bonitas, sobre todo a última.

7. Libro que merecería unha portada mellor.




Encaixan á perfección nesta pregunta calquera dos libros da saga de Pequeñas Mentirosas. Todos teñen portadas horribles, sobre todo os catro primeiros,nos que se ve unha boneca horrenda de corpo enteiro. É unha saga marabillosa que me encanta e, sen dúbida, merece unhas portadas mellores.

8. Libros cuxas portadas captan á perfección a esencia das historias que conteñen.




El Destello, precuela de El corredor del laberinto, ten unha portada que me encanta e que creo que cumpre esa premisa á perfección, ao igual que as portadas dos tres libros que forman a propia triloxía, pois nelas represéntase como é o mundo no que se desenrola a historia. Son unhas portadas realmente moi descriptivas.

9. Libro do que prefiro a portada co póster da película.




A triloxía A Materia Escura de Philip Pullman tiña orixinariamente unhas portadas horribles e pouco atraentes, que lle daban ao libro un aspecto infantil. Debe ser un dos primeiros casos nos que antepoño a portada co póster da película á orixinal. Encima destas liñas podedes comparar o primeiro libro da triloxía coa foto da película (esquerda) co orixinal (dereita). Aínda que teñan títulos diferentes, son o mesmo libro, simplemente cando se fixo a adaptación cinematográfica, decidiuse cambiar tamén o nome (persoalmente prefería Luces del Norte, o título orixinal, a La Brújula Dorada).

17 de xul. de 2015

Reseña: Sentido y sensibilidad



Levaba moito tempo querendo ler o clásico de Jane Austen Sentido y Sensibilidadpois xa hai uns anos que lin Orgullo y Prejuicio e non recordo practicamente nada do argumento. Ademais, a miña opinión sobre o libro e a forma de escribir da autora entón, non foran extremadamente positivas (tampouco malas, debo aclarar) e, dado que Jane Austen é unha autora moi valorada, ao igual que as súas obras, decidín ler Sentido y Sensibilidad para darlle outra oportunidade e formarme unha nova opinión ou, polo menos, reforzar a anterior.

As protagonistas desta novela son as irmás Dashwood, Eleanor e Marianne, de carácteres completamente opostos (a primeira sensata, a segunda sensible, de ahí o nome do libro) que deben abrirse paso na sociedade inglesa do S. XIX tras a morte de seu pai.

Ao principio da novela, non tiven unha moi boa impresión xa que me aburrín soberanamente durante bastantes páxinas, ata uns capítulos antes da metade do libro, cando as irmás Dashwood levan a cabo unha viaxe a Londres. Nese momento, toda a historia que se nos narrara ao principio da novela, cambia e, digamos, cobra sentido esa tan longa introdución e empezan a ocorrer acontecementos que trastocan por completo a liña na que se estaba a narrar a historia.

Sentido y Sensibilidad non é un tipo de libro que vaia moito conmigo, pola simple razón de que é unha novela que se basea en pensamentos, razonamentos e sentimentos, e para nada en acontecementos ou accións (ou polo menos practicamente nada, con algunha excepción), pero a pesar diso, quedei bastante satisfeita coa lectura da obra, porque chegou a engancharme, polo menos relativamente, e a sorprenderme os cambios argumentais en algunhas ocasións.

Con respecto ao final, contenta por que estivo bastante ben levado, aínda que houbo algo que non me acababa de cadrar e un pouco collido por pinzas, por decilo dalgunha maneira, e nin Marianne nin Elinor acabaron casadas cos "pretendentes" que eu prefería. A pesar de todo, bastante contenta.


Conclusión: Satisfeita de ter lido esta novela, que había tempo que tiña pendente, e de que me gustara bastante. Para ser un xénero literario e un tipo de novela que non me apasiona e que non levo moi ben, gustoume bastante.

12 de xul. de 2015

Reseña: Mystic City 1: Ciudad del Agua



Mystic City é unha triloxía que tiña inmensas ganas de ler dende había moito tempo, pois mesturaba dous xéneros que me encantan: a distopía (pois a historia desenvólvese nun mundo futurista non tan bo como parece) e a fantasía (existen na novela uns seres, chamados místicos, que teñen cualidades especiais). 

