12 de set. de 2014

Reseña: El Corredor del Laberinto



El Corredor del Laberinto, é unha triloxía desenrolada no futuro (por non variar, pois ultimamente non deixo de ler este tipo de novelas) que me encantou, a pesar de que tiven que ler a terceira parte nunha pésima traducción que me botou un pouco para atrás e que casi fixo que non a terminara, aínda que por sorte, a curiosidade por descubrir o final venceu. O seu autor é James Dashner e conta a historia dun futuro catastrófico onde a humanidade está en camiño á desaparición.

No comezo do libro, Thomas, o protagonista, aparece (sen ningún tipo de recordo) nun claro só habitado por rapaces xóvenes (ningunha rapaza) que se atopa ao lado dun inmenso e impoñente laberinto cuxas paredes cambian de posición cada noite, facendo que o seu propósito alí (escapar atopando a saída do labirinto) sexa aínda máis complicado.
A vida  alí está completamente organizada, algo que sorprende ao protagonista, e os papeiss de cada un no día a día están moi claros, ata que pasa algo que descontrola por completo aos clarianos e a vida que levaran neses dous anos: aparece unha rapaza no Claro. Dado que só chegaba un novo habitante ao Claro unha vez ao mes ata entón, e que desta vez foran dous (Thomas e a rapaza, Teresa) e que aínda por riba fora alguén do sexo feminino, danse conta de que ocorre algo raro e que o xogo está cambiando. A isto súmaselle que Teresa aparecera o día despois da chegada de Thomas, polo que todos  (e incluso el mesmo) saben que ten moito que ver cos creadores do Claro, os mesmos que lles mandan comida e todo o que precisan para sobrevivir, e que os mandaron alí. A sospeita aumenta cando algúns recordos comezan a florecer.

Teño que dicir que me encantou a trioloxía, sobre todo pola xenial idea sobre a que se creou, a pesar de que, na miña opinión, se fai un pouco monótono e aburrido en certas partes, pois as tramas da segunda e a terceira parte son moi semellantes. O primeiro libro apasionoume, porque o lector sabe tan pouco sobre o que ocorre como o propio protagonista e descubre a verdade ao mesmo tempo que el. Ademais, non só é un mundo descoñecido para nós, un futuro distinto, senón que Thomas e os demais tampouco recordan nada. Impactoume bastante o porqué da súa estancia no claro, porque non a esperaba (en verdade non esperaba nada en concreto). A segunda e terceira parte xa non me apasionaron tanto, porque son moi repetitivas e perden en parte a orixinalidade da primeira pero gustáronme moito igualmente. Recomendo a súa lectura de igual maneira, pois hai detalles na triloxía que me sorprenderon positivamente e cambios bruscos na trama que non esperaba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...