A novela sitúase nun futuro Manhattan que foi, en parte, asolagado polo mar debido debido ao cambio climático e ás altísimas temperaturas que este provocou, que fixeron aos polos derretirse e subir, polo tanto, o nivel do mar. Os cidadáns máis pobres viven na zona baixa da cidade, case cuberta por auga, con canais semellantes aos venecianos, e en moi malas condicións, e as persoas con máis diñeiro e mellor situación, teñen as súas casas máis arriba, nunha especie de plataformas chamadas Atalaias. As familias Rose e Foster, moi poderosas e con gran influencia no goberno da cidade, foron enemigas durante xeracións e xeracións, ata que se anuncia o compromiso entre Aria Rose e Thomas Foster. Aria é a protagonista da triloxía, unha rapaza que sufriu unha sobredose de stic (unha droga moi perigosa) como consecuencia da cal non recorda nada, nin sequera ao seu prometido, a consecuencia do cal, comeza a descubrir sucesos e cousas moi misteriosas e que non acaba de entender sobre os místicos e o funcionamento da sociedade.

Dende a primeira páxina, xa vin que me ía, non só a encantar, senón a apasionar esta novela, pois era moi diferente a outras do mesmo estilo ou xénero. En lugar de explicarche o funcionamento da cidade e sociedade e a súa distribución dende o primeiro momento e de forma clara, como na maior parte das distopías, o autor vai deixándoo caer pouco a pouco, ao longo dos primeiros capítulos. Isto é algo que, senón se fai ben, pode resultar moi negativo e perxudicial para a novela, pero neste caso foi apasionante e non provocou que non me enterase de nada, como podería ter sido, nin que non me quedaran claras as diferencias sociais da época. Ademais, Mystic City 1 comeza cando Aria non recorda nada do que pasou nos meses anteriores, nin a súa relación con Thomas, polo que sabes o mesmo que ela en todo momento e descubres todo á vez que ela o fai, polo que non podes parar de ler e, en moitos casos, sorprenderte cos seus descubrimentos.

Con respecto a estas intrigas e sorpresas, debo dicir que non me sorprendín para nada coa maior parte delas. A intención do escritor era impactar ao lector; que non esperara nin pensara que ían ocorrer eses cambios bruscos, pero hai varios, a maioría, que xa esperaba totalmente dende o principio. Aínda así, imaxinade o moitísimo que me gustou a novela, non me molestou nin decepcionou en absoluto o adiviñar a resolución destes problemas e quedei encantadísima. 

Debo destacar (non é spoiler, pono na sinopse de Mystic City) que hai unha revolución por parte dos máis marxinados e peor tratados da sociedade (como en todas as distopías xuvenís, ou no 97%), que é un factor que non me atrae moito e que me chega a cansar incluso, como xa comentei en varias reseñas de sagas distópicas, pero nesta triloxía o autor, polo menos de momento, fíxoo moi ben: non centrou moito a trama en iso, pero tampouco o olvidou; non o converteu en algo pouco creíble e tampouco o fixo pesado.

Con respecto aos personaxes, estou encantada con Aria, pois non é un personaxe feminino demasiado indefenso e que busca a protección do protagonista masculino durante toda a novela (chegando a levar a cabo actos heroicos sen apenas experiencia no campo da loita e revolución), e tampouco é plana, senón que ten unha personalidade bastante marcada e que me agradou en gran medida. Pero, sen dúbida, o meu personaxe preferido é Hunter: non se fai o duro, non intenta "alonxarse de Aria para a súa seguridade" dunha forma estúpida e sen vir ao caso, nin outras actitudes comúns e desgradables. Un sincero aplauso para Theo Lawrence!!!!

Conclusión: Unha novela apasionante, que mestura fantasía e distopía, e que se converteu nunha das miñas triloxías favoritas. Animada e con mil ganas de ler a continuación.

10 de xul. de 2015

Reseña: Traición



Traición de Scott Westerfeld é o primeiro libro dunha triloxía distópica (aínda que hai un cuarto libro que completa a triloxía pero non forma parte dela, é un libro complementario ou unha especie de secuela, non estou segura) que ocorre nun futuro no que se opera aos cidadáns ao cumplir os dezaseis anos para que sexan perfectos, é dicir, que teñan unha altura, aspecto, rasgos etc que cumplan os cánones de beleza. A protagonista, Tally Youngblood, está esperando con impaciencia a ser operada, pois o seu mellor amigo Percis, xa vive en Nueva Belleza, cos demais perfectos. Un día, decide ir á cidade a buscalo para ver como cambiara (pois non soubera nada del dende a súa operación) e alí coñece a Shay, que se converte na súa mellor amiga e que non está para nada de acordo con que se realice a operación e as razóns polas que se fai e que sabe cousas descoñecidas para Tally sobre o sistema.

Así por encima, o argumento da triloxía pode parecer estúpido pero en realidade ten moito sentido cando lemos a novela. O primeiro que notei cando comecei Traición, foi o grandísimo parecido coa triloxía Delirium (que lin e reseñei a finais do verán pasado) con pequenas diferencias. Os sucesos en si e os protagonistas non son iguais pero en ambos hai unha operación que non é tan boa como parece, dúas amigas: unha a favor e outra en contra do sistema e os seus abusos, un refuxio de rebeldes contrarios á operación, un rebelde que atrae á protagonista... Si, hai moitos puntos en común e case parece que Lauren Oliver (autora de Delirium) se basou en Traición para facer a súa triloxía (pois esta é unha saga anterior) pero non quedei de todo decepcionada con ela polo feito, simplemente, de que as circunstancias que levan á protagonista de Traición a plantearse e a facer unha serie de cousas (non podo contar moito) son diferentes e bastante orixinais. Aínda así, gustoume máis (polo menos despois de ler esta primeira parte da triloxía Traición e sen ler as restantes) a saga Delirium, pero esta está ben se botamos de menos a outra e queremos ler algo semellante.

Tamén me acordei un pouquiño da triloxía distópica Divergentetan só nas partes que se contaban as viaxes e persecucións en táboa aérea (non sei se se chamaba así exactamente) e ao final de Traición, neses sucesos que ocorren e na forma de comportarse de Tally.

Conclusión: A opinión xeral é bastante positiva: gustoume e entretívome e é unha distopía, un dos meus xéneros favoritos por non dicir que o que máis me gusta, pero faltoume algo, non quedei de todo contenta, senón cunha sensación agridulce e un pouco de indiferencia. Quero continuar coa saga, a ver se pega un cambio brusco e me convence positivamente, pois Traición acabou dunha forma bastante intrigante e aberta.



8 de xul. de 2015

Reseña de Pretty Little Liars 4: Unbelievable



Este mes de Xullo decidín retomar a saga de Sara Shepard "Pretty Little Liars" ou "Pequeñas mentirosas" de cuxos tres primeiros libros xa fixera reseñas (facendo clic aquí, aquí e aquí) polo que lin o cuarto libro da saga, Unveliable, e esta vez fíxeno en inglés. Debo dicir que non é para nada difícil a comprensión dos libros de Pequeñas mentirosas neste idioma, e que é unha boa opción coa que comezar facelo.

Neste cuarto libro da saga, continúa o argumento onde quedara na terceira parte, dunha forma, por certo, superintrigante e moi moi misteriosa. Se xa nas anteriores entregas da saga podíamos atopar misterio, nesta vai a saírnos polas orellas, pois as diferentes historias que se narran e desenrolan a saga ademais da principal (unha por cada protagonista) están no seu punto máis difícil para Aria, Hannah, Emily e Spencer, cada unha por separado. Non podo contar moito porque faría moitísimos spoilers pero simplemente direi que todo lles vai moi mal a todas ata un límite ao que nunca chegaran (e iso que sufriran xa bastante antes deste cuarto libro da saga) e logo a situación mellora.

Un dos personaxes (non vou dicir cal) sufre un accidente e perde parte dos seus recordos, olvidando algo moi moi importante (non vou dicir que) para a trama do libro. Pareceume un pouco collido por pinzas, non vou mentir, ao igual que ese "algo" do que xa falei na reseña do terceiro libro que tamén olvidara Spencer. Non sei que lle pasa a Sara Shepard que sempre recurre a estes fallos de memoria, algo que, na miña opinión, hai que saber tratar moi ben se non queremos que pareza pouco creíble, 
e, aínda que non vou dicir que este fora o caso, tampouco quedei de todo satisfeita: si, non foi unha fantasmada e foi creíble, pero preferiría que non tivese usado ese recurso.

En Unveliable, descóbrese a identidade de "A" por fin (non esperaba de todo que se tratara desa persoa, pero tampouco me pillou por sorpresa, debo dicir) e o presunto asasino de Ali. Non me gustou que se tratase desa persoa, pero creo que non é o verdadeiro culpable, basicamente porque son máis de dez libros os que conforman a saga de Pequeñas Mentirosas e a autora non tería sobre que escribir, polo que me dou por satisfeita sempre e cando isto ocorra e Sara Shepard atope un culpable mellor.

Ao final, dise que, aínda que agora xa se sabe a identidade de "A", apareceu outro novo "A", alguén que tomou o relevo no acoso ás amigas que protagonizan esta saga. Esto si que podo dicir que me decepcionou pois, aínda que non quería máis libros sen "A", tampouco quería esta mala saída do paso da autora, sacando un as da manga. Se queres que "A" siga aparecendo na novela, non o fagas desaparecer!!! (non vou dicir como, tampouco)

Conclusión: Pouco máis que dicir, excepto que me segue gustando como se vai desenrolando a saga e que espero que Sara Shepard non estropee a saga cun ese "cambio de A" que levou a cabo. Expectativas bastante altas.

2 de xul. de 2015

Book Tag #2: O Corpo Humano


Ollos. Un libro que che namorou a primeira vista.




A razón pola que comprei e lin Como agua para chocolate foi, nin máis nin menos, a preciosa portada da miña edición, co título escrito en chocolate fundido con virutas de caramelo de cores por encima. O libro gustoume bastante, non me apasionou nin é o meu libro preferido porque o realismo fantástico non me apasiona, pero gustoume e gardo un bo recordo del.

Boca. Libro do que fala todo o mundo.



Podería falar de varias novelas e sagas pero voume quedar con Bajo la misma Estrella de John Green. É un libro que me encantou cando o lin e cuxo autor forma parte do grupo dos meus favoritos, pero non é a novela del que máis me gustou, en parte, por culpa, precisamente, de toda a fama e publicidade que se lle dou. Isto provocou que tivese unhas expectativas altísimas (que se cumpriron en moitos aspectos) e que esperara algo totalmente diferente. Bajo la mima Estrella gustoume moito a pesar de todo, pero considero que me tería apasionado aínda máis de non ser porque se falaba del en exceso e practicamente sabía que ía ocorrer en cada capítulo.

Pulmóns. Libro vital para a túa vida.





Repítome moito, seino, pero teño que nomear a saga de Harry Potter, xa que son uns libros que me encantaron cando os lin (e seguen apasionándome) e que marcaron un cambio na literatura xuvenil e na miña propia vida como lectora.

Estómago. Libro que devoraches rapidamente.



O verán pasado decidín comezar esta saga distópica creada por Veronica Roth (da que fixen reseña) despois de moito tempo na miña lista de futuras lecturas. Recordo que pasei toda a tarde lendo Divergente o primeiro libro da triloxía, porque me pareceu que contaba cun argumento marabilloso, apasionante e foi, de verdade, un dos libro que máis me gustaron o ano pasado. En cambio, toda esa sensación positiva, desapareceu co segundo libro, que me aburriu terriblemente na maior parte dos capítulos e tramas, e en gran medida co terceiro, que me deixou cun sabor de boca agridulce.

Fígado. Un libro gordo.


O terceiro libro da triloxía Memorias de Idhún é o máis longo das tres, contando con arredor de 900 páxinas. Trátase dunha triloxía que recordo con cariño e que me gustou moito no seu momento, coa excepción do terceiro libro, que me aburriu moitísimo, moitísimo. Poucas veces na miña vida deixei ou tiven ganas de deixar un libro sen acabar, pero neste caso recordo unha sensación de aburrimento tal que a idea (se ben non cheguei a cumplila) cruzou pola miña cabeza. Normalmente, encántame ler un bo libro que teña moitas páxinas pero neste caso, máis que unha ventaxa, é un gran inconveniente pois a maior parte das páxinas son puro recheo ou repetición (segundo recordo).

Apéndice. Libro que nin che gustou, nin che desgustou: sentimento neutro.





Hai moitísimos lbros que me deixaron con esa sensación, pero vou escoller un co que tivera grandes expectativas: Cuatro. Tampouco é que pensase que ía ser un libro que me cambiase a vida, para ser sincera, pero cría que, polo menos, estaría ben e sería unha boa precuela (aínda que non é exactamente iso, senón un "libro complementario") en cambio, ao acabar a súa lectura, quedei igual que antes de empezala. Nin máis, nin menos.

Corazón. Un libro romántico.




Xa dixen varias veces e en varias entradas deste blog que non son demasiado dada a ler libros de romántica xuvenil ou románticos en xeral, pero si que me gusta unha boa historia de amor nun libro sempre que non sexa a trama principal. Teño moitas opcións para esta pregunta, pero creo que vou falar de El Club de los Corazones Solitarios xa que crea un concepto do amor diferente: a protagonista odia as relacións nas que as rapazas abandonan ás súas amigas cando atopan parella ou aquelas nas que estas rondan todo o día aos seus mozos e andan pendentes deles deixando, desta forma, de disfrutar pola súa conta. Ten relativamente bastante amor, aínda que non é o pilar da novela e trátase dun libro orixinal, divertido e, resumindo todo o que dixen na reseña no seu día, é diferente, divertido e lixeiro.

Cerebro. Un libro moi realista e reflexivo.






É un bo momento para falar por primeira vez neste blog da triloxía de Rico e Óscar. Conta a historia de Rico e Óscar. dous rapaces, un superdotado e outro infradotado, que se fan amigos, pero en realidade, a historia vai moito máis lonxe que iso e fala doutros aspectos como as dificultades das familias dos protagonistas e outras cousas  máis que non podo contar para non desvelar nada, pero en calquera caso, é unha triloxía realista e reflexiva, porque mostra (sobre todo nos últimos libros) unha vida dura e real que me gustou e impactou á vez cando a lin, hai anos.


Uñas. Libro que coides como ouro.





Coido todos os libros que teño e procuro que ningún sufra danos, coidándoos coma o ouro a todos en xeral pero, como teño que elixir un, supoño que podo dicir que se trata de "El cuento número trece", un libro que lin moi recentemente (finais de maio-principios de xullo) e que me encantou. Cóidoo como o ouro precisamente por isto, xa que o teño en versión debolsillo, polo tanto cunha tapa blanda moi fina e delicada que rompe facilmente, e, ao tratarse deste libro que tanto me gustou (dixen del na reseña que ía directo á lista de mellores lecturas do 2015), procuro que non sufra danos. 

29 de xuño de 2015

Reseña: Will Grayson, Will Grayson



Cando me regalaron Will Grayson, Will Grayson  emocioneime moito e tiven unhas ganas de lelo tolas e inmensas porque se trataba, nada máis e nada menos, do último libro de John Green, un dos meus autores preferidos sen dúbida algunha, que narra dunha forma moi amena e crea historias fantásticas con personaxes increíbles. Esta vez, ademais, colaboraba con David Levithan, un autor moi coñecido en Estados Unidos aínda que non moito en España (de feito non sei se hai algún libro del traducido ao castelán) que, aínda que non lin nada del (polo menos de momento), ten moito éxito.

Will Grayson, Will Grayson conta a historia de dous adolescentes co mesmo nome (Will Grayson) que teñen dúas vidas totalmente distintas pero ambas raras e un pouco difíciles xa que ningún deles é demasiado feliz. Un Will ten un amigo, Tiny, moi extravagante e que quere crear un musical da súa vida (Tiny Dancer), co que non está pasando o seu mellor momento e o outro Will sofre unha depresión e que non ten nada bo ao que agarrarse, excepto a súa relación online con Isaac. Un día, ambos se coñecen por casualidade e é entón cando comeza de verdade a novela.

Nun principio debo recoñecer que tampouco me parecía un argumento de outro mundo (é dicir, estaba ben, era chamativo, pero tampouco sabía que me ía atopar) pero era un argumento creado por John Green así que iso era o de menos, pois sabía que estarían presentes na novela as demais características da súa prosa que adoro. E, efectivamente, o libro apasionoume dende practicamente o primeiro momento pois tiña ese toque que me namorara en Bajo la misma estrella, Ciudades de Papel e El teorema Katherine e tamén en Buscando a Alaska (aínda que neste caso non quedei de todo contenta, debo dicir. De feito non cheguei a escribir reseña do libro no Nadal, cando o lin, porque non tiña unha impresión de todo formada sobre el e non quedara completamente satisfeita.)

Como dicía, Will Grayson, Will Grayson, foi outro gran éxito de John Green no que á miña opinión se refire, pois non aburre, ten un argumento orixinal e diferente (como todos os seus) e un final inesperado. Fíxome rir e emocionarme co final (magnífico) e, ao igual que dixen respecto a Ciudades de Papel no seu momento, debo pararme a falar sobre o magnífico principio do libro, moi diferente e marabilloso, que usa unha única frase como base (Podes elixir aos teus amigos e podes meter o dedo no nariz, pero non podes meter o dedo no nariz dos teus amigos) que nun primeiro momento pode parecer unha estupidez pero que grazas á maxia da escritura do autor cobra un sentido completo e convértese nun inicio de libro fantástico.

Outro detalle pequeno sobre o que falar pero que chamou a miña atención, é o feito de que os capítulos nos que fala o Will Grayson protagonista (o que coñecemos primeiro) o autor escribe "normal" é dicir, con maiúscula tras un punto e nos nomes propios, pero nos do outro Will (o deprimido Will Grayson) ignora esta norma, sendo algo moi ilustrativo do sentido de ánimo e forma de ser de este último e facendo que diferenciemos claramente que Will Grayson está falando en cada momento.

Conclusión: Pouco máis que dicir aparte de que o libro e o autor coma sempre recomendadísimos e que me deixaron un sabor de boca marabilloso, sendo Will Grayson, Will Grayson outro dos candidatos á lista das miñas mellores lecturas do 2015.

24 de xuño de 2015

Reseña: La mansión de los abismos



La mansión de los abismos é un libro de Joan Manuel Gisbert que lin cando era máis pequena, con 10 anos. Recordo que o pasara "moi mal" porque era un libro para persoas máis maiores, xuvenil, que nese momento me inquedou pero que á vez me gustara moito e do que gardaba un bo recordo. Este ano fíxenme co libro (de forma non premeditada) e decidín volver a lelo para ver se realmente era como o recordaba, e para poder disfrutalo sendo xa máis maior e tendo a idade adecuada para facelo.

É un libro de intriga que conta como Théodore Bertrand, un home misterioso acusado de matar a seis mulleres coas que previamente casara pero que foi absolto por falta de probas ao non atoparse os cadáveres, consegue seducir a unha sétima vítima para levar a cabo outro asasinato. Esta vez, a policía está decidida a, senón impedir a morte, polo menos atopar probas que incriminen ao sospeitoso. 

Como todas as novelas do autor, en La mansión de los abismos está pragada de intriga e misterios, pero neste caso particular, aínda máis, pois dende o principio do libro sabes que o protagonista matou (polo menos supostamente) a seis mulleres, e sufres pola vida de Gundula, a sétima. Ademais, non só se ve a historia dende o punto de vista de Gundula, tamén dende o de varios personaxes máis como a policía, uns veciños do pobo que teñen participación na historia etc. Isto provoca que percibas mellor os acontecementos, pois todas as historias se cruzan ao longo da obra, e que vexas que conclusións dalgúns personaxes respecto a outros e a acontecementos son equivocadas e que suposicións o son tamén.

O único que quizais non me gustou demasiado, foi o final da novela, moi inesperado, pero sen acabar de ser algo positivo, pois é quizais pouco creíble e moi diferente ao resto da novela, é dicir, para tratarse dun libro realista e con feitos que perfectamente puideron ter ocorrido, a conclusión e explicación da historia decepcionoume por non tratarse de algo, digamos, "racional".

Conclusión: Non podo falar moito deste libro sen desvelar detalles, pero simplemente direi que era quizais unha novela algo máis infantil para min do que esperaba, se ben na contraportada do propio libro se recomenda para maiores de 14 anos. Aínda así, intrigante, sorprendente e ben narrado.

20 de xuño de 2015

Reseña: Materia Oscura: "La Brújula Dorada" e "La Daga".

                           


Hai un tempo, lin a primeira parte da triloxía A Materia Escura: "Luces del Norte" ou "La Brújula Dorada" (o nome orixinal era o primeiro pero cando se rodou a película cambióuselle) que me gustou moito, pois creaba un mundo fantástico, cun argumento moi bo e moi entretido polo que quixen ler a segunda parte pero, pouco a pouco, funo deixando, deixando, deixando ata que pasaron un par de anos. Finalmente, o outro día decidín lela xa así que comecei "A Daga", a segunda parte da triloxía.

Luces del Norte, conta a historia de Lyra, unha rapaza que non coñece a seus pais e vive no College de Oxford donde gasta bromas aos licenciados e o pasa moi ben xogando co seu amigo Roger. Seu tío, acude anualmente ao college a visitala, e nunha desas visitas ocorrerá algo que cambiará a súa vida, provocando unha fantástica viaxe ao Norte.

La Daga, continúa a historia de Luces del Norte pero cambia o argumento por completo e engade un personaxe novo, Will, e a súa historia. Apenas aparecen os personaxes da primeira parte da triloxía, e cando o fan é cunha historia secundaria e non protagonista.

Luces del Norte gustoume moito cando o lin, sobre todo todo o relacionado co Norte, pois falaba dos pobos que vivían alí e describía todos eses lugares polos que Lyra ía pasando. Ademais, aparecían os giptanos e contábanse tamén as súas costumes dunha forma moi interesante, xunto a un argumento bo, con aventura e acción (aínda que escasa, era a suficiente). Apasionoume todo isto, e ademais a trama era interesante, nada aburrida e con sentido.

En cambio, dende que empecei La daga, vin que xa non me ía a gustar tanto, pois o protagonismo pasaba de telo Lyra, a telo un personaxe novo, Will, que non pintaba nada na novela. Ademais cambiaba o argumento por completo, parecendo un libro independente case, pois nin sequera os personaxes aparecían moito: as bruxas seguen aparecendo, e teñen certa importancia no libro, pero non é o mesmo; non me gustou a forma de enfocalo, tan diferente á de Luces del Norte. Ademais, os capítulos paréceronme longuísimos, lentos e aburridos.Ata a metade (literal) da novela, non se sabe por onde o autor vai a tirar e hai tramas que quedan abertas e que non teñen sentido. Ademais, varios personaxes teñen intencións e "misións" diferentes pero que os van levar ao mesmo punto, unha idea brillante, pero mal desenrolada.

O que si me gustou de La Daga, foi a idea dos mundos paralelos, que ademais da explicación a moitas cousas da primeira parte da triloxía, e que é moi interesante e apasionante, aínda que non é algo tan presente na novela como me gustaría.

Conclusión: En definitiva, sinto unha gran decepción. A primeira parte estaba xenial e deixárame moi contenta, pero La Daga non me gustou nada, e decepcionoume moito. Seguramente lea a terceira parte, pero só por saber se mellora e darlle unha oportunidade, pero as ganas son cero.

18 de xuño de 2015

Reseña: El Club de los Corazones Solitarios


Antes de nada, deixar claro que non é un libro de romántica xuvenil porque non me gustan os libros que tratan só sobre amor; amor si, pero non só amor, por favor. Aclaro isto porque tanto polo argumento como pola portada podemos sacar conclusións equivocadas.

Decidín ler este libro, El Club de los Corazones Solitarios de Elizabeth Eulberg porque o seu argumento chamou a miña atención, nin máis nin menos que por esa simple razón. A súa protagonista, Penny, é unha amante dos Beatles (algo que lle ven de familia, dado que seus pais se coñeceron no funeral de John Lennon e eran tamén uns grandísimos amantes da súa música e que ela e as súas irmás teñen nomes de mulleres de cancións dos Beatles; Penny ven de Penny Lane) que, cansa de que as rapazas do seu instituto deixen de lado ás súas amigas cando atopan mozo e de que teñan que deixar de pasalo ben en bailes e festas e na súa vida diaria por andar pendentes deles, saca unha idea da canción Sgt Pepper and the Lonely Hearts Club Band: formar un club cuxas membras se comprometan a non saír con ninguén durante o tempo que estudien no instituto.

Así por encima, pode parecer moi superficial pero a forma na que se conta na novela, é fantástica dinámica e con sentido. Gustoume moito ver a evolución dos personaxes e a forma tan simple na que se narran os acontecementos. É un libriño moi curto e simple, fácil e rápido de ler, pero veume moi ben precisamente isto, pois estaba nunha época de exames cando o rematei e non tiña moito tempo. Disfruteino máis do que pensei que ía ocorrer e, ainda que non é nada do outro mundo, gustoume e foi mellor do que esperaba.

Conclusión: Moi cortiño, fácil e rápido de ler, pero moi entretido, interesante e diferente.

15 de xuño de 2015

Reseña: El cuento número trece



Cando comecei El cuento número trece, de Diane Setterfield non sabía con exactitude de que trataba, é dicir, si sabía mís ou menos por onde ían os tiros (basicamente polo que poñía na sinopse da contraportada) pero non do argumento en sí, sobre que temas nos ía narrar a autora. Ademais, vira moitas reseñas positivas e recomendacións, polo que decidín lelo.

Trata sobre Margaret, unha bibliógrafa con moi pouca experiencia (é máis que nada unha afición para ela) que recibe unha carta dunha escritora moi popular e moi prolífera pero da que ninguén sabe nada, pois en cada entrevista inventa unha vida diferente e unhas experiencias distintas. Na carta, Vira Winter, a escritora, pídelle a Margaret que acuda á súa casa, pois está moi enferma, a punto de morrer, e quere contar a verdade por primeira vez. Margaret, aínda que recelosa, pois pensa que as súa preguntas van obter mentiras de novo como resposta e, ademais, non entende porque foi elixida para semellante tarefa, acude, e alí comeza a marabillosa narración da vida de Vida Winter.

Ao principio do libro, non sabía moi ben por onde ían os tiros, pois, aínda que con relación coa trama, non teñen que ver coa historia principal, pero en poucas páxinas, introducinme na novela dunha forma asombrosa e acabeina en nada de tempo. 

Normalmente, nas novelas que, coma esta, contan como un personaxe narra unha historia pasada, sóeme interesar (ironicamente) máis o presente que esa narración. En cambio, desta vez pasou todo o contrario, e a historia de Vida apasionoume dende o primeiro momento. É unha historia moi interesante, sorprendente e (algo fantástico) cun xiro brutal no final da novela que non logrei ver ( e iso que podo presumir de telo feito en moitos libros).

A narración da novela é fantástica e fluída, personaxes apasionantes e interesantes en ambas liñas temporais e moitas incógnitas abertas en cada capítulo. De entre os personaxes debo destacar a Hester ( fantástica e marabillosa) pero sobre todo a August, pois non puiden evitar imaxinalo clavadiño a Hagrid de Harry Potter

Conclusión: Non pode contar moito máis porque non quero develar nada, pero resumo todas as miñas ideas e impresións na seguinte frase: Recomendadísima, marabillosa e fascinante. Vai directa á lista das miñas mellores lecturas do 2015.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